"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Lugar onde se venden hamburguesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador escocés, conde de Aberdeen. Foi ministro de Asuntos Exteriores nos gobernos do duque de Wellington (1828-1830) e R. Peel (1841-1846). Defendeu os principios librecambistas e dimitiu trala derrogación das Corn Laws (1846). En 1852 ocupou o cargo de primeiro ministro nun goberno de coalición pero dimitiu en 1885 tras fracasar no intento de evitar a Guerra de Crimea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. En 1703 foi a Hamburgo, onde actuou como violinista e clavecinista no teatro. Despois trasladouse a Italia e alí relacionouse con Lotti, os Scarlatti, Corelli e Pasquine. Foi mestre de capela da corte de Hannover. Durante unha estadía en Londres estreou Rinaldo (1711), Il Pastor Fido (1712) e Te Deum. Cando o elector de Hannover se converteu en Xurxo I de Inglaterra (1714), Händel continuou ao seu servicio. Posteriormente dedicouse á oratoria con Athalia (1753), Israel in Egypt (1739) e Saul (1739); en 1742 estreou en Dublín a obra máis célebre de todas, Messiah. A esta seguíronlle Aamson (1743), Belshazzar (1745), Judas Maccabaeus (1747), Joshua (1748), Solomon (1749) e Jephtha (1752). Nas décadas de 1730 e 1740, escribiu os orixinais concertos para órgano e as dúas series de concerti grossi; en 1749 consolidou a súa vinculación a Inglaterra con...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico alemán. Coñecido como Novalis, entendeu o amor como unha forza elemental anímica e cósmica, e no seu individualismo máxico todo coincidiu, individuo e universo, vida e morte, un e todo. Publicou Geistliche Lieder (Cánticos espirituais, 1799), algúns poemas alegres e vitais, Lied der Toten (Canto dos mortos) e Hymnen an die Nacht (Himnos á noite, 1800). Tamén publicou fragmentos literarios co nome de Blütenstaub (1798), o ensaio Die Christenheit oder Europa (A cristiandade en Europa, 1799) e a novela inacabada Heinrich von Ofterdinge, en resposta ao Wilhelm Meister, de Goethe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que determina a proporción de caracteres mendelianos dominantes e recesivos que se transmiten no seo dunha poboación. Constituíu a primeira formulación matemática rigorosa dunha xenética de poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judet de Romanía (6.639 km2; 342.859 h [estim 1999]). A capital é Miercurea-Ciuc (46.819 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor inglés. Foi fiador de Standhill, en 1764 inventou a spinning-jenny, primeira máquina fiadora, que traballaba manualmente, que podía fíar distintos fíos ao mesmo tempo. Nos anos seguintes construíu algunhas spinning-jenny que foron destruídas en 1768. Trasladouse a Nottingham, onde instalou unha pequena fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e tradutor. Licenciouse en Filoloxía Francesa. Escribiu Lerias e enredos para os máis pequenos (1983) e Contos galegos (1983); e traduciu O poema do país que ten fame (1978), de Paol Keineg, Ubu Rei (1989), de Alfred Jarry, Gargantúa e Pantagruel (1991), de F. Rabelais, O rei Kabul (1999), de Max Jacob, e A cantante calva (2002), de Eugène Ionesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Foi senador por Lugo na lexislatura Constituínte pola UCD e deputado no Congreso, pola Comunidad Autónoma de Madrid, na IV lexislatura, polo CDS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Pennsylvania, EE UU, situada á beira do río Susquehanna (48.950 h [1996]. En 1979 produciuse un aparatoso accidente nunha das centrais nucleares de Three Mile Island e foi clausurada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como o barón Haussman, foi prefecto do departamento de Seine (1853-1869) e encargou os traballos da reestruturación urbanística de París: un esquema circular próximo ao urbanismo barroco, que satisfixo as necesidades hixiénicas e de orde pública. Intuíu a necesidade dun poder público forte para organizar as cidades modernas e as súas propostas influíron na formulación urbanística do resto de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Membro do Conservative Party, ocupou diversos ministerios (1959-1965) e a xefatura do partido (1965). Primeiro ministro desde 1970, tentou restaurar as finanzas británicas, pero a hostilidade dos sindicatos fíxolle perder as eleccións (1974) e o liderado do partido (1975), que pasou a mans de M. Thatcher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Formado en Filosofía e teoloxía no seminario de Tübingen, foi profesor nas universidades de Jena, Heilderberg e Berlín. Amigo de F. W. J. von Schelling e F. Hölderlin, editou con eles a Gaceta de Bamberg, revista de filosofía crítica onde publicou os seus primeiros traballos. Concibiu a filosofía coa intención de comprender o propio tempo e considerou que a relixión tiña un contido racional que a filosofía debía facer seu. Opúxose, polo tanto, a unha concepción transcendente do absoluto, Deus está aquí e maniféstase progresivamente na historia, a medida que o home consegue a liberdade. Entre as súas obras destacan Phänomenologie des Geistes (Fenomenoloxía do espírito, 1807), Wissenschaft der Logik (Ciencia da lóxica, 1812), Enzyklopädie der philosophischen Wissenschaften im Grundrisse (Enciclopedia das ciencias filosóficas en compendio, 1817) e Grundlinien der Philosophie des Rechts oder Naturrecht und Staatswissenschaft im Grundrisse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña, na beira do Neckar (139.672 h [2000]). Tradicional cidade universitaria e residencial, adquiriu un carácter máis industrial despois da Segunda Guerra Mundial. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo do bosque Königstuhl (s XIV), o palacio de Otto Heinrich (s XVI) e o Kurpfälzisches Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Considerado un dos fundadores da mecánica cuántica, tivo unha grande incidencia no desenvolvemento da física atómica e nuclear. En 1927 formulou o denominado principio de incerteza. A súa obra básica sobre a teoría dos cuantos ampliouse en sucesivas edicións. Escribiu tamén valiosos ensaios sobre filosofía da ciencia. En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Física, pola mecánica cuántica de matrices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Malmöhus, Suecia, no län de Escania (117.737 h [2000]). Situada no estreito de Resund, é un núcleo industrial importante, con construción naval, industria electromecánica e do calzado. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariakyrkan (s XIV), a torre Kärnan (s XVII) e o castelo de Sofiero (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Pertencente ao grupo dos pictorialistas, fundou o Camera Club de Viena, xunto con Kühn e Watzek, organizadores da primeira exposición pictorialista (1891). Participou, con R. Demachy, A. Stieglitz e C. Puyo, na exposición anual do grupo Linked Ring Brotherhood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo británico, quinto conde de Carnarvon. Formado na University of Cambridge, descubriu xunto con Howard Carter a tumba intacta do Faraón Tutankamon. Foi o autor de Five Years’Exploration at Thebes (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georges Rémi.

    VER O DETALLE DO TERMO