"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid. Especializouse como investigador en temas de historia social da Idade Moderna. A súa obra superou os catrocentos títulos, entre os que cómpre destacar La sociedad española en el siglo XVIII (1955), La sociedad española en el siglo XVII (1963-1970), Sociedad y estado en el siglo XVIII español (1976) e España. Tres milenios de historia (2000); ademais, redactou manuais como El Antiguo Régimen: Los Reyes Católicos y los Austrias (1973) e dirixiu unha Historia de España (12 volumes, 1987-1994). Colaborou na publicación das Actas de las Juntas del Reino de Galicia (1994-2001). Recibiu o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales de 1982 e o Premio Menéndez Pidal de Investigación Humanística (1987). Membro da Real Academia de la Historia, recibiu os doutorados honoris causa polas universidades de Granada, Barcelona,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Luis Pimentel, en 1936 foi un dos mariñeiros do cruceiro España que se negaron a entregar o navío en favor da sublevación, polo que pasou seis anos no cárcere. En 1945 uniuse ao grupo guerrilleiro da comarca das Mariñas que o Comité Provincial do Partido Comunista de Lugo reconverteu no Grupo Voante A. En 1946 foi xefe militar do grupo denominado “Destacamento Enrique Líster”. Existen dúas teorías arredor da súa morte, que puido ser aniquilado polos seus compañeiros ou que foi condenado a morte o 14 de decembro de 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Comezou no sector audiovisual coa longametraxe A outra muller (1982), realizada en soporte magnético. En 1986 dirixiu, xunto con Uxía Blanco, a curtametraxe O segredo, en 35 mm. Despois dun período dedicado ao ensino na Escola de Imaxe e Son da Coruña, o seu labor orientouse fundamentalmente á elaboración de guións, tanto para producións cinematográficas como televisivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e comerciante. Colaborou en diversas revistas e xornais galegos. É autor de varias narracións breves. A súa peza dramática, A tola xuiciosa, recibiu o Premio de Teatro Abrente de Ribadavia en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico literario. Licenciado en Filosofía, doutor en Lingüística Hispánica e profesor titular na Universidad Nacional de Educación a Distancia, fundou e dirixiu a Aula de Literatura Antonio Machado en Francia. Colaborador en revistas especializadas, como Zurgai, onde publicou “Última poesía gallega” (1993), publicou os poemarios Garlopa Marina (1974), Fendas (1991), Eidos da mirada (1994), Gremor (Premio Puente Cultural) e ensaios como Antonio Machado (1979), El signo poético (1987) ou La llama exótica: el pensamiento de Emmanuel Lévinas: eros, gnosis, poíesis (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Protexido de Pedro Martín Cermeño García de Paredes, exerceu o cargo de mestre maior das fortificacións da Coruña. A partir de 1782 traballou como arquitecto principal das obras de urbanización e saneamento da cidade herculina. Foi arquitecto municipal da Coruña dende a creación do cargo en 1786. O seu estilo neoclásico, influído por Martín Cermeño, caracterizouse por unha gran sinxeleza e por un sentimento clasicista moi puro. Entre as súas obras coruñesas destacan, ademais dalgunhas vivendas particulares, a Aduana Marítima (sede da subdelegación do Goberno, 1780), o Real Consulado (sede da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario) e o desaparecido Hospital Municipal (1791). Deseñou tamén as fontes de Neptuno e da Fama (1791) e os planos, non executados, para o ensanche da cidade e para a fonte da antiga praza da Fariña (praza de Azcárraga), e dirixiu as obras de construción do Teatro Provisional da Porta Real (1804). En Santiago de Compostela construíu o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Xunto con Tomás Gambino realizou o retablo maior de San Pedro de Fiopáns (A Baña), deseñado por Miguel Ferro Caaveiro (1777). Para o antigo mosteiro de Cascas (Betanzos) trazou os planos do altar dunha capela situada á beira da sancristía. En 1784 realizou o retablo maior de Santa María de Portas (Portas) e en 1795 fixo os planos da capela da Leite da igrexa de Santiago da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor teatral e militante anarquista. Emigrou a Uruguay e actuou nos círculos teatrais de Montevideo, onde participou na creación da Universidad Popular (1931) e no Teatro del Pueblo (1936). A súa traxectoria estivo marcada pola preocupación social e a identificación coa cultura galega, que se plasmou na dirección da representación de O fidalgo, de Xose Luís Romero (1958), e na fundación da Compañía de Teatro Popular Galego (1962). Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Xunto co pintor xenovés Xoán Bautista, realizou a pintura do retablo maior, dúas reixas do presbiterio e a bóveda da catedral de Tui (1716). Pintou o retablo do altar e da capela maior do santuario de Nosa Señora da Escravitude (Padrón, 1743-1744).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Zapateiro. Foi expulsado de Portugal polas súas ideas libertarias en 1914 e marchou a Brasil (1915), onde militou no sindicato anarquista en São Paulo. Perseguido polas autoridades, refuxiouse en Guaratingueta (1923) e marchou a Rio de Janeiro, onde morreu no asalto dun grupo de militantes comunistas ao local dos anarquistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para a igrexa de San Fiz de Asma (Chantada, 1654).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Coñecido como Chano, en 1978 formou a agrupación CAI, posteriormente foi discípulo do pianista Bill Dobbins e en 1986 formou o grupo Hiscadix, gañador da edición inaugural da Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. En 1992 creou un trío, que se consolidou en 1993 con Guillermo McGill e Javier Colina, no que fusionou o jazz co flamenco e co que gañou de novo a Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. Da súa discografía destacan Hiscadix (1987), Memorias (1988), xunto a Tito Alcedo, D’aquí pa allá (1991), co grupo Decoy, e Chano (1993). Participou nos programas televisivos La Buena Música e Jazz Entre Amigos, no que foi elixido Mellor Solista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Activo en Santiago de Compostela, traballou no acondicionamento da entrada de San Martiño Pinario para construír a escaleira de acceso á igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade franciscano. Ingresou no colexio de Pasantes de Alba de Tormes e exerceu a docencia na Universidad de Salamanca. Foi gardián do convento de Tui, predicador xeneral e cronista da provincia. Foi o continuador da Crónica de Xacobe de Castro, publicada como Crónica Seráfica y prosecución del árbol cronológico de esta esclarecida, Santa y Apostólica Provincia de Santiago (...).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado a partir do 19 de outubro de 1924 e subtitulado “Semanario de información general y Órgano de la Unión Patriótica en el distrito”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de América Central, nas Grandes Antillas, que ocupa as dúas terceiras partes da illa La Española, no seu sector oriental. Limita ao O con Haití, ao N e L co Océano Atlántico e ao S co Mar Caribe (48.511 km2; 8.364.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 20° e 18° de latitude N e os 73° e 68° de lonxitude O. A capital é Santo Domingo.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O relevo da República Dominicana caracterízase por ser moi montañoso, con altitudes superiores aos 3.000 m, que fan da súa orografía unha das máis desenvolvidas e variadas de todas as Antillas, onde se alternan os grandes cumios cos vales intermedios atravesados por numerosos ríos. Atendendo ao relevo, o territorio dominicano divídese en catro grandes sectores: a Cordillera Central, a Cordillera Septentrional, a rexión natural do SO e as chairas costeiras. A Cordillera Central, formada por materiais paleozoicos, atravesa a illa de SL a NO e nela é onde...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Domingos de Guzmán e aos relixiosos que seguen a súa regra, a orde dos predicadores.

    2. Relixioso ou relixiosa pertencente á orde dos predicadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á República Dominicana ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da República Dominicana.

    3. As primeiras manifestacións artísticas pertencen ao pobo taíno. Consérvanse restos cerámicos destinados a prácticas funerarias e rituais e mostras da arte rupestre en diversos lugares, ben en covas, ben ao aire libre. Destacan, entre outras, as covas de Las Maravillas, El Pomier e as Caritas. Nas covas do Parque del Este e Los Haitises localizáronse pictografías con distintas representacións de figuras humanas, animais, astros, figuras xeométricas e labirínticas, escenas de recolección, caza, pesca, danzas, xogos e prácticas funerarias. As estruturas arquitectónicas taínas son rectangulares, circulares e ovaladas, e estaban delimitadas por pedras verticais. Nelas atopáronse obxectos de pedra decorados con relevos, ídolos, amuletos e diversos obxectos realizados en pedra, madeira, cunchas e ósos. No campo da arquitectura colonial destaca a catedral de Santo Domingo (1521-1537), de trazas góticas, pero que amosa na fachada motivos decorativos platerescos. No seu interior acolle o mausoleo...

    4. Nas súas orixes, a literatura transmitíase oralmente. No período de independencia xurdiron os primeiros xornais e entre os anos 1795 e 1800 introduciuse a imprenta. Os escritores da Restauración están marcados pola inestabilidade política e as guerras civís. A preocupación indixenista foi un elemento primordial da literatura do s XIX. Nesta tendencia destacan José Joaquín Pérez, representante do romanticismo poético, autor de Fantasías indígenas (1877); Manuel Jesús Galván, autor da novela histórica Enriquillo (1882); Gastón Fernando Deligne, con Galaripsos (1908) e o costumista Gregorio Billini. Así mesmo, destacaron Fabio Federico Fiallo, xornalista que fundou os xornais El Hogar, La Bandera Libre e Las Noticias e autor de Poesías (1880), e Salomé Ureña, poetisa, pioneira da educación feminina e fundadora do Instituto de Señoritas, primeiro centro feminino de ensino secundario establecido na República Dominicana....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, cantante e compositor de jazz norteamericano. Coñecido como Fats Domino, nos anos corenta ingresou na formación de Dave Bartholomew e foi a ponte de unión entre o rhythm and blues e o rock. Da súa discografía destacan The Fats Man (1949), Blueberry Hill (1956) e Lady Madonna (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa do Emperador Augusto situada no Palatino de Roma. Composta por un peristilum, dous pisos e un templo, foi residencia imperial ata o s VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO