"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Incisión cirúrxica da parede vaxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico obtido da bacteria Streptomyces puniceus, que se emprega no tratamento da tuberculose en casos resistentes á estreptomicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que significa ‘forza cómica, capacidade de provocar a risa ou comicidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expectoración abundante de sangue, pus ou soro proveniente do tórax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca o vómito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar pola boca o contido do estómago.

    2. Expulsar violentamente o que está no interior de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que provoca o vómito.

      2. Substancia que estimula o vómito.

    1. Que é repugnante ou noxento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vomitar.

    2. Cousa que se vomita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos accesos á cávea que nos teatros e anfiteatros romanos daban paso ás bancadas desde os corredores ou galerías interiores.

    2. Porta de saída das bancadas dun estadio ou dunha construción semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación da vulva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión encabezada polo presidente do tribunal supremo de EE UU E. Warren (1891-1974), creada polo presidente L. B. Johnson en 1963 para investigar o asasinato de John F. Kennedy. As súas conclusións (1964) negaban calquera clase de conspiración entre o presunto asasino, L.H. Oswald, e quen o matou, J. Ruby. Testemuños posteriores demostraron a parcialidade destas conclusión, e o tema da posible conspiración volveu rexurdir, sobre todo a raíz do caso Watergate (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU (253.326 km2; 493.782 h [2000]). A súa capital é Cheyenne (53.011 h [2000]). Limita cos estados de Dakota do Sur e Nebraska ao L, Colorado e Utah ao S, Idaho e Montana ao O e tamén Montana ao N. O seu relevo é moi montañoso, e ata el chegan os contrafortes das Rochosas ao S, coas Laramie Mountains, as Medicine Bow Mountains e o Park Range, onde se acada a altitude máxima con 3.700 m. No extremo noroeste do estado, está o Parque Nacional de Yellowstone. Os seus recursos minerais son abundantes. A actividade agrícola dedícase á forraxe e a actividade industrial deriva da minaría e da silvicultura. Refuxio das tribos indias que fuxiron da colonización branca, constituíuse territorio en 1868 e foi admitido como estado da Unión en 1890.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ladrón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coloración amarela dunha parte do corpo ou dun líquido orgánico, especialmente do cefalorraquídeo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno do réxime preautonómico galego, dotado de personalidade xurídica plena. O 16 de marzo de 1978 aprobouse o Decreto de Autonomía Transitoria polo que se constituíu a preautonomía galega e se instaurou a Xunta como órgano de goberno. O goberno formalizouse no pazo de Xelmírez o 18 de abril de 1978 baixo a presidencia de Antonio Rosón Pérez, de UCD, que contou ademais con membros dos partidos con representación nas Cortes con grupos sen representación política como os galeguistas históricos ou personalidades da vida cultural que formaron parte das comisións de transferencias. Este primeiro goberno estaba organizado en tres secretarías (Xeral, Emigración e Interior) e oito consellerías (Agricultura, Gandaría e Montes; Cultura; Educación e Ciencia; Enerxía, Industria e Comercio; Ordenación do Territorio; Pesca; Sanidade e Seguridade Social; e Traballo). O 3 de xullo, segundo a proposta de Rosón, a Xunta fixo una convocatoria xeral chamando á colaboración na elaboración do Estatuto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estucador e arquitecto alemán. Como estucador traballou en Füssen (1698) e Landsberg (1716). Como arquitecto construíu a Liebfrauenkirche de Günzburg (1736-1941) e a igrexa de Wies (1745-54), considerada a súa obra mestra, unha combinación de estruturas arquitectónicas con decoracións da tradición artesá do rococó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona de libre cambio que acordaron en 1992 a Comunidade Europea e a EFTA. Están excluídos as mercadorías importadas de estados terceiros. Dentro da ZEE están comprendidos a libre circulación dos factores produtivos, a supresión de barreiras non arancelarias e a extensión progresiva do acquis communautaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disección de animais para estudar a súa anatomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde de Monterrei. Foi gobernador de Flandres (1670-1675), onde fixo fronte á guerra de Luís XIV de Francia contra Países Baixos e Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO