"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
CIDADES
Cidade do estado de Carabobo, Venezuela, situada á beira do Mar Caribe (172.449 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado a 40 km da capital (26.441 h [2001]). A súa economía baséase nos bananeiros e na industria de materiais da construción, ademais de ser un destacado centro turístico e porto de pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na desembocadura do Guadalete (76.236 h [2001]). É porto pesqueiro e de exportación dos viños de Jerez de la Frontera. De aquí saíron moitos barcos da descuberta americana. Ademais, conta con industrias relacionadas coas vidrarías e salinas. Conserva o castelo de San Marcos (s XIII) e a igrexa de Santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Fuerteventura (21.296 h [2001]). A súa economía baséase no turismo, a pesca e a gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Falcón, Venezuela, situada na costa L do golfo de Venezuela (102.700 h [1995]). Ten porto de pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Anzoátegui, Venezuela, situada na beira do Mar Caribe (190.751 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, que delimita ao O con Andalucía (11.331 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas. Destaca o castelo, declarado BIC en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.857 km2; 312.706 h [2002]). A súa capital é San Felipe de Puerto Plata (146.882 h [2002]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camagüey.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado no fondo da baía de Cádiz (35.783 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de cereais, remolacha, oliveiras e hortalizas, e nos talleres de construción naval e salinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado das Antillas, asociado a EE UU, situado a uns 80 km ao L de La Española e constituído pola illa homónima e as illas Vieques, Culebra, Mona e outras máis pequenas (9.104 km2; 3.847.000 h [estim 2001]). A súa capital é San Juan.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
A illa de Puerto Rico ten unha forma alongada. O 71% da superficie está composta por terras altas. O relevo está marcado pola Cordillera Central que a atravesa de O a L (Cerro de Punta, 1.338 m). A zona montañosa, composta por pequenas concas deprimidas ofrecen boas terras agrícolas. Os ríos son estacionais. O clima é tropical, cálido e húmido. A economía, que era esencialmente agrícola, foi transformándose pola industrialización. A agricultura baséase no café, os vexetais, a cana de azucre, os ananás e o tabaco. Os recursos mineiros son escasos (pedra calcaria e sal) e a produción de enerxía é feble. A industrialización foi posible ao entrar a illa no sistema aduaneiro estadounidense. En 1982-1983... -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado ao S de Morón de la Frontera e regado polo río Guadalete (6.810 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, sobre todo da oliveira, a remolacha e os amorodos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Traballou como xornalista e na súa obra evolucionou desde a preocupación polo perspectivismo ata a recuperación dun realismo clásico. É autora dos libros Una enfermedad moral (1983) e das novelas El bandido doblemente armado (1979, Premio Sésamo), Burdeos (1986), Queda la noche (1989, Premio Planeta), Días del Arenal (1992), La vida oculta (1993, Premio Anagrama de Ensayo), Gente que vino a mi boda (1998) e Con mi madre (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao N de Sierra Morena (48.086 h [2001]). A súa economía baséase na industria da extracción de carbón, e nos xacementos petrolíferos, cun oleoduto que chega ata Málaga.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. En 1630 estaba en Madrid, onde recibiu encargos da corte de Filipe IV e traballou con Eugenio Caxés no Salón de Reinos do palacio del Buen Retiro. Partiu do estilo manierista escurialense para achegarse ao de Velázquez. A súa obra caracterizouse por unha reducida paleta cromática con primacía dos tons ocres e terra, reflectindo modelos naturalizados. Realizou obras de temática relixiosa, en que se mostrou como un gran debuxante, e escenas de xénero en que a luz tenebrosa define os personaxes do cadro de forma escultórica. Cultivou tamén o retrato de carácter realista. Só están asinadas San Jerónimo (1636) e Magdalena penitente; as demais obras son atribucións, entre elas, Anciana sentada, El afilador, El aceitero, La taberna e El bebedor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Puga (Toén). É un edificio de tres plantas de forma cadrada, situado nunha pendente, con engadidos en dous dos seus lados. Remata en gárgolas e un parapeto con pináculos rematados en bólas nos catro ángulos. Da antiga casa só queda a torre.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático francés. Foi profesor de matemáticas en Rennes (1841) e Besançon (1846), e de astronomía na Universidade de París (1857). Astrónomo adxunto do observatorio astronómico de París, efectuou numerosos estudos sobre a mecánica celeste e elaborou unha teoría sobre a orixe da orografía lunar. Pódese considerar como o fundador da teoría das funcións alxébricas de variante complexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e pianista. Estudou contrapunto, harmonía, piano e composición en Vigo, Madrid e Barcelona, con Francisco Guerrero, Tristán Murail, Manuel Rodeiro e Magnus Lindberg. Influenciado polas novas tendencias estéticas europeas como o postespectralismo francés, a súa música, dunha grande forza expresiva, amosa unha clara preocupación polo timbre e polo timbre. Das súas obras destacán “Un ceo tódalas noites”, “Liebeslied” para orquestra, “Trío” para clarinete, viola e piano e “Reload” para quinteto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciou a súa traxectoria profesional como profesor, combinando o tempo dedicado ás aulas coa súa faceta artística. Destes primeiros anos destacan as súas representacións de escenas rurais (Home do campo, 1967; Vellas, 1969), as paisaxes (serie Montes de Casayo, 1970) ou os retratos (Ramón Otero Pedrayo, 1973). A súa vocación artística desembocou no traslado a Barcelona, onde se especializou en pintura e gravado na Facultat de Belles Arts de Sant Jordi e onde se afanou por abrirse camiño cara á arte internacional. De estilo expresionista, na súa pintura destaca o debuxo esquemático, o emprego da pincelada ancha e firme, e a multiplicidade cromática, violenta e chea de contrastes, a través da que se definiron os diferentes espazos dos seus cadros (O Berbés, 1986-1987; Camiño vermello, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO
O... -
-
Acción e efecto de puír.
-
Operación de rematado á que se someten as superficies dos obxectos e das pezas de materiais homoxéneos e desprovistos de granulacións e porosidades, como o mármore, os metais, as xemas, o marfil ou o vidro, para alisalos e abrillantalos quitándolles as irregularidades e as asperezas. Efectúase manual ou mecanicamente, mediante o fretamento da superficie que se quere puír con moas, cepillos ou abrasivos.
-