"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras. Traballou con Juan de Herrera en Santa María de Sobrado dos Monxes e no claustro e letrinas de Santa María de Monfero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Beata e condesa de Friesach (Austria). Fundou o convento das monxas bieitas de Gurk. A súa festividade celébrase o 29 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de enmarañar ou enmarañarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enmarañar ou enmarañarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enlear.
-
-
Acción de enranciar.
-
Fenómeno de autólise, principalmente debido a procesos de hidrólise ou de oxidación, das substancias lipídicas que poden sufrir os alimentos durante a súa conservación, co que resultan modificadas as súas propiedades organolépticas.
-
-
-
olver rancia unha cousa.
-
Coller rancio unha cousa.
-
-
-
Que mete en leas a outros, con ou sen intención.
-
Que non para de xogar ou moverse.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Caraño (Pol). Ten planta rectangular e dúas alturas. Construíuse combinando cachotería e cantería. Na fachada principal destaca o balcón con balaústres de ferro fundido, canzorros de madeira e gárgolas nas esquinas e pináculos nos ángulos. Conserva dous escudos, nos extremos da fachada, coas armas dos Lanzós, Luaces, Montenegro e Neyra. Está amurallada por un lado.
-
PERSOEIRO
Escultor. Representante da escultura funeraria neoclásica, entre as súas obras destaca o sepulcro do marqués de La Mina en Sant Miquel del Port (Barcelona). Durante a súa estadía en Roma (1774-1776) realizou Els crucificats de Gàbaa (Os crucificados de Gàbaa). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1782.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escolástico. Chamado Doctor Solemnis, foi arcediago en Bruxas (1276) e Tournai (1279), e mestre de Teoloxía en París (1276-1292). Condenou o averroísmo (1277), opuxo o agustinismo ao tomismo e proclamou a superioridade absoluta da vontade sobre o entendemento. Escribiu quince Quodlibeta (1276-1291) e deixou unha Summa theologica inacabada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Portugal, fillo de Xoán I e de Filipa de Lancaster. Organizou a flota que tomou Ceuta (1415) e, ao regresar a Portugal, foi nomeado cabaleiro, duque de Viseu e señor de Covilhã. Elixido rexedor e administrador da Ordem de Cristo (1416), dirixiu e organizou a expansión portuguesa polo Atlántico e as costas africanas. As súas flotas chegaron ao arquipélago de Madeira (1419-1420), aos Açores (1427?), ao cabo Bojador (1434), ao Río de Oro (1436), ao golfo de Arguim (1443), ao río Senegal (1445) e ao arquipélago de Cabo Verde (1457-1460). Promoveu a colonización das Ilhas dos Açores e Madeira. Preocupouse tamén pola introdución de melloras na agricultura nas terras da Ordem de Cristo en Tomar, e reorganizou os estudios da Universidade de Lisboa (1431 e 1440), onde introduciu, entre outras disciplinas, as matemáticas e a astronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Alemaña (918-936) e duque de Saxonia e Turinxia (912), fillo de Otón I de Saxonia. Loitou contra Conrado I de Alemaña, ao que sucedeu no trono. Recuperou Lorena e derrotou os eslavos de Bohemia (929) e os húngaros (933). Enfrontouse aos dinamarqueses (934) e constituíu unha marca alemá entre o Eider e o Schlei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla (1206-1216), fillo de Balduíno V, conde de Hianaut. Participou na Cuarta Cruzada xunto ao seu irmán, o Emperador Balduíno I. Despois da captura de Balduíno polos búlgaros na Batalla de Adrianápolis (1205), converteuse en rexente e en 1206 sucedeuno como emperador. Venceu os búlgaros en Salónica (1207) e liberou os gregos. Reorganizou o territorio e acadou a paz entre gregos e latinos despois de derrotar os bizantinos disidentes do Epiro (1207) e do Imperio de Nicea (1211 e 1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1031-1060), fillo de Roberto II. Sucedeu o seu pai no trono malia a oposición da súa nai e dos nobres. Cedeulle o ducado de Borgoña ao seu irmán Roberto (1032). Protexeu e axudou o seu sobriño Guillerme o Conquistador (futuro rei de Inglaterra) contra os baróns de Normandie, non obstante máis tarde puxéronse a mal e derrotouno en Montemer (1054) e Varaville (1058).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1547-1559), fillo de Francisco I. Antes do seu ascenso ao trono foi refén de Carlos V entre 1526 e 1530, segundo o cumprimento do Tratado de Madrid. Aliouse co Imperio Turco e cos príncipes protestantes alemáns para romper coa hexemonía dos Habsburgo en Europa. Polo Tratado de Chambord, recuperou para Francia Metz, Toul e Verdun (1552), pero a súa derrota en Renty, fronte aos exércitos imperiais, levouno a asinar a Tregua de Vaucelles (1556). Os seus intereses en Italia levárono a romper esta tregua e recuperar Calais no 1558. Derrotado na Batalla de Saint-Quentin (1557), asinou a Paz de Cateau-Cambrésis en 1559 con Filipe II. Nos editos de Châteaubriant (1551) e Ecouen (1559) favoreceu os católicos e perseguiu os hugonotes. Impulsou en Francia o renacemento artístico e literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico (1014-1024), rei de Alemaña (1002) e de Italia (1004), e duque de Baviera (995). Por mor das súas deficiencias físicas, recibiu tamén os alcumes de o Coxo ou o Paralítico. Despois da súa coroación como rei de Alemaña, enfrontouse con Arduíno de Ivrea, usurpador do trono de Italia, ao que derrotou (1004). Coroado emperador en Roma, favoreceu as reformas monásticas pero conservou o dominio sobre a Igrexa. Polo Tratado de Bautzen (1018) perdeu, fronte ao duque de Polonia, a rexión da Lusacia, que acadou a independencia. Casado con Cunegunda de Luxemburgo, fundou o bispado de Bamberg e foi canonizado en 1146. É avogoso da asma e a súa festa celébrase o 13 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1574-1589), derradeiro monarca da dinastía Valois, fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. Elixido rei de Polonia en 1573, regresou a Francia trala morte do seu irmán Carlos IX (1574), a quen sucedeu. No Edito de Beaulieu (1576) concedeulles aos hugonotes a liberdade de culto, mais o nomeamento de Enrique III de Navarra como herdeiro ao trono francés en 1584 significou o retorno ao enfrontamento e o desencadeamento da Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), ao non recoñecer os católicos o herdeiro e buscar Enrique de Guise, o seu dirixente, o apoio de Filipe II. Durante o enfrontamento, mandou asasinar a Enrique de Guise (1588) e aliouse con Enrique III de Navarra para asediar París, defendida polos católicos e españois, pero morreu asasinado. Introduciu unha nova moeda (1577) e unha serie de ordenanzas que regularon a administración (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Francia (1589-1610), primeiro da dinastía Borbón, e de Navarra (1572-1610), príncipe de Bearn, conde de Foix, de Bigorre e de Armagnac, duque de Vendôme e de Albret, fillo de Xoana III de Navarra e de Antonio de Borbón. Xefe do partido hugonote desde 1569, foi proclamado herdeiro ao trono francés en 1584. Durante a Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), enfrontouse aos partidarios de Enrique de Guise e da Liga Católica, aos que finalmente derrotou en Ivry (1590). Aliouse cos príncipes protestantes alemáns, con Isabel I de Inglaterra e con Enrique III de Francia, co que asediou París. En 1593 converteuse ao catolicismo e foi recoñecido como rei. En 1598 asinou a Paz de Vervins coa Coroa de España e, polo Edito de Nantes, declarou o catolicismo como relixión oficial de Francia, aínda que lles asegurou a liberdade de culto aos protestantes. Unha vez instaurada a paz, reorganizou o Estado, consolidou o poder rexio e fomentou o comercio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Bordeos e conde de Chambord. Á morte do seu avó Carlos X (1836), proclamárano pretendente ao trono francés. Reclamou a coroa trala caída de Napoleón III (1870) e solicitou o seu recoñecemento por parte da Asemblea; sen embargo, a súa negativa a aceptar as condicións impediu a restauración da monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO