"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
CAPITAIS
Capital do estado de California, EE UU, situada nas ribeiras do río homónino (407.018 h [2000]). Porto fluvial, a actividade industrial está centrada na transformación de produtos agrícolas, na metalurxia, na informática e na aeronáutica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista, economista e pensador. Estudou varias materias científicas na Escola de Náutica e Navegación do Consulado do Mar e en 1813 trasladouse a Santiago ao Colexio militar de san Clemente; no curso 1816-1817 estudou matemáticas sublimes, cos profesores Domingo Fontán e Xosé Rodríguez, e terminou estudos na Universidad de Madrid, cidade na que en 1819 escribiu o primeiro comentario español de que se ten noticia sobre E. Kant na Crónica Científica y Literaria, e un ano despois participou na fundación do Ateneo Científico y Literario. Neste momento o seu apoio aos liberais permitiulle acceder ás áreas de xestión gobernamental. En 1921 foi enviado en misión comercial a La Habana, pero regresou á Coruña ese mesmo ano, onde, xunto con Casiano de Prado, fundou a revista El Conservador Constitucional, de ideoloxía liberal e antiabsolutista. O 25 de xuño de 1823 volveu a La Habana onde permaneceu ata 1835. Alí dirixiu o Jardín Botánico e ocupou a cátedra de Botánica na Escuela...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador, guionista e produtor cinematográfico. Formouse como técnico de son na produtora UFA, en Alemaña e, posteriormente, integrouse no Departamento Nacional de Cinematografía, que realizou entre 1938 e 1941 o Noticiario Español, anos máis tarde coñecido como NO-DO. Ao longo de máis de tres décadas desenvolveu un importante labor no noticiario, grazas á especial relación que estableceu con Francisco Franco. Ademais, desde a súa produtora, Filmarte, realizou numerosas curtametraxes documentais, centradas moitas delas na cidade da Coruña: Petroliber (1964), La Coruña, ciudad en la que nadie es forastero (1965) ou Accesos a La Coruña (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado un dos modernizadores da novela vasca, escribiu Egunero hasten delako (Por que comeza cada día, 1969), 100 metro (100 metros, 1976), Ene Jesus (Meu Xesús, 1979), Hamaika pauso (1995), Gorde nazazu lurpean (2000), Gudari zaharraren gerra galdua (2000), Bihotz bi, hilobi bat (2001), Rossetti-ren obsesioa (2001) e Kandinskyren tradizioa (2003). Cultivou tamén a poesía. É membro da Euskaltzaindia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Seguiu a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo e, desde 1916, exerceu como mestre. Coñecedor das correntes pedagóxicas europeas renovadoras, destacou pola súa participación nas organizacións corporativas e de defensa profesional do maxisterio. Así promoveu a creación da Federación de las Asociaciones de Maestros Gallegos (1935). No ámbito pedagóxico publicou Concepción Arenal en el aspecto pedagógico (1925), Qué medios pueden ponerse en práctica para elevar la cultura general y profesional de los maestros actuales. Ponencia leída en el Congreso Pedagógico de Lugo de 1923 (1925), Puntos cardinales del pensamiento pedagógico contemporáneo (1927) e Colaboraciones sociales que la escuela precisa (1928). Tamén escribiu sobre temas históricos e de cultura galega: Capricho literario-apologético (1910), Por Galicia y por el arte (1920), Odoario o Lugo en el siglo VIII (1923) e Santuarios Gallegos: El Corpiño (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (417 km2; 204.024 h [2000]). A súa capital é Samut Songkhram (35.764 h [1993]).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa N da illa (4.782 h [2001]). A economía é basicamente agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de República Dominicana (1.196 km2; 151.560 h [2002]). A súa capital é Cotuí (37.745 h [2002]).
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1063-1094) e de Navarra (Sancho V; 1076-1094), fillo e sucesor de Ramiro I. Despois de conquistar as ribeiras do Cinca, ocupou Arguedas (1084) e polo curso do Gállego achegouse a Zaragoza. As conquistas (1083-1084) e o establecemento da posición de Montaragón (1088) sinalaron o inicio dunha ofensiva contra Huesca que rematou o seu fillo Pedro I de Aragón (1096). Loitou na Guerra dos Tres Sanchos ao lado do seu curmán Sancho IV de Navarra contra Sancho II de Castela, que foi derrotado en Viana (1067). Ao morrer asasinado Sancho IV de Navarra (1076), incorporou o reino aos seus dominios.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, marqués de Casa Pardiñas, fillo de Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos. Foi deputado polo distrito de Corcubión (1901-1907) e polo de Arzúa (1907-1919), gobernador civil en diversas ocasións e alcalde de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, marqués de Casa Pardiñas, sobriño de Ramón Pardiñas Villardefrancos. En 1856 rematou os estudos de leis en Santiago de Compostela, onde foi alcalde. Foi deputado en Cortes pola sección de Pontevedra (1865-1866) e polo distrito de Corcubión (1871-1873, 1876-1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía (60.254 h [2001]). Ademais de centro turístico, na súa economía destaca a pesca, a industria alimentaria e as salinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya (2.098 h [2001]). Ten cultivos de secaño e de regadío.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (112.992 h [2001]). Ten pequenas empresas e talleres de servizos, téxtiles e metalúrxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Baiona baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado entre os ríos Órbigo, ao O, e Esla, ao L (3.149 h [2001]). A súa economía baséase no sector primario e ten industria metalúrxica e de materiais para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Participou na Guerra da Independencia e durante o Trienio Liberal loitou contra os absolutistas. Foi nomeado contable xeral de valores (1836) e ministro de Facenda (1840 e 1847). Asinou a constitución do Banco de España, do que foi o primeiro gobernador.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e mestre. Militante do PP desde 1995, foi coordinador provincial de deportes da Consellería de Cultura (1988-1989), membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) desde 1999, alcalde de Abegondo e presidente da asociación de acción local Terra das Mariñas. En substitución de Juan Miguel Diz Guedes, foi nomeado conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (2004).
VER O DETALLE DO TERMO