"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Doutor en Teoloxía pola Universitat de València, consagrouse sacerdote en 1929. Participou na organización de Acción Católica durante a Segunda República. Ao desencadearse a Guerra Civil estaba en Tui; regresou á súa terra en 1938, cando os sublevados conquistaron Vinaroz, localidade da que foi arcipreste. En 1945 foi nomeado bispo de Solsona, e en 1964 accedeu á diocese de Oviedo. Participou no Concilio Vaticano II. Investido cardeal en 1969, concedéuselle a sé primada de España, o arcebispado de Toledo, do que pasou ao de Madrid en 1971, ano no que foi elixido presidente da Conferencia Episcopal Española. Cesou como presidente do episcopado en 1981 e, ao ano seguinte, presentou a súa renuncia ao arcebispado por razóns de idade. En 1970 ingresou na Real Academia Española. Entre as distincións que recibiu destaca o doutoramento honoris causa pola Universitat Politècnica de València. Dende a súa posición na cúpula da Igrexa española, o cardeal Tarancón, que se caracterizara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Enrique IV de Francia e María de Medici. En 1625 casou con Carlos I de Inglaterra. Acusárona de enfrontar o rei contra os anglicanos e de ser en certo modo a responsable da guerra civil. Fuxiu a Francia trala execución do seu marido (1649) e retornou a Londres despois da restauración do seu fillo Carlos II (1660).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicerrei de Nova España (1568-1580) e do Perú (1581-1583). No vicerreino de Nova España limpou as costas de piratas ingleses, combateu os indios huachís e creou os fortíns de San Felipe, Ojuelos e Portezuelos. No Perú instaurou o servizo postal e fundou San Luis de Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Alba de Liste e de Vallaflor, grande de España, e comendador de Almorejón na orde de Alcántara. Chamado tamén Luis Enríquez de Almansa, foi vicerrei de Nova España (1650-1653) e do Perú (1655-1661). Axudou na defensa da illa de Xamaica e sufocou as rebelións dos indios tarahumanos e calchaquís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Realizou estudios laborais en Zamora e Tarragona e de xornalismo en Barcelona. Musicou poemas de Martelo Paumán, Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do Partido Liberal, foi deputado por Xinzo de Limia entre 1886 e 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Licenciado en Dereito (1802) pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en Ourense como avogado e dende 1820 como xuíz. Elixido deputado a Cortes polo Partido Liberal en 1821, formou parte da comisión do Tribunal de Cortes. Trala caída dos liberais, os absolutistas ourensáns obrigárono a exiliarse. Trasladouse á Coruña, onde foi decano do colexio de avogados da cidade. En 1838 nomeárono maxistrado da Audiencia de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa. Como estudoso da literatura galega, encargouse da edición das obras de Fermín Bouza-Brey Trillo Nao senlleira, Seitura e Cabalgadas en Salnés (1992), e de Aqueles anos de Moncho, de X. Neira Vilas. Colaborou no Diario 16 de Galicia, no Faro de Vigo e noutras revistas literarias. Así mesmo, é autor de material didáctico como Unidade didáctica de Bouza-Brey (1992) e dos estudios Ilustrísima de Carlos Casares (1992) e Contos de tres mundos de Xosé Neira Vilas (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou aquilo que ensancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo máis ancho.

    2. Facerse máis ancha unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ensanchar.

    2. Parte que está aumentada ou engadida a unha cousa.

    3. Sistema de planificación urbanística, ideado no s XIX, que consiste en edificar unha parte do espazo baleiro contiguo ao perímetro da cidade antiga, segundo planos xeométricos, con quinteiros abertos, amplos e axardinados, e extensos espacios verdes. No deseño dos ensanches téñense en conta unha serie de preocupacións relativas ás vivendas, á circulación e aos equipamentos.
      O ensanche no seu contexto histórico
      O ensanche constitúe a resposta peculiar do urbanismo español á necesidade de renovación das cidades ante as transformacións sociais que implicou a Revolución Industrial. A súa execución foi posible pola existencia dunha burguesía que procuraba un espazo residencial axeitado ás súas novas aspiracións, que superaba as limitacións impostas polos recintos murados. Os fundamentos teóricos desta tipoloxía foron enunciados por Ildefons Cerdà, autor do Proyecto de Reforma y Ensanche de Barcelona  (1859), na súa Teoría general de la urbanización y aplicación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór a alguén sandeu.

    2. olverse sandeu alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que chorrea pingas de sangue por unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar de sangue algunha cousa.

    2. Causar un número elevado de víctimas, principalmente  nun enfrontamento armado.

    3. Mancharse de sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista educativa de tendencia católica editada en Ourense a partir do 1 de outubro de 1875. Tiña unha periodicidade quincenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido en Lugo en agosto de 1901. Tivo unha periodicidade semanal ou decenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter educativo aparecida en Vigo en 1927. Cesou a súa edición en 1936. Coordinada por Apolinar Torres, incluíuse xunto ao xornal vigués El Pueblo Gallego. Contou coa colaboración de Víctor Fráiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de María.

    VER O DETALLE DO TERMO