"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • GALICIA

    Mestre, pai de Xosé Ramón Fernández-Oxea. Exerceu a docencia na Escola Normal e creou e dirixiu en Ourense o colexio San Xosé de Calasanz. Ademais participou na constitución da Asociación Provincial do Maxisterio de Ensino Primario e fundou e dirixiu Boletín del Magisterio. Presidiu a Sociedad Artística Orensana e foi secretario do Orfeón Unión Orensana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Histólogo. Estudou medicina en Zaragoza, ingresou no corpo da sanidade militar e foi enviado a Cuba (1874). Ao examinarse de doutorado en Madrid (1877) tivo por primeira vez contacto coa histoloxía. Obtivo a cátedra de anatomía en València (1883), e posteriormente, por concurso de traslado, a de histoloxía de Barcelona, onde comezou un traballo fundamental de investigación, aplicando o método de Golgi á exploración microscópica do sistema nervioso. Asistiu ao congreso anatómico de Berlín de 1889. Foi defensor da teoría da transmisión do impulso nervioso por contigüidade entre células independentes (teoría da neurona), formulada finalmente en Textura del sistema nervioso del hombre y los vertebrados, publicada en fascículos de 1899 a 1904 e ampliada en 1911. Creador da importante escola histolóxica de Madrid, recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1906, compartido con C. Golgi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Microbiólogo francés. En 1923 descubriu a maneira de converter a toxina diftérica na anatoxina correspondente que, ademais de non ser tóxica, conserva o poder antixénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do xermánico Raginmund, quizais a través do catalán Raimón. Presenta os hipocorísticos Moncho/Moncha e Mon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Director de Le Monde Diplomatique, estudou enxeñaría en Bordeos e Rabat e doutorouse en Semioloxía e Historia da Cultura en París. Profesor de Comunicación Audiovisual na Université Denis-Diderot de París, foi cofundador do movemento Attac e Media Watch Global e promotor do Foro Social Mundial de Porto Alegre. Especialista en xeopolítica e estratexia internacional, publicou Le chewing-gum des yeux (1981), La Communication vitime des marchands (1989), Como nos venden la moto (1995), con N. Chomsky, Internet, el mundo que llega (1998), La Tyrannie de la communication (1999), La golosina visual (2000), La Post-Télévision (2002), Guerras del siglo XXI: nuevos miedos, nuevas amenazas (2002), Abecedario (Subjetivo) de la globalización (2004), con Ramón Chao; e Irak: Historia de un desastre (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de procedencia diversa,do que unha rama pasou a Galicia asentándose en Navia de Suarna e Penamil.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha árbore de sinople, sinistrada dun león de goles, empinado ao seu tronco. Outra variante trae, en campo de prata, unha ameixeira de sinople sostida de ondas de azul e prata. Outra trae, en campo de prata, unha aguia de sable, cargada en abismo dun escudiño de prata cunha faixa da azul. Outra, en campo de ouro, tres ramos de sinople, ben ordenados; bordura de goles cargada de oito cunchas de vieira de prata. Outra, escudo cuartelado: 1, de azul, cunha aguia da súa cor, picada e membrada de ouro; 2, de azul, cunha cruz floreteada de ouro; 3, de goles, cun castelo de ouro; 4, de ouro, cun león rampante da súa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista. Nas súas instalacións amosou escenarios irrecoñecibles e suxestivos. No campo da fotografía ofreceu unha visión poética da súa cidade natal a partir de obras froito da exposición prolongada das súas cámaras manuais. Recibiu o III Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas coa fotografía Os teus lunares na miña cara e o I Concurso Anual de Fotografía Purificación García coa obra Sen Título, 2002 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Escribiu comedias, sainetes e zarzuelas, musicadas por Chapí, Chueca e Caballero, como La tempestad (1882), Agua, azucarillos y aguardiente (1897) e Los sobrinos del capitán Grant (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou francés na Universidade de La Sorbonne. Catedrático numerario de francés de ensino medio, foi director da Escola Oficial de Idiomas de Lugo (1987-1990). Das súas obras destacan La pronunciación francesa (1963), Las cantigas de escarnio y maldecir de Alfonso X el Sabio (1973), La secuencia de Santa Eulalia (1981) e El cardenal de Retz y España (1981). Tamén publicou, en colaboración con X. Alonso Montero, Galicia y Francia (1963) e Cen anos de literatura galega (1964); e tamén, con X. Alonso Montero e R. Palmás Casal, Castelao na voz dos poetas (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi profesor de música en Salamanca e pasou máis tarde a Boloña, onde publicou a súa obra teórica Musica practica (1482), en que atacaba o sistema de Guido d’Arezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou en Radio Popular de Ourense e Radio Popular de Vigo e en diversos xornais, como Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Diario 16 de Galicia. Ademais foi correspondente de El Ideal Gallego e La Región e colaborou con diferentes medios de comunicación en Madrid, como Interviú, Sábado Gráfico e Ya. Foi delegado de El Correo Gallego en Vigo, colaborador de El Progreso, correspondente da axencia Europa Press e presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Publicou Las segundas elecciones autonómicas gallegas (1985), en colaboración con Rodrigo Varela, La ética de los periodistas: la elaboración del código deontológico: influencias y desarrollo histórico (1996) e Manual de Derecho de la información y la publicidad (2000). Recibiu o Premio de Xornalismo Luís Taboada (1983 e 1984) e o Premio de Xornalismo sobre Patrimonio Histórico-artístico (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Emigrou a Cuba onde se dedicou ao comercio en Matanzas. Ingresou no batallón de Cazadores de Matanzas e rematada a guerra volveu a Galicia. Foi alcalde de Baiona e presidiu o Casino Recreativo da vila. Escribiu Recuerdos de antaño. Crónicas históricas de la villa de Bayona (1925). Foi correspondente da Real Academia Galega. En Cuba recibiu a Cruz de Plata del Mérito Militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xornalista e xurista timorense. Foi ministro de Asuntos Exteriores durante os poucos días de independencia da illa (novembro de 1975). Desde a anexión de Timor a Indonesia, é o portavoz internacional da Frente Revolucionária do Timor Leste Independênte (FRETILIN). En 1992 confeccionou un plan de paz presentado na ONU e no Parlamento Europeo. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1996, xunto con C. F. Ximenes Belo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador, gravador e pintor. Comezou a súa formación artística en Ferrol, onde colaborou en El Correo Gallego. Trasladouse á Coruña onde tivo unha academia de debuxo e traballou no campo da publicidade. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista comercial e escenógrafo. Foi redactor xefe artístico de La Ilustración Española y Americana (1913) e en 1915 instalouse en Madrid. Escribiu e ilustrou Mientras llega la hora (1916), onde amosou a súas convicións ideolóxicas e aspiracións políticas revolucionarias con debuxos intensos e escritos breves que fixeron medrar a súa fama de anarquista. En 1920 trasladouse a València onde fundou un taller para a fabricación de abanos pero tras a morte da súa dona regresou a Madrid, onde traballou, ata 1936, para as editoras Prensa Española (ABC e Blanco y Negro) e Prensa Gráfica (La Esfera), realizou ilustracións para La novela de hoy e La novela semanal ademais de Escuela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Ingresou na orde en Santiago de Compostela en 1881 e pasou á misión de Marrocos. Escribiu Sumario de las Indulgencias (1892), Colección de varios documentos referentes a la Prefectura Apostólica de las Misiones católicas españolas en Marruecos (1892) e Exposición de la Regla de los Frailes Menores por el mismo legislador N. Seráfico P. San Francisco (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Nos Xogos Olímpicos de Montréal e Moscova conseguiu dúas medallas olímpicas, unha de prata en K-4 1.000 e outra de bronce en K-2 1.000. Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Los Angeles, obtivo 9 medallas en diversos campionatos do mundo e 60 títulos de campión de España. Recibiu a medalla ao Mérito Deportivo Nacional e ao Mérito Piragüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Ingresou na orde en Santiago de Compostela en 1899 e colaborou en diversas publicacións. Escribiu, entre outros, Vibraciones: Renglones cortos (1915), Novena y compendiosa vida del glorioso mártir gallego San Francisco Blanco (1915) e Carnet del Terciario Franciscano (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e dramaturgo. Durante a Segunda República frecuentou o parladoiro do Café Español de Santiago de Compostela e a compañía de Santiago Montero Díaz, Luís Manteiga, Luís Seoane ou Carlos Maside. En 1934 participou na dirección das Misións Pedagóxicas en Galicia. De ideoloxía anarquista, escribiu a obra de teatro Suceso en los arrabales (1933) en Ediciones Resol, alentada por Arturo Cuadrado e imprentadas en Nós. Coñecido nos círculos de vangarda composteláns, foi perseguido polos franquistas tras o golpe militar e condenado a morte, pena logo conmutada pola de sete anos de prisión grazas á intervención de S. Montero Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pereira (Chantada). O seu cumio acada os 703 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e artista plástico. Licenciado en Filoloxía Hispánica e profesor, publicou Raizames (2001) e A árbore da cegueira (2002, V Premio de Poesía Concello de Carral) e ilustrou o libro A núa lentitude. Ricardo Martínez Conde (2001), nunha edición elaborada por Teresa Monteagudo.

    VER O DETALLE DO TERMO