"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Bazo dos animais vertebrados, en especial do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Morgadáns (Gondomar). O seu cumio acada os 583 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea perenne, de ata 1,30 m de altura, que presenta as follas lanceoladas e dispostas en verticilos e as flores de cor rosácea, cunha parte do labio abolado e de cor amarela, dispostas en acios terminais. Teñen un esporón de gran tamaño e o froito disposto en cápsula. Florecen entre xuño e setembro en toda Galicia.

    2. herba dos pitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudou xurisprudencia en Boloña e exerceu como xurista na Real Audiencia da Coruña. Presidiu o Consello de Castela. Foi bispo de Pati (Sicilia, 1568) e Córdoba (1582-1586), inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, e cóengo doutoral de Tui. Fundou o seminario conciliar de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade contaxiosa, epidémica e hereditaria do verme de seda, causada polo esporozoo Nosema bombicys, que se caracteriza pola atrofia e a irregularidade da medida dos vermes que a padecen e pola aparición de manchiñas na epiderme, que se van estendendo ata matalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Torno (Lobios). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre as praias de Caldebarcos e San Mamede, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Ourille, entre Orga e Mourillós (Celanova). Construíuse durante o s XVII en cantaría e presenta un único van. Sitúase no Camiño Real que levaba de Celanova a Allariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cornanda (Brión). O seu cumio acada os 519 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico francés da arte. Coñecido como le Viateur ou Peregrinus Viator, foi cóengo e escribiu De Artificiali Perspectiva (1505), unha obra desde a que difundiu os principios de perspectiva italianos enriquecidos cos procedementos empíricos da tradición nórdica. Supuxo a primeira exposición do método dos puntos de distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide opticamente activo, tamén chamado punicina, que está na casca do granadillo. Os seus sales empréganse en medicina como antihelmíntico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico arxentino. Fundador en 1926 do primeiro grupo surrealista hispanoamericano, impulsou o lanzamento das revistas Qué (1928-1930), Ciclo (1948) e A partir de cero (1950). Relacionado con André Breton, elaborou en 1961 unha importante antoloxía da poesía surrealista. Publicou El muro secreto (1949), Construción de la destrución (1957) e Antología de la poesía viva latinoamericana (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista italiano. Profesor das universidades de Palermo, Trieste e Padua, o seu campo de investigación centrouse nas variedades véneta, friulana e ladina. Dirixiu o Atlante storico-linguistico-etnografico friulano (1972-1984) e das súas obras destacan Appunti di grammatica storica del provenzale (1965), Gli arabisme nelle lingue neolatine con speciale riguardo all’Italia (1972), Saggi di linguistica italiana (1975), Studi di dialettologia e filologia veneta (1977) e diversos artigos de balcanística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Estudou en Turín e foi lector de italiano en Heidelberg (1925-1939), onde profundou no estudo dos poetas galego-portugueses. Interesouse pola historia da literatura portuguesa, sobre todo pola figura de Luis Vaz de Camões, e pola lírica galego--portuguesa e foi un destacado dantista, sobre quen versou a súa tese. As súas investigacións foron fundamentais para a elaboración científica e para o desenvolvemento dos estudos de poesía ibérica medieval. En 1927 publicou Don Denis, unha selección de textos de don Denís con tradución italiana. Ao ano seguinte publicou a edición crítica de cincuenta composicións en Auswahl altportugiesischer Lieder e tamén neste ano realizou a edición diplomática de “I Lais portoghesi del codice vaticano”, en Archivum romanicum. Tamén é fundamental o seu Repertorio bibliografico, as edicións críticas de poesías afonsinas e Il canzoniere di D. Lopo Liáns (1964). Traduciu ao italiano Os Lusíadas (1934) e elaborou unha antoloxía da lírica de Camões (Liriche...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción ósea semilunar que se produce na parte superior do ligamento lateral interno do xeonllo, debida a un traumatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide opticamente activo que se localiza na casca do granadillo. Os seus sales empréganse en medicina como antihelmíntico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pentacrinoides.

    2. Equinodermo da antiga orde dos pentacrinoides.

    3. Antiga orde de equinodermos que agrupaba os crinoides, de corpo caliciforme e con cinco brazos multiarticulados, fixados ao substrato por un pedúnculo.

    VER O DETALLE DO TERMO