"Ada" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de inadaptable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é adaptable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación en que o individuo non se adapta ao propio ambiente (físico, social ou profesional), ben por falta de harmonía entre os diferentes elementos da súa personalidade ou por incapacidade para modificar a realidade segundo as propias necesidades. Adoita ir acompañada de trastornos afectivos e de conflitos ambientais, que poden producir problemas de conduta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non se adapta a unhas determinadas circunstancias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cebar con incuado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de carácter mariolóxico, procedente do adxectivo latino inmaculata (in- + macŭla ‘mancha, falta’). Ten os hipocorísticos Inma e Adiña. O catolicismo aplicoulle este nome a María, en alusión á súa virxindade (‘sen mancha, sen pecado’), co gallo da celebración da Inmaculada Concepción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade celebrada o 8 de decembro para conmemorar a crenza de que María, en virtude da graza preventiva de Xesús Cristo, fora preservada do pecado orixinal desde o instante en que foi concibida. Sen testemuño explícito na Biblia, esta doutrina foi aprobada por Sisto IV (1476) e definida como dogma de fe por Pío IX (8.12.1854) na bula Ineffabilis Deus, tras moitos séculos de discusións teolóxicas e despois dunha tradición piadosa popular ben asentada en España desde o s XVII. Non obstante , grandes teólogos, como san Bernaldo de Claraval, santo Alberte o Magno, san Boaventura, san Tomé de Aquino e, posteriormente, a escola dominicana, de acordo co principio da universalidade do pecado orixinal, opuxéronse a esta doutrina; os seus principais defensores foron os franciscanos. De raizame oriental, a celebración nace no s VIII en ambientes bizantinos e do Mediterráneo pasou a Irlanda; no arquivo da catedral compostelá xa se documenta en 1262. Daquela festexaba a concepción...
-
-
Engano ou broma que se lle fai a alguén, especialmente o vinte e oito de decembro.
-
Acción ou dito propio dunha persoa inxenua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección popular palestina, iniciada en 1987 contra a ocupación israelí dos territorios de Gaza e Cisxordania. Os acordos de paz asinados en 1993 non significaron, sen embargo, o cesamento dos enfrontamentos entre israelís e palestinos. Estas tensións deron lugar ao que se denominou a “segunda intifada” en 1997 e a “terceira intifada” en 2000.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tempo rigoroso que dura varios días, en especial no inverno.
-
GALICIA
Escritora. Relacionada con diversos membros da Igrexa, como Diego A. Cernadas Castro, cura de Fruíme, encargouse da ordenación e publicación das obras do seu irmán o Padre Isla. Malia que destruíu a maior parte da súa obra, sábese que escribiu unha biografía sobre o cura de Fruíme, sen asinar, e outra sobre o Padre Isla, publicada co pseudónimo J. I. de Salas. Ademais, compuxo o canto heroico de temática sentimental Despedida de Lydia y Armindo e un romance humorístico en galego dedicado ao cura de Fruíme.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á curva que une puntos co mesmo grao de metamorfismo.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e político. Bispo de Osma (1208) e arcebispo de Toledo (1209), interveu na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212). Escribiu a obra histórica De rebus Hispaniae ou Historia ghotica, coñecida tamén como Crónica del Toledano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Curva pechada que está formada por un conxunto de puntos que é homeomorfo cunha circunferencia. Intuitivamente é o resultado de deformar unha circunferencia elástica sen rompela e sen que coincidan dous dos seus puntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra de teatro, organizada polos integrantes da compañía Esperpento Teatro Joven e dirixida por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, que contaba co apoio financeiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Entre 1972 e 1977 por Vigo pasaron compañías de teatro independente, como Aquelarre, Els Joglars, Els Comediants, Esperpento de Sevilla, Teatro de la Ribera, Caterva, TEI de Madrid, PTV de València, Ditirambo ou Teatro del Mediodía. A Mostra complementábase con seminarios de formación, coloquios e conferencias. A súa desaparición estivo motivada pola oposición do movemento nacionalista galego ao uso do castelán como idioma de representación dos espectáculos.
-
REXIÓNS
Rexión de Somalia (23.000 km2; 147.800 h [estim 1980]). A súa capital é Bu’aale.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Somalia (61.000 km2; 272.400 h [estim 1980]). A súa capital é Cisimayu (17. 872 h [1964]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político húngaro. Membro do partido comunista desde 1932 e secretario xeral do comité central desde 1943, converteuse en xefe de goberno, trala intervención en Hungría do exército soviético (1956-1958). Foi novamente primeiro ministro en 1961-1965 e secretario xeral do partido en 1956-1988. Flexibilizou a economía e promoveu a liberalización política e cultural. A crise económica da década de 1980 fixo diminuír sensiblemente a súa popularidade e levou á súa destitución (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor albanés. Estudiou na facultade de Letras de Tirana e na Universidade de Moscova. Convertido nun dos novelistas máis destacados da literatura albanesa, cultivou unha narrativa de contornos metafóricos, onde están sempre presentes a fantasía, a historia e a crítica de orde estalinista. Do conxunto da súa obra cómpre destacar: O xeneral do exército morto (1963), Os tambores da chuvia (1970), O gran inverno (1972) e O novembro dunha capital (1975).
VER O DETALLE DO TERMO