"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Botánico francés. Precursor de Darwin pola súa concepción da evolución orgánica, fixo numerosos experimentos de hibridación e chegou a unha serie de conclusións teóricas que achegan a súa obra á de Mendel, motivo polo que se considera un dos fundadores da xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro prusiano. Exerceu o oficio de reloxeiro no seu país, pero en 1830 compareceu en París e afirmou ser o herdeiro de Luís XVII. Foi expulsado de Francia en 1836.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Países Baixos e a Holanda (desde 1814), aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante dos Países Baixos ou de Holanda (desde 1814).

    3. Lingua xermánica do subgrupo occidental do phylum indoeuropeo que procede do baixo francés. Fálase nos Países Baixos na parte setentrional de Bélxica e no NO de Francia (Flandres francés). As diferenzas dialectais están máis acentuadas en Bélxica ca nos Países Baixos, onde a expansión do neerlandés cara ao L e cara ao N se sobrepuxo ao resto de dialectos saxóns e influíu no frisón. A parte setentrional de Bélxica mostra diferenzas máis marcadas entre os dialectos flamengos falados en Flandres Occidental, Limburgo e Brabante. Na República Sudafricana implantouse unha forma de neerlandés, procedente da colonización dos holandeses e dos bóers, o afrikaans.

    4. Arte que se desenvolveu no territorio dos Países Baixos. Os primeiros edificios de interese foron os construídos polos monxes beneditinos, como a abadía de Egmont (889). No románico, a arquitectura caracterizouse pola sobriedade e o emprego do ladrillo como material básico de construción, como nas igrexas de San Xervasio e Santa María de Maastricht. En pintura destacou o Evanxeliario de Egmont (s IX). Despois da etapa cisterciense, da que destacan as igrexas de Roermond e Rolduc, introduciuse o estilo gótico baixo a influencia francesa. A simplificación de estruturas e de elementos decorativos deu lugar ás igrexas de planta basilical con deambulatorio en Amsterdam, Delft, Deventer, Dordrecht, Hulst e Nimega. No s XV foi a miúdo substituído polo tipo de templo hallenkirche e edificáronse igrexas con cuberta de madeira e altas torres como a de Edam, Hoorn e Haarlem. En arquitectura civil construíronse palacios municipais en Gouda e Middelburg, así como recintos amurallados...

    5. Arte cinematográfica que se desenvolveu nos Países Baixos. A produción holandesa destacou principalmente no documental, co que G. Rutten foi premiado en Venecia con Dood water (1934) e Bert Haanstra destacou con Spiegel van Holland (1950). W. Staud adaptou unha obra holandesa en Ciske de rat (1955), filme premiado en Venecia. Destacaron os directores Jean Van de Velde, Bert Haanstra, Robert Jan Westdijk, Fons Rademakers, que recibiu en 1987 o Oscar á mellor película estranxeira por De aansiag, e Paul Verhoeven (Soldiers of Orange), a figura máis internacional, que en pouco tempo chegou a Hollywood. Os eventos cinematográficos que cobraron moita forza a finais do s XX foron o Rotterdam Film Festival, inaugurado en 1971, e que lanzou á fama a actores de renome como Jim Jarmusch, Wim Wenders e Hal Hartley; o Nederlands Film Festival, que se celebra en Utrecht, e que outorga o máximo galardón do cine neerlandés; e por último o Holland Festival, que...

    6. Gran parte da literatura neerlandesa medieval produciuse nas provincias flamengas e brabanzoas, polo que, despois da Guerra dos Países Baixos (1568-1648), as provincias holandesas herdaron o corpo económico e cultural brabanzón. Os poetas da xeración de 1650 escribiron unha poesía experimental revoltosa e provocadora, seguidora de P. van Ostayen e dos modelos flamengos de entreguerras (Lucebert, H. Andreus, S. Vinkenoog, R. Campert, G. Kouwenaar, P. Rodenko e S. Polet). Os prosistas, como W. F. Hermans, H. Mulisch, G. K. van het Reve e J. Wolkers, reflectiron os movementos libertarios nos Países Baixos mentres que o teatro non achegou grandes novidades, ata que experimentou no campo social con grupos colectivos, dos que destacaron Dimitri Frenkel Frank e L. de Bóer. Na poesía, a década de 1660 declararou unha tendencia máis realista e comprometida con H. Verhagen e Hvan de Waarsenburg, e despois de 1660 o clasicismo converteuse en academicismo formal, e o romanticismo penetrou no ambiente...

    7. Música que se desenvolveu en Holanda. O seu período de esplendor coincidiu coa unión política e cultural con Flandres, parte dos Países Baixos, xunto con Valonia e o N de Francia, que tivo un papel predominante na vida musical dos ss XV e XVI. Holanda tivo dúas grandes figuras musicais: Jacob Obrecht e Jan Pieter Sweelinck. Con motivo da independencia apareceu unha música nacional con Alphons Diepenbrock (1862-1921) e Johan Wagenaar (1862-1941). O músico máis importante do s XX foi Willem Pijper (1894-1947), aínda que tamén destacaron Kees van Baaren (1906-1970) e Lex van Delden (1919). Destacaron as orquestras do Concertgebouw de Amsterdam (1888) e da Residentie da Haia, os directores Edo de Warts e B. Haitink e a formación do Nederlandse Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e fotógrafo. Comezou facendo daguerrotipos dos cadros de Delaroche (1844) e calotipos (1850). Instalou un estudo en París, onde fotografou bodegóns, retratos e arquitectura. Cofundador da Société Française de Photographie, experimentou con varios procesos fotográficos, como o heliogravado (1854), a calotipia (1856) e a fotogalvanografía (1861). Foi un dos primeiros en retratar escenas cotiás, moitas delas en movemento, e Napoleón III encargoulle a documentación do Asilo Imperial en Vincennes, que se pode considerar a primeira reportaxe social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político indio. Educado en Reino Unido, ao volver a India uniuse ao Congreso Nacional Indio e loitou pola liberación do país. Presidiu o partido desde 1929. En 1947, ao conseguir a independencia da Unión India, converteuse en xefe do goberno e ministro de Asuntos Exteriores, cargos que ocupou ata a súa morte. Foi un dos líderes da Conferencia de Bandung (1955) e do Movemento dos Países non-Aliñados

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo escocés. Contrario ao sistema represivo das escolas tradicionais, en 1924 fundou Summerhill, onde suprimiu todo autoritarismo, xerarquía e disciplina. Das súas obras destacan The Free Child (1953), Summerhill. A Radical Approach to Child Rearing (1960) e Talking of Summerhill (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático, conde de Nesselrode. Nacionalizado ruso e de orixe alemá, proporcionou ao goberno ruso importantes informacións mentres traballaba como agregado da embaixada en Alemaña, Países Baixos e Francia. Alexandre I de Rusia delegou nel para o Congreso de Viena (1815) e nomeouno ministro de Asuntos Exteriores (1816). O fracaso da Guerra de Crimea (1856) obrigouno a dimitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico alemán. Descubriu o enzima carboxilase (1911) e investigou sobre os catabolismos, tanto respiratorios coma fermentativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán, fillo de Franz E. Neumann. Traballou sobre todo na procura de solucións a problemas de física matemática, como o problema de Dirichlet, e na teoría dos potenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Estado de Louisiana, EE UU (484.674 h [2000]). Situada no delta do Mississippi, esténdese pola ribeira esquerda do río ata o lago Ponchartrain, no interior. É unha cidade moderna e ten no centro o orixinario establecemento francés Vieux Carré. Convertida nun gran centro comercial e núcleo industrial, posúe un dos portos   máis importantes de EE UU, en que destaca o gran mercado de algodón. Fundada en 1717-1718 pola Compañía de Occidente de John Law, recibiu o nome na honra do duque de Orléans, rexedor de Francia. Converteuse en capital de Louisiana, pero en 1763 foi cedida aos españois e en 1803 vendeuse a EE UU. Desenvolveuse pouco, ata que, ao comezo do s XIX, a afluencia de emigrantes alemáns e de comerciantes norteamericanos lle deu un grande impulso e centralizou o comercio de Mississippi e dunha gran parte dos estados do Sur. No s XX desenvolveu unha potente economía industrial. Está considerada o berce do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Formouse en Berlín e Roma e dirixiu a ópera de Königsberg e a ópera da Corte de Berlín. Compuxo música relixiosa e as óperas Il templario (1840) e Die lustigen Weiber von Windsor (As felices viúvas de Windsor, 1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo francés. Foi director do Institut Pasteur (1903-1932). Investigou o xarampón, a leishmaniose, a brucelose e outras enfermidades infecciosas. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1928), por demostrar que os piollos son os encargados de transmitir o tifo exantemático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor danés. De comezos románticos e influído por Wagner, está considerado o creador da música moderna danesa. Das súas obras destacan seis sinfonías (1892-1925), dúas cantatas, as óperas Saul och David (1901) e Maskarade (1906), un concerto para violín (1911), un para frauta (1927) e un para clarinete (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómics. As súas tiras caracterízanse por estar cheas de personaxes estraños e deformes, e pola complexidade das súas estruturas. Colaborador nas revistas Fierro, Écho des Savanes e Il Griffo, destacan os seus álbums Crónicas de la Pampa Vasca (1990), Fantagas (1995) e Eko el Mago (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Bibliotecario, exerceu unha influencia moi importante nos escritores románticos franceses. Escribiu as novelas goethianas Le peintre de Salzbourg (1803) e Les tristes ou mélanges tirés des tablettes d’un suicide (1806) e novelas de terror, como Jean Sbogar (1818). Destacan os seus contos fantásticos La fée aux miettes (1832) e Les quatre talismans (1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Considerada a primeira feminista do seu país, a súa poesía foi pesimista, angustiada e formalmente barroca. Destaca a súa obra Den sörgande turtur-dufwan (A rula de loito, 1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Islandia (22.368 km2; 26.357 h [estim 1999]). A súa capital é Akureyri (15.143 h [estim 1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Islandia (13.093 km2; 9.464 h [estim 1999]). A súa capital é Saudárkrókur (2.606 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido non esencial, isómero da leucina e a isoleucina.

    VER O DETALLE DO TERMO