"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Proteína fibrilar formada por dúas cadeas polipeptídicas enroladas que se estenden ao longo da molécula de actina e actúa como reguladora no proceso de contracción muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi elixido senador demócrata por Missouri (1934) e vicepresidente de EE UU (1944) con Franklin D. Roosevelt. Á morte de Roosevelt (1945), acadou a presidencia e foi reelixido presidente en 1948. Ordenou o lanzamento da bomba atómica sobre Hiroshima e Nagasaki. A súa actitude anticomunista favoreceu o desenvolvemento do maccarthismo e o desencadeamento da Guerra Fría. Cara ao final do seu mandato iniciou a Guerra de Corea (1950). Non se presentou ás eleccións de 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Tui. Ten a súa orixe en 1272, cando se instalaron aquí os dominicanos, nun lugar chamado Oratorio, xunto ás portas da muralla. En 1328, por motivos de espazo, trasladouse xunto á igrexa de San Xoán de Porto, lugar coñecido como O Rastrillo. A construción iniciouse en 1330 e non se consagrou ata 1524. En 1482 anexionou a antiga igrexa de San Xoán de Porto, que foi derrubada pouco despois e en 1529 tivo que ser reparada pois un raio causou desperfectos na bóveda da ábsida. Nos ss XVII e XVIII tamén se produciron reformas. A igrexa é de estilo gótico e ten planta de cruz latina con tres ábsidas e nave central con tres tramos. A fachada principal é neoclásica (s XVIII) e posúe nun lado a torre campanario. A portada sur procede da igrexa de San Xoán de Porto e conserva no tímpano unha Adoración dos Reis. Foi declarado BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista romano. Exiliado por Heliogábalo (222), Alexandre Severo confioulle os cargos de membro do consello imperial, prefecto da annona e prefecto do pretorio. Foi asasinado polos pretorianos. As súas obras fixérono un dos cinco xuristas indicados na lei das Citacións (426) de Teodosio II e Valentiniano III. Case un terzo do Dixesto está extraído das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se fai cun só nome.

    2. Aplícase á nomenclatura en que cada obxecto se designa cun só nome, non con dous (como no caso da nomenclatura adoptada pola zooloxía ou a botánica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional destinada a promover e favorecer a colaboración internacional no campo da astronomía. Creada en Bruxelas (1919), conta con miles de científicos afiliados de 45 estados. Edita unha publicación que inclúe os asuntos tratados nas asembleas xerais. Patrocina servizos, como o da hora, e coordina traballos, como o mapa topográfico do ceo ou a vixilancia do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado aprobado (11.12. 1991) e asinado (7.2.1992) en Maastricht polos representantes dos doce estados membros da Comunidade Económica Europea e que, xunto co Tratado da Unión Política, forma a Unión Europea. A súa aprobación significaba a total liberdade de actuación das persoas, bens, servizos e capitais en toda a Comunidade Europea, a fixación irrevogable das paridades entre as moedas nacionais dos estados membros e a adopción dunha moeda única, o ECU (desde 1995, euro). Para iso era necesario que as políticas económicas de todos os estados membros fosen compatibles entre si e que se acadase un alto grao de coherencia nas políticas orzamentarias nacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación parcial ou total do uréter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anastomose cirúrxica entre o uréter e a vexiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ureteroenterostomía na que se implanta o uréter no colon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anastomose cirúrxica entre o uréter e unha porción do intestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación total ou parcial da uretra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación dunha abertura ou fístula permanente na uretra, nos casos en que presenta unha estenose incurable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión da uretra, especialmente nos casos en que presenta estenose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Utunomiya Capital do ken de Tochigi, situada na illa de Honshū, Xapón (440.353 h [1997]). É centro industrial e agrícola, con industrias téxtiles e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica, torácica ou abdominal, do nervio vago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica dunha válvula, especialmente da cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico illado de Streptomyces orientalis, que se emprega contra as bacterias Gram-positivas, especialmente os estafilococos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de esterilización masculina que consiste na ligazón ou na extirpación total ou parcial do conduto deferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asalos do rei, en época carolinxia, ao que prestaban homenaxe e con quen quedaban ligados polo xuramento de fidelidade. En contrapartida recibían un beneficio ou concesión territorial. Adoitaban exercer funcións administrativas e misións políticas de responsabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO