"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
circunlocución.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade epidémica do gando, que ataca especialmente ao porco, e que lle produce fortes diarreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de trapo, atada cun fío nas puntas e que contén carbón no seu interior, empregada para pintar sobre unha chapa que, á súa vez, se aplica ao papel ou lugar no que se quere debuxar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede de fibras, formadas por microtúbulos (25 nm de diámetro), filamentos de actina (8 nm de diámetro) e filamentos intermediarios (10 nm de diámetro), que se atopan nas células e que proporcionan soporte para os orgánulos e estrutura para a membrana celular. Ao mesmo tempo, facilita o movemento celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da citoloxía e da bioquímica que estudia a distribución de compostos bioquímicos, zonas de reacción, etc, por medios físicos e químicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citoquímica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Factor soluble segregado polos leucocitos, que actúan como sinal para outros leucocitos. Hai dous tipos básicos: as linfoquinas, segregadas polos linfocitos, e as monoquinas, segregadas polos macrófagos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona vexetal que regula a división celular. As citoquininas estimulan o alongamento das células, exercen unha acción morfoxenética ao inducir a formación de órganos, inhiben a elongación do eixe principal das raíces e atrasan a senescencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zizurquil.
-
-
Relativo ou pertencente aos clamidoseláquidos.
-
Peixe da familia dos clamidoseláquidos.
-
Familia de peixes cartilaxinosos á que pertence a quenlla anguía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de espectadores que, dirixidos por un líder, participaba activamente na recepción do espectáculo, normalmente aplaudindo e berrando “vivas”, “bravos” e outras mostras de entusiasmo durante a representación, nos entreactos e no remate da función. Esta actividade compensábase economicamente, aínda que ás veces só implicaba o acceso libre ao teatro e unha pequena merenda. Esta verdadeira institución teatral coñeceu o seu momento de máximo esplendor entre principios do s XIX e o primeiro terzo do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile propio dos EE UU que consiste na acentuación rítmica dunha peza musical por medio de golpes dados co talón e coa punta dos pés. Para aumentar a sonoridade, os zapatos dos bailaríns levaban unhas placas metálicas, as claquetas, coas que facían ruído ao bater no chan. Distínguense dúas modalidades: a americana, na que se utiliza indiferentemente o talón e a punta; e a inglesa, na que se empregan golpes de talón para indicar o final das pezas. O seu desenvolvemento, que coñeceu unha gran difusión nos anos trinta, é paralelo ao do jazz. Fred Astaire, Ginger Rogers, Gene Kelly e outros bailaríns popularizárono dentro e fóra dos EE UU a través do cine.
-
-
Pequeno taboleiro formado por dúas láminas articuladas por unha bisagra que leva as indicacións necesarias para ordenar os planos en premontaxe e que se filma ao principio de cada plano. Leva unha peza que fai un ruído característico que serve de referencia á sincronía do son.
-
Cada unha das pezas metálicas, orixinariamente de madeira, que, fixadas ao talón e á punta dos zapatos dos bailaríns de claqué, serven para producir a sonoridade característica dos golpes dados co pé neste baile.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e avogado mexicano. Exerceu como xornalista de guerra, alto funcionario do ministerio de xustiza e avogado de causas populares. Foi un paisaxista cualificado de impresionista que realizaba os seus cadros no estudio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola da Llotja de Barcelona (1822-1833) e en Roma, onde coñeceu a pintura dos nazarenos. Director das clases de pintura da Academia de San Carlos de México (1845-1868), realizou retratos segundo os canons académicos (José Bernardo Couto, 1849). Cultivou tamén a pintura relixiosa (O soño de Elías, 1837) e a pintura histórica (A tolemia de Isabel de Portugal, 1855-1856). Foi membro da Real Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia grega establecida coa finalidade de manter un dominio político e militar en territorios que a metrópole desexaba anexionar. Os lotes de terras doábanse a cidadáns gregos, co obxectivo de lles dar saída aos excedentes de poboación e de ter guarnicións militares en potencia en lugares estratéxicos do mundo helénico. Este tipo de colonias distinguíanse porque o cleruco conservaba sempre a cidadanía de orixe. Os atenienses estableceron a primeira cleruquía na illa de Eubea no 506 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subgrupo informal e espontáneo que se integra dentro dunha estrutura máis ampla, caracterizado por unha forte interacción persoal e por unha gran facilidade de comunicación entre os seus membros, que xeralmente comparten un sentimento de grupo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido que presenta un recheo moi característico na superficie, obtido por ligamentos de piqué, acolchado, ou que utiliza fíos de materiais diferentes e un baño de sosa cáustica.
-
PERSOEIRO
Médico. Realizou unha serie de estudios básicos sobre a anatomía e a cirurxía da rexión inguinal, na que descubriu a existencia do ganglio linfático crural (ganglio de Cloquet) e dun tipo específico de hernia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parénquima verde, asimilador, en especial o correspondente ao mesófilo da folla.