"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Dedicouse ao ensino das ciencias físico-naturais aplicadas á agricultura e á industria e foi deputado antes e despois da revolución de 1868, ademais de ministro do Tribunal de Contas de Filipinas. Publicou, entre outras obras, Memoria descriptiva de la colonia española de Fernando Poo y sus dependencias (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no NL da parroquia de Mazoi (Lugo). O seu cumio acada os 540 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada entre a praia de San Miguel e a punta Tragove, na parroquia de Corvillón (Cambados).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto das últimas fías de la ou liño para fiar na roca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traveseiro que se emprega para pendurar o porco polas patas traseiras, despois de matalo, co propósito de abrilo e deixar que arrefríe.

    2. Pau que se utiliza de apoio para que algo non caia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Furco (Carballedo) e Vales (San Cristovo de Cea). O seu cumio acada os 918 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Moalde (Silleda). O seu cumio acada os 603 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Viveiro, no concello homónimo. O seu cumio acada os 551 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Guedella de pelo ou de la.

    2. Trapo que se pon na cabeza cando se leva unha carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea deitada, provista de gabiáns, hirsuta, de talos angulosos, follas orbiculares, ovais ou reniformes, flores douradas axilares e froitos en pepónide. Orixinaria do sur da India, cultívase dende moi antigo.

    2. Froito oblongo e verrugoso desta planta. É moi rico en auga e pouco en elementos nutritivos, aínda que contén grandes cantidades de vitaminas A e C. O tipo máis popular é o cogombro pequeno, que se consome xeralmente despois de conservarse en vinagre; é moi habitual nalgúns países occidentais, principalmente nos saxóns, en ensaladas, canapés e coas carnes frías. Outras preparacións habituais son os pickles, conservados -con outras hortalizas- en vinagre de cebada e os rollmops, arenques embebidos nunha salsa vinagreta. Emprégase na industria cosmética como ingrediente básico de cremas de beleza; o leite de cogombro ten efectos calmantes e suavizadores para a cute.

    3. Planta herbácea vivaz, deitada, monoica, con flores unisexuais pentámeras, de cor amarelada. Os froitos, purgantes, son bagas oblongas, colgantes, de superficie áspera, que cando están maduras se desprenden do pedúnculo e proxectan violentamente as sementes que conteñen. Aparece de forma naturalizada en lugares areosos e pedregosos do noroeste de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as dos Neuchóns, Eiras e Galiñeiro, na parroquia de Corme Aldea (Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e escritora. Traballou con diferentes compañías españolas e co Centro Dramático Galego. Creou unha compañía propia coa que presentou os espectáculos da súa autoría Ofelia sen a virtude do pudor, Un lunar vermello (con pintiñas azuis) e Contrátenos por favor. Traballou nas obras Así é (se vos parece) (1991), Saxo Tenor (1993) e na serie de televisión Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicólogo. Introdutor da foniatría en España, presidiu a Asociación Internacional de Logopedia e Foniatría (1974). Escribiu o tratado Audifoniatría y logopedia en once volumes (1968-1995). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Pontificia de Salamanca (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona (2.228 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, especialmente no cultivo de oliveiras, amendoeiras e, en menor medida, de vide. A industria céntrase nos sectores mecánico, de materiais de construción e de transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Durante o Sexenio Revolucionario comezou a colaborar cos monárquicos e, desde 1871, militou no Partido Conservador. Foi deputado pola sección de Lugo (1867-1868), polo distrito de Lugo (1879-1881 e 1884-1886) e senador pola mesma provincia en dúas ocasións entre 1886 e 1893.

    VER O DETALLE DO TERMO