"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Librán e A Esperela, ambas as dúas no concello de Baleira. O seu cumio acada os 779 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Bolaño (Castroverde). O seu cumio acada os 809 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na ría de Betanzos, parroquia de Veigue (Sada).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.502 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na ría de Arousa, parroquia de Castro (Boiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección polo Frente Popular. Director de La Voz de la Verdad e El Correo Gallego, da súa produción destacan Pavesas de la hoguera (1912), Andrómenas (1922), El Digesto no indigesto (Anecdotario forense del humorismo galaico) (1952), unha serie de textos en castelán en que os personaxes populares empregan o galego; e Ducia e pique de fábulas (atiriño prá un fabulario gallego) (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Catedrático de Latín e Castelán, integrouse rapidamente en actividades relacionadas coa cultura galega. Publicou traballos filolóxicos nos xornais El Liberal e La Voz de Galicia, e da súa produción destacan Gramática castellana razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Gramática latina razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Colección de trozos de literatura latina (1898) e Compendio de gramática castellana (1905); postumamente publicouse unha escolma dos seus artigos (Entretenimientos gramaticales, 1935). Foi membro numerario da Real Academia Galega (1905-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Pamen Pereira, licenciouse en Belas Artes (1986) e ampliou estudos en Xapón. Participou no colectivo De Galicia (Madrid, 1988). O seu estilo evolucionou desde a figuración expresionista ata unha mecánica naturalista. Nas súas instalacións empregou materiais como o alcatrán, a masa de pan, a feluxe, a cera ou a auga sobre o papel, e realizou composicións en que mesturou a corda, a estopa ou as fotografías en cor. Da súa produción destaca a serie Chagas abertas da natureza e a alma (1988) e as obras Antoloxía hidráulica (1987), Puente para río circular (1991), Follabosque (1992), O lume do filántropo (1993), Música do baleiro (1994) e Rueda de fuego (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e tradutor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Londres como redactor e comentarista de política internacional dos servizos exteriores da BBC. Experto en teatro e colaborador de Grial, Tempo Exterior e Tempos Novos, traduciu ao galego A traxedia de Macbeth (1972), Flores e leña: narracións chinesas contemporáneas (1982), a primeira escolma de narrativa chinesa en galego; e Do outro lado do espello e o que Alicia atopou aló (1985), en colaboración con Teresa Barro. Recibiu, tamén xunto a Teresa Barro, o Premio Nacional de Tradución del Ministerio de Cultura (1985) por As aventuras de Alicia no país das maravillas (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Membro da familia nobre dos Portocarreiro, fillo de Gonçalo Viegas e Sancha Perez, segundo os Livros de Linhagens, a súa estirpe mantivo boas relacións coas cortes portuguesa e castelá e protagonizou diversos feitos desa época. Activo a partir de finais do s XIII, posiblemente na corte de Afonso III de Portugal, e de seguro na de Afonso X, escribiu catro cantigas de amigo: “Par Deus, coitada vivo”, “O anel do meu amigo”, “Ai meu amigu’ e meu senhor” e “Meu amigo quando s’ia”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo e relixioso franciscano. Doutor en Teoloxía e diplomado en pedagoxía, foi profesor no Instituto Teolóxico Compostelano. Fundador e director do Centro Cultural de Xoán XXIII, en Santiago de Compostela, en 1983 nomeárono arcebispo de Tánxer. Colaborou en Encrucillada e Liceo Franciscano e en diversas obras colectivas da que destaca La Iglesia en Galicia (1974) e La misión franciscana de Marruecos: ayer y hoy (1996), e escribiu El pecado y hombre actual (1972) e La iglesia en Galicia: el ayer-el hoy (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral romano. Derrotou a Catilina preto de Fiesole e combateu a Xulio César en Hispania, como legado de Pompeio (54-49 a C), pero foi derrotado. Ao morrer Pompeio organizou a resistencia en África e venceu a César na Batalla de Ruspina (46 a C). Pouco despois foi derrotado en Tapso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ponteareas. Ten planta en forma de L e dous andares, con patín e torre cadrada nun dos seus ángulos. Os seus muros son de cantaría e na fachada principal destaca un escudo dos Ximénez ou Quiroga. Conserva un cruceiro coa data de 1781.
-
PERSOEIRO
Arquitecto finlandés. Colaborador de Raili Paatelainen desde 1960, pertenceu ao organismo da tradición moderna de Alvar Aalto. Das súas obras destacan o pavillón finlandés da Exposición Universal de Bruxelas (1958), o barrio de Suvikumpu en Tapiola (Helsinqui), entre 1962 e 1969, e a embaixada finlandesa en Nova Delhi (1980-1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo teatral fundado en 1995 por Pilar Pereira. Puxo en escena Ofelia sen a virtude do pudor (1995), Un lunar vermello (con pintiñas azuis) (1999) e Contrátenos, por favor (2000), todos textos de Pilar Pereira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado en Cangas. Ten unhas dimensións de 6 por 5 m. Na rocha hai combinacións circulares acompañadas de cérvidos, dos que se distingue un macho con cornamenta, ademais de figuras antropomorfas e cazoletas. O máis destacable son dúas escenas de monta de homes sobre cuadrúpedos.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Pradomao (Parada de Sil). O seu cumio acada os 620 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Gabín (Montederramo). O seu cumio acada os 1.344 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO