"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • (Amberg 1352 - Castelo de Landskron, preto de Oppenheim 1410) Conde do Palatinado do Rin (1398-1410) e rei dos Romanos (1400-1410). A causa da destitución do Emperador Venceslau I, foi nomeado rei dos Romanos polos electores eclesiásticos. Loitou, sen poder impoñerse, contra o Rei Venceslau VI de Bohemia e as ligas nobiliarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Roberto Mariño Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector téxtil creada por Manuel Roberto Mariño Fernández en 1982. Abriu a primeira tenda en París en 1983, alcanzou o mercado xaponés en 1989 e o luso en 1999. En 1997 presentou a súa primeira colección masculina. Diversificou os produtos que vende baixo a súa marca, como a produción de fragancias, a feminina en 1992 e a masculina en 2000, gafas (1997), viños (1997) e interiorismo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Introduciu en Australia un certo impresionismo e foi un dos principais expositores da 9 X 5 Exhibition of Impressions de Melbourne (1889). Pintou paisaxes, escenas de xénero e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta estadounidense. Da súa produción destacan The Town Down the River (1910), Avon’s Harvest (1921), The Man Who Died Twice (1924, Premio Pulitzer 1925) e Cavender’s House (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor nicaraguano. Exerceu diversos cargos no departamento de cultura do seu país e fundou as publicacións Novedades, La Flecha e El Imparcial. A súa prosa é esencialmente descritiva, e dela destacan Sangre en el trópico (1930) e Brújulas fijas (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de robustecer ou robustecerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha constitución forte e vigorosa.

    2. Que ten enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e político, I marqués de Molíns, vizconde de Rocamora e Grande de España. En 1836 deuse a coñecer como dramaturgo con Dona María de Molina (1836). Foi director da Real Academia Española desde 1865, membro do Partido Moderado, ministro de Comercio, Instrución e Obras Públicas (1847), de Mariña (1847-1849, 1849-1851, 1874-1875), de Estado (1879) e deputado polo distrito de Ferrol (1850-1851 e 1853-1854) e por outros distritos e provincias españolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, III marqués de Molíns, I marqués de Rocamora, III vizconde de Rocamora, fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco. Pertenceu ao corpo diplomático e careceu de distrito electoral propio polo que representou a diversas provincias. En Galicia foi deputado polo distrito de Ponte Caldelas en dúas ocasións entre 1905 e 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Prado de Limia (Muíños). O seu cumio acada os 880 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político, marqués de Rochefort-Luçay. Participou na insurrección popular de 1870 e aprobou a Comuna de París. Deputado (1885), converteuse en partidario do xeneral Boulanger e decantouse cara a un nacionalismo radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Foi alumno de Boulanger e de J. Lefebvre. Influído polos simbolistas, foi o pintor de moda entre 1880 e 1900. Colaborou como debuxante en diversas revistas. Pintou Andrómaca e A loucura do rei Nabucodonosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos de Forcarei e Campo Lameiro. O seu cumio acada os 652 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rodar.

    2. Tipo de chumaceira formada por dous tubos cilíndricos concéntricos que teñen no seu interior un xogo de bolas ou rolos que xiran libremente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo de Bertomeu Fernández, realizou fundamentalmente imaxinaría relixiosa. Das súas obras destacan Santa Filomena e a Virxe do Carme de San Xoán de Ortoño, as imaxes de Santa Bárbara e San Brais para o santuario da Nosa Señora dos Milagres de Amil (1850), posteriormente trasladadas á igrexa parroquial de San Mamede de Amil, e a Crucifixión da sancristía de Sigrás en Cambre (1866), onde introduciu o modelo iconográfico dos catro cravos na cruz. O seu obradoiro continuouno a súa filla Dolores Rodeiro Boado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 897 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parrroquia das Chás (Maceda). O seu cumio acada os 971 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rodís (Lalín). O seu cumio acada os 507 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rodófitas.

    2. Alga da división das rodófitas.

    3. División de algas que comprende unicamente a clase das rodofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO