"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo mercadolóxico de W. J. Reilly, exposto en The Law of Retail Gravitation (1931), segundo o cal a atracción de cada centro mercantil é directamente proporcional aos seus habitantes e inversamente proporcional ao cadrado da súa distancia, en relación cos outros mercados veciños.
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Considerado o máximo defensor do deísmo, se ben foi tamén un home da ilustración, escribiu Allgemeine Betrachtungen über die Triebe der Tiere, hauptsächlich über ihren Kunsttrieb (Consideracións xerais sobre os instintos dos animais, especialmente sobre o seu instinto artístico, 1760) e Apologie oder Schutzschrift für die vernünftigen Verehrer Gottes (Apoloxía ou defensa dos adoradores racionais de Deus, 1862).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Socióloga e diplomática sueca. Coñecida tamén como Alva Myrdal, foi directora (1951-1956) do departamento de ciencias sociais da UNESCO e embaixadora do seu país en India (1956-1961). Elixida senadora en 1962, foi ministra do goberno sueco en cuestións de desarme (1966-1973). Durante a década de 1960 formou parte de diferentes comités internacionais da ONU. Escribiu War, Weapons and Everyday Violence (1977). Compartiu o Premio Nobel da Paz con Alfonso García Robles (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de carbonilación de fenois que se leva a cabo refluíndo solucións alcalinas de fenois en cloroformo, dando lugar a o-hidroxibenzaldehidos.
-
PERSOEIRO
Trobador. De probable orixe portuguesa, segundo a súa colocación nos cancioneiros da Biblioteca Nacional e da Vaticana a carón doutros autores lusos, e nomeado nun documento de 1288, de Porto, en que aparece nunha repartición de bens. Activo no derradeiro cuarto do s XIII, só se conserva a súa cantiga de amigo “Foste’-vos vós, meu amigo d’aqui”, que destaca pola súa estrutura métrica e o tema desenvolvido -a infracción do amante ás regras do servizo de amor-, e sobre todo polo aspecto léxico, tal e como testemuñan algúns termos provenzais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, político e etnógrafo. Doutor en Medicina (1960), especializouse no aparato dixestivo. Presidiu a comisión encargada da redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia, coñecido como Estatuto dos 16, e foi alcalde da Estrada. Realizou estudos etnográficos, artísticos e históricos sobre o concello da Estrada e o seu contorno, dos que destacan Guía turística de La Estrada (1976), Marcas de canteiros de la desaparecida Torre de la Barreira (1976), Cruceiros e cruces no nordeste da provincia de Pontevedra (1985, premio de investigación da Deputación de Pontevedra 1981), Un médico na aldea (1992) e, con J. Espiño Matos e M. Sinde Lema, El camino de Santiago por el sudeste (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada desde 1996 co obxectivo de contribuír ao fomento e difusión da lectura. O premio outórgase ao mellor traballo publicado en lingua galega en calquera dos medios de comunicación escritos segundo un tema proposto en cada convocatoria.
-
-
Acción e efecto de reimplantar.
-
Restitución dun tecido ou dunha parte orgánica ao lugar de onde foran extraídos.
-
-
-
Implantar de novo.
-
Levar a cabo unha reimplantación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reimportar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de reimpoñer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de reimpoñer ou reimpor.
-
-
Acción e efecto de reimprimir.
-
Nova impresión dunha obra xa editada, sen modificacións importantes e coa mesma composición tipográfica.
-
Conxunto de exemplares que se reimprimen dunha soa vez.
-
-
-
olver imprimir.
-
olver publicar tipograficamente unha obra sen correccións importantes.
-
-
CIDADES
Cidade do departamento de Marne, Champagne-Ardenas, Francia, situada á beira do río Vesle, afluente do Aisne, e do canal Marne-Aisne (187.206 h [1999]). Xunto con Épernay é o centro industrial do distrito champañés e dispón dun dos portos fluviais máis importantes de Francia, onde destaca a industria do champaña, a de montaxe de automóbiles, a de equipamento aeronáutico, a alimentaria e a da confección. Capital da tribo gala dos remi, os romanos chamárona Durocortorum. Foi sé episcopal a partir do s III e, devastada polos vándalos e os hunos, foi reconstruída polos francos. A importancia estratéxica do seu emprazamento concedeulle desde sempre unha grande importancia militar. Alí foi asinada a rendición alemá ao final da Segunda Guerra Mundial (1945). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral gótica, construída sobre unha antiga basílica do s IX e que destaca pola súa profusa decoración escultórica. Tivo que ser reconstruída despois da Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ensaísta. Colaborador de diversas publicacións periódicas, publicou os ensaios Trebón, de Cotarelo Valledor (1984), M. Leiras Pulpeiro: Poesía Galega Completa (1984) e Costumes antigos da Galiza (1998). Ademais, traduciu ao galego os cómics de Mafalda (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso VII.