"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de rock. En 1983 formou o grupo Ton Ton Macoute e dous anos máis tarde trasladouse a Londres para gravar o seu primeiro disco The Lion and the Cobra (1987). Co tema “Nothing compares 2 U” conseguiu o número 1 das listas de éxitos de todo o mundo e co seu álbum I do not want what I haven t got (1990) gañou tres premios MTV (1990). Protagonista do filme Hush-A-bye-Bye (1990), outros traballos discográficos salientables son Am I Not Your Girl? (1992), Faith and Courage (2000) e She Who Dells in the Secret Place... (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Destacou polos seus papeis de muller fráxil, neurótica e excéntrica. Traballou en filmes como Hondo (1953), Summer and Smoke (1961), Sweet Bird of Youth (1962), You’re a Big Boy Now (1966), Pete’n Tillie (1972), Interiors (1978), The Pope of Greenwich Village (1984) e The Trip to Bountiful (1985, Oscar á mellor actriz 1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político revolucionario británico. Alentado por Franklin, foi a EE UU (1774) e tomou parte na causa da independencia. De novo en Europa, atacou a obra de Edmund Burke con The Rights of a Man (1791-1792) e chegou a ser membro da Convención Nacional. Encarcerado polos xacobinos, escribiu The Age of Reason (1794-1795), contra o aspecto supersticioso da relixión e a súa inxerencia na política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Barcelona, Madrid e Leiden e foi catedrático de Terminoloxía en Madrid (desde 1926) e en Lisboa. Destacou polos seus traballos sobre física e sobre a teoría da relatividade especial de Einstein. Escribiu Análisis dimensional (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • palicinesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición patolóxica e involuntaria dos movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • palmatinervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla en que os nervios principais arrancan radialmente do punto de inserción do limbo co pecíolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo. Instalouse en París en 1925 e relacionouse cos artistas bohemios da escola española, como Picasso, Bores ou Clavé, aínda que non chegou a desenvolver un estilo tan vangardista. Pintou El entierro (1945), Paisaje de la Ría de Pontevedra (1970) e Náutico de Bayona (1970). A súa obra está presente en numerosos museos e coleccións, como o Musée National d’Art Moderne de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e historiador, marqués de Miraflores e conde de Villapaterna. Colaborou estreitamente con R. Narváez durante o década moderada. En 1846 foi ministro de Estado e de Gobernación do Reino da Península e Adxacentes. Despois de afiliarse á Unión Liberal, presidiu o Consello de Ministros (1863-1964). É autor de Apuntes históricos para escribir la historia de la revolución de España desde el año 1820 hasta 1823 (1834) e Memorias para escribir la historia contemporánea de los siete primeros años del reinado de Isabel II (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Foi inspector de primeiro ensino das provincias de Lugo e A Coruña. Participou activamente no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Defendeu a reforma do ensino e a supresión da xuntas locais. É autor de Programa de instrución primaria elemental ampliada (1867), El corazón de la infancia. Máximas morales para las escuelas (1880), El guía de los maestros (1885), Conferencias pedagógicas de 1888. Discursos de la inauguración y clausura (1888) e Valoración de la situación escolar en 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sufraxista inglesa. En 1894 fundou a Women’s Franchise League, coa que conseguiu que as mulleres casadas puidesen votar nas eleccións locais. En 1903 creou a Women’s Social and Political Union (WSPU), e en 1905 abandonou o Liberal Party. Durante a Primeira Guerra Mundial viaxou a EE UU, Rusia, Canadá e Australia, loitando sempre pola causa das mulleres, e en 1926 foi escollida como candidata conservadora para a Cámara dos Comúns, pero a súa saúde impediulle tomar posesión do cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Melanesia, que abrangue a parte oriental da illa de Nova Guinea e unhas 600 illas máis pequenas, entre as que destaca o arquipélago de Bismarck e as illas de Buka e Bougainville, que forman parte das illas Salomón (462.840 km2; 5.321.000 h [estim 2001]). A súa capital é Port Moresby.
    Xeografía
    Todas as terras son montañosas, con numerosos volcáns activos. A máxima altitude está en Nova Guinea, no monte Wilhelm, con 4.509 m. O clima é cálido e húmido todo o ano e os ríos son curtos e caudalosos. É un país eminentemente subdesenvolvido, pois máis das tres cuartas partes da poboación vive da agricultura de subsistencia. Os cultivos principais son os tubérculos e as raíces, as bananas e as froitas tropicais, e os cultivos de exportación, como o coco, o café, o cacao, o caucho, o aceite de palma e a cana de azucre. A gandaría é de curral e ten vacas leiteiras. O bosque ocupa o 84,4% do territorio. A pesca é un recurso importante, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paracinesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de apraxia que se caracteriza pola falta de coordinación dos movementos voluntarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paralelinervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla cos nervios dispostos paralelamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que aparece nalgúns casos de hemiplexía. O doente non pode mover espontaneamente o membro afectado, pero reproduce con el os movementos pasivos executados polo membro san.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de paraproteínas no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO