"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Relixioso, fillo dos marqueses de Valladares. Foi inquisidor xeral (1669-1695), auditor do Tribunal de La Rota en Roma, vigairo na corte de Sicilia, bispo de Oviedo e Plasencia, e membro do goberno durante a minoría de idade de Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Moctezuma e duque de Atrisco, coa grandeza de España. Foi vicerrei de Nueva España, membro do Consello Real e presidente do Consello de Indias. En 1702 participou na Batalla de Rande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor arxentino. Enfrontouse á oligarquía local e á ditadura de Rosas e, exiliado en Chile, organizou a primeira escola normal (1842). Foi gobernador de Bos Aires e ministro do goberno provincial, gobernador de San Juan, ministro de Estado (1860) e embaixador en Washington. En 1868 foi elixido presidente da república. Publicou Facundo. Civilización y Barbarie (1845), Mi defensa e Recuerdos de provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Joseph García Balboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Tui (1523), Badajoz (1524) e Palencia (1525), e capelán de Carlos I. En 1534 foi nomeado arcebispo de Santiago e en 1536 cardeal dos Doce Apóstolos polo Papa Paulo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen padece ou ten sarna.

    2. Que ou quen é ruín ou avarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso dominicano. Actuou en asuntos diplomáticos vinculados á Corte por mandato de Filipe IV e foi arcebispo de Trani (Nápoles) en 1656 e de Tarento, en 1665. Creou no convento dominicano de Pontevedra a cátedra de Filosofía e Teoloxía Moral. Publicou Compendio de la Doctrina Cristiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sarria. Construída arredor do s XIII por orde dos señores de Sarria e Lemos, despois do ataque irmandiño de 1467 Pedro Osorio reconstruíuna. Tiña catro torres e diversas dependencias que foron derrubadas a mediados do s XIX. Consérvase unha torre de granito e lousa rematada en ameas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e historiador. Profesor da University of Harvard (1940-1951), publicou Introdution to the History of Science (1927-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo longo e amplo que une o ilíaco coa tibia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de San Luis. Foi ministro da Gobernación (1847-1851) con Narváez e introduciu diversas reformas como a mellora das escolas primarias, a regulamentación interior do seu ministerio ou a reorganización da policía. Presidiu o Consello de Ministros (1853-1854) ata ser derrocado pola Vicalvarada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grao militar que corresponde ao suboficial de grao máis baixo, inmediatamente superior ao de cabo primeiro.

      2. sarxento maior /

        Grao inmediatamente inferior ao de mestre de campo nos terzos españois dos ss XVI e XVII que se encargaba da instrución táctica, seguridade e aloxamento das tropas, e transmitía as ordes do mestre do campo ou do capitán xeneral aos oficiais inferiores.

      3. sarxento primeiro

        Grao militar que corresponde ao suboficial de grao inmediatamente superior ao de sarxento e inferior ao de brigada.

    1. Persoa de carácter autoritario e brusco.

    2. Gato que utiliza o carpinteiro para afirmar unha táboa ao banco de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no centro-sur da provincia de Saskatchewan, Canadá, á beira do río South Saskatchewan (196.811 h [2001]). Centro distribuidor dunha rexión mineira (potasa) e cerealística (trigo), ten industria fariñeira, alimentaria, cárnica, cervexeira, do coiro e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Battista Salvi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que satisfai.

    2. Que é bo, agradable ou conveniente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de satisfacer ou satisfacerse.

    2. Que está compracido, conforme ou contento.

    3. Que está saciado de comida e bebida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xaponés. Membro do partido democrataliberal (1948) e deputado desde 1949, foi secretario xeral do partido. Ocupou diversos ministerios entre 1951 e 1964 e presidiu o goberno (1964, 1966, 1968 e 1970). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio mental, obxectivo da meditación zen, que consiste nunha forma de percepción interior intuitiva e intelixible pola razón e a lóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Despois dunha etapa influenciada polo surrealismo, iniciou a súa adscrición á abstracción expresionista, ao xestualismo e ao neofigurativismo, que enlazou coa pintura de acción. Foi membro cofundador do grupo El Paso (1957). A súa obra inscribiuse nunha liña de denuncia desmitificadora, con frecuentes alusións históricas (Retrato imaginario de Felipe II), e unha constante utilización do tremendismo, como nas series das Crucifixiones e as Multitudes.

    VER O DETALLE DO TERMO