"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1830-1848) e duque de Orléans (1793-1830). Exiliouse en 1795 e volveu a Francia con Luís XVIII. A Revolución de 1830 proclamouno rei e decantouse polas formas de poder autoritarias. Protexeu os políticos fieis á súa persoa sen facerse cargo do progreso da ideoloxía republicana e socialista, nin dos problemas sociais e económicos. A protesta republicana de 1848 pola represión provocou a súa abdicación, seguida da proclamación da Segunda República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España, filla do Rei Francisco I das Dúas Sicilias e da infanta María Isabel de España. Casou co seu tío materno, o infante Francisco de Paula. De ideas progresistas, participou no golpe de estado que orixinou a entrada no goberno de Francisco Cea Bermúdez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo terceiro concilio ecuménico da Igrexa Católica, convocado polo Papa Inocencio IV en 1245. Tivo por finalidade acabar coa mala conduta de cóengos e laicos, co perigo do Islam, co cisma grego, coas invasións tártaras e coa ruptura entre o papa e o Emperador Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo cuarto concilio ecuménico da Igrexa Católica, convocado polo Papa Gregorio X en 1274. O obxectivo principal foi a unión da Igrexa grega coa de Roma e o proxecto dunha nova Cruzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (159.007 h [1991]). Está situada no delta de Krishna, na costa de Chō Palatino; ḷ aman Palatino; ḋ ala. Destaca a produción de tecidos de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos, da orde dos tisanuros, que se caracterizan por ter o corpo dorsalmente convexo e recuberto de escamas, e os ollos grosos. Son cosmopolitas e habitan en ambientes moi diversos, como por exemplo debaixo das pedras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipertrofia de un ou de varios dedos da man ou do pé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polinización realizada por moluscos terrestres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun material de deformarse dunha maneira permanente en forma de láminas, pola acción dun esforzo externo. É unha propiedade característica de moitos metais: ouro, prata, cobre, cinc, chumbo ou ferro. Os esforzos que dan orixe á deformación son esforzos de compresión, que poden ser producidos mediante un martelo, unha prensa ou a presión de dous cilindros. A maleabilidade, como a dutilidade, é función da curva de esforzo-deformación. Nun metal, aumenta coa temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha maleabilización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro, desde 1939, do comité central do PCUS e formou parte do goberno soviético durante a Segunda Guerra Mundial. Colaborou con Stalin e sucedeuno no goberno (1953-1955), pero foi acusado de actividades contra o partido e excluírono do comité central en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de manexable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Sicilia (1258-1266), fillo do Emperador Federico II. En pugna constante co papado, Urbano IV designou a Carlos de Anjou, rexente de Sicilia. Entrou en loita por este motivo e foi derrotado polo exército anxevino na batalla de Benevento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de biotita na que o aluminio e o magnesio foron substituídos por manganeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Tribuno (66 a C), foi acusado de concusión e logo de abandonar o cargo, sufriu un proceso de lesa maxestade e foi condenado en rebeldía. Foi o promotor da Lex Manilia de imperio Cn. Pompei, que abandonaba o principio da anualidade das maxistraturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul e xurista. Participou na Terceira Guerra Púnica (149 a C), e asediou Cartago xunto con L. Marcio Censori sen éxito. Foi un dos fundadores do ius civile, e escribiu Manilii monumenta, unha obra en sete libros. Atribúenselle outras leis, fórmulas e actuacións xurídicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que significa ‘co poder militar’ ou ‘coa forza das armas’, que se emprega cando se produce unha intervención militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO