"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Discípulo de Bach, foi kantor de San Tomé en Leipzig dende 1756. Compuxo cantatas, motetes, oratorios, misas e pezas para teclado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador alemán. Especialista en historia bizantina, dirixiu o Byzantinisches Institut da Universität München (1931-1959) e presidiu a Asociación Internacional de Estudios Bizantinos. Cómpre salientar a súa obra Einführung in die byzantinische diplomatik (Introdución á diplomática bizantina, 1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, teólogo e historiador. Ordenado sacerdote en 1822, exerceu como profesor de historia da Igrexa e dereito eclesiástico na Universität München. Representante da universidade no Parlamento bávaro entre 1845 e 1852, destacou como un dos líderes do Partido Católico. Reticente ante o centralismo romano, defendeu que a soberanía temporal non formaba parte dos elementos definitores do papado e opúxose á infalibilidade pontificia, polo que foi excomungado en 1871. Continuou a súa carreira académica e foi elixido presidente da Bayerische Akademie der Wissenschaften (1873). Entre as súas obras destacan Die Reformation (A reforma, 1846-1848) e Der Papst und das Konzil (O papa e o Concilio, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome dun vestido turco, unha especie de abrigo longo con mangas.

    2. Chaqueta que levan os húsares, adornada con cordóns e coas mangas sen poñer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista clarinetista e compositor de jazz. Influído por Charlie Parker, en 1958 ingresou no quinteto de Chico Hamilton e trasladouse a Nova York. Tocou no Five Spot nun quinteto xunto a Mal Waldron, Richard Davis, Booker Little e Ed Blackwell, e traballou con Charles Mingus, John Coltrane, J. C. Moses e Han Bennink. Da súa discografía destacan as gravacións Free jazz (1960), en colaboración con Ornette Coleman, Eric Dolphy at the Five Spot (1961) e Out to Lunch (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jan Henryk Dąbrowski.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e escritor. Exerceu o xornalismo en El Sol, participou en política dende 1931 e despois da Guerra Civil exiliouse a México. Escribiu Las interrogaciones del silencio (1918), La corporeidad de lo abstracto (1929), La túnica de Neso (1929) e Dédalo (1931-1932). Como estudoso fixo unha Antología de la poesía lírica española (1934) e como crítico Crónicas de Gerardo Rivera (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Josep Doménech i Estapà. Arquitecto do ministerio de Instrución Pública (1917), realizou diversos edificios escolares. En Barcelona levantou os almacéns El Águila, a Caixa Mútua Popular de Barcelona e a igrexa de Santa Tereseta. Foi arquitecto municipal de Sant Celoni, onde realizou a casa do concello, o ateneo e o matadoiro. Escribiu, entre outras obras, La casa: como se costea y edifica una vivienda (1923) e ABC del propietario: adquisición, reparación y explotación de fincas urbanas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, historiador e político. Estudiou en Barcelona e na Escuela de Arquitectura de Madrid, onde se titulou en 1873. Foi catedrático de Composición e de Proxectos da Escola d’Arquitectura de Barcelona (1875) e director da mesma dende 1901. Para a Exposición Universal de Barcelona de 1888 construíu o restaurante do parque da Ciutadella, coñecido co nome popular de Castell dels Tres Dragons e convertido no Museu de Zoologia, no que se adiantou á arquitectura do seu tempo ao empregar o ladrillo de cara vista e os tirantes de ferro. Terminada a exposición, estableceu alí un taller de perfeccionamento das artes decorativas aplicadas á arquitectura. Construíu outros edificios monumentais, feitos de ladrillo, ferro forxado e decorados con cerámica polícroma vernizada, con abundancia de temas florais como, a casa Thomas (1899), o Palau de la Música Catalana (1905-1908), a casa Albert Lleó e Morera (1905), a casa Fuster (1908) e o gran conxunto monumental do novo Hospital de Sant Pau (1902-1912),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou o retrato, o tema relixioso e sobre todo a paisaxe. Cromaticamente, caracterizouse pola combinación dos dourados verdosos cos violáceos vermellos que se chamaron acord Domenge. Realizou tamén beléns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Domenico di Bartolommeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Cultivou o retrato feminino e a pintura decorativa. Foi conservador do Museé Jacquermart-André (1956) e membro da Académie des Beaux-Arts. En 1913 recibiu o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Verea. Trátase dun templo de planta rectangular coa nave articulada con pilastras, que se traducen no exterior en contrafortes, e co altar maior destacado en altura e resaltado por pináculos nos ángulos. No interior, cómpre salientar o retablo barroco de san Ramón, formado por un corpo e tres rúas, e dividido por columnas corintias e estípites nos extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do latín Domitianus, de orixe discutida. Unha hipótese faino derivar de domus e dunha divindade que protexía a presenza da muller na casa do seu home. Tamén hai quen pensa que podería vir da voz domitus ‘rendido’, forma derivada do verbo domare ‘domar’. Con este nome figuran no santoral san Domiciano de Huy (s VI), bispo de Langres, e san Domiciano de Mitelene (s VII), bispo desta cidade de Capadocia. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dominante.

    2. Relación existente entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro. A dominancia é completa ou sinxela cando o homocigoto do alelo dominante e o heterocigoto non se distinguen fenotipicamente; recibe tamén o nome de superdominancia ou heterodominancia. É incompleta ou parcial cando o heterocigoto presenta caracteres intermedios entre os dous homocigotos. Entre estas dúas clases pódense dar todos os graos. A dominancia tamén pode ser alternativa, cando cambia no transcurso do desenvolvemento, e condicionada, cando se ve afectada pola presenza de certos xenes, chamados modificadores, ou por variacións de idade, sexo ou ambiente. A dominancia tamén se pode presentar entre series de alelos.

    3. Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.

    4. Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais ata que exista unha certa distancia entre elas e o ápice vexetativo. Prodúcese pola acción das auxinas, que inhiben o crecemento das xemas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.

    2. Aplícase á persoa que tende a dominar os outros de maneira despótica.

      1. Aplícase ao alelo ou á serie de alelos que presentan dominancia.

      2. Aplícase á mutación que produce o alelo ou a serie de alelos dominantes.

    3. Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.

    4. Quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tamén se denomina nota dominante.

    5. Aplícase á propiedade inmoble a favor da que se establece unha servidume.

    6. Termo empregado polos formalistas rusos para referirse ao procedemento ou factor que subordina todos os demais nun texto literario. Por exemplo, a rima e o ritmo considéranse factores dominantes do verso.

    VER O DETALLE DO TERMO