"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente ao escurantismo.

    2. Persoa que é partidaria ou que practica o escurantismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. En 1915 contactou en Leningrado co movemento simbolista e co poeta A. A. Blok, e en 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística e pesimista da sociedade. Da súa produción destaca Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān homónimo, Irán, na marxe esquerda do río Zāyandeh (1.266.072 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, sobre todo os cultivos de algodón, tabaco e cereais. Tamén son importantes as industrias téxtiles e o mercado de produtos gandeiros. De orixe antiga, foi un dos maiores centros culturais de Oriente. Do seu patrimonio cultural destacan as mesquitas de Masjid-i-Shah (s XVII) e do Imām.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán, situado no centro do país, nunha chaira moi fértil (104.650 km2; 3.923.255 h [1996]). A capital é Esfahān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esfargallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello composto esencialmente dun manómetro de aire ou de columna de mercurio, destinado a medir a presión arterial. O fundamento do método consiste en equilibrar cunha presión de valor coñecido a presión sanguínea da arteria explorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apertar fortemente a gorxa de alguén ata lle producir un afogo ou a morte.

    2. Quedar unha persoa ou un animal coa gorxa obstruída por causa de algo que inxeriu.

    3. Morrer unha persoa ou animal pola asfixia que se causa ao apertar fortemente a gorxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convulsión leve ou momentánea de tose causada polo fume, pola comida, polo inicio dun catarro ou por calquera outra causa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper ou facer anacos unha tea ou unha peza de roupa.

    2. Rifar fortemente dúas persoas.

    3. Producir rabuñaduras na pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Esgos. Construída no s XVI, ten planta de cruz latina. No interior destaca o retablo maior composto por tres corpos con fornelas que acollen as diversas imaxes, entre as que destaca a da Virxe. A fachada ten unha porta de arco de medio punto coa moldura de baqueta grosa e, sobre ela, un óculo. O conxunto remata cunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Granada e doutor cunha tese sobre historia medieval (1983). Destacado historiador, ensaísta, tradutor e colaborador en revistas especializadas e prensa. Da súa produción sobresae En busca del unicornio (Premio Planeta 1987), Statio Orbis (1995), Amor y sexo en la antigua Grecia (1997), Tumbaollas y hambrientos (1998), Señorita (Premio Fernando Lara 1998 e Premio Andalucía de la Crítica 1999) e Escuela y prisiones de Vicentito González (2000). En 1989 recibiu a Medalla de Prata de Andalucía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Vicerrei de Nova Granada (1740-1748), defendeu Cartagena de Indias do asedio da armada británica (1741), feito que lle valeu o título de marqués da Real Defensa. Tralo seu regreso a España, foi capitán xeneral de Andalucía (1750), director de infantería (1750-1753) e secretario de guerra (1754-1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está desfalecido, abatido e sen ánimos para facer nada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esparexer ou estender a herba polo campo ou prado despois de segala.

    2. Desfacerse ou descomporse unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Santiago de Requeixo (Chantada). Construída no s XVIII, ten unha soa nave. O presbiterio cóbrese cunha falsa bóveda e o arco triunfal é semicircular. No interior conserva retablos neoclásicos do s XIX. A fachada, reformada despois da súa construción, ten unha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Realizou estudios musicais en Bos Aires e despois en París, Madrid, Viena e Nápoles. Regresou a Arxentina e especializouse como pianista. En 1860 creou a versión do himno nacional de Arxentina. É autor de misas, himnos, sinfonías, pezas para piano e cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad de Madrid. Entre 1881 e 1892 foi enviado a Cuba como médico militar e foi membro do Centro Galego de La Habana. Colaborou, entre outras publicacións, en Ilustración Gallega y Asturiana, Revista Gallega e Nuevo Támega, e na fundación de El Eco de Galicia con Waldo Álvarez Insúa (1878). En 1877 recibiu a Cruz Vermella de Primeira Clase ao Mérito Naval, en recompensa aos servicios prestados no desembarco de Cinco Villas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Campanario formado por unha parede que sobresae do tellado na fachada dunha igrexa e que adoita rematar nun frontispicio. Dispón dun ou de varios vans que acollen as campás.

      1. Denominación popular que reciben os macrófitos de follas longas e apuntadas dos xéneros Typha e Iris.

      2. Calquera planta coas follas en forma de espada.

    VER O DETALLE DO TERMO