"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • CIDADES

    Cidade do kraj de Primorje, Rusia (161.000 h [1997]). Situada á beira do río Sujfun, ten industria lixeira, alimentaria e metalúrxica. Chamada antigamente Nikolsk-Ussurijskij, de 1935 a 1957 coñeceuse como Vorošilov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado ao N de Viladecavalls (3.173 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na illa de Mallorca, Illes Balears (1.708 h [2001]). A agricultura e a gandaría son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos lepidópteros, da familia dos ninfálidos, que inclúe bolboretas diúrnas que se caracterizan por ter as ás festonadas e de cores vistosas, corpo robusto e antenas en forma de maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Padovanino, estableceuse en Venecia, onde despregou unha ampla actividade cunha obra que recobraba as tradicións locais e exaltaba a cor. Das súas obras destacan Nozze di Cana (1622) e Giuditta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores franceses. François-Antoine Vassé (Toulon 1681-París 1736) traballou en Versailles, na casa do concello de Toulouse e en Notre-Dame de París. O seu fillo Louis-Claude Vassé (París 1716-1772) fixo, entre outras obras, o mausoleo de Estanislau I de Polonia, na igrexa de Notre-Dame-de-Bon-Secours, de Nancy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asalos do rei, en época carolinxia, ao que prestaban homenaxe e con quen quedaban ligados polo xuramento de fidelidade. En contrapartida recibían un beneficio ou concesión territorial. Adoitaban exercer funcións administrativas e misións políticas de responsabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista cinético grego. Coñecido como Takis, creou as antiesculturas-máquinas. Iniciou as súas esculturas telemagnéticas en 1959, que culminaron nos Ballets magnéticos de 1961. A partir de 1966 a súa investigación levouno a crear os Sinais luminosos. Publicou en 1966 a autobiografía Estafilades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Rhône, Francia (56.061 h [1999]). Situada á beira esquerda do Ródano, ao S de Lyon, ten industrias metalúrxicas, téxtiles, químicas e eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Piemonte, Italia (2.255 km2; 158.999 h [2001]). A capital é Verbania (30.079 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor brasileiro. Autodidacta, estreouse en 1932 co volume de contos Fantoches. A obra coa que acadou máis sona foi O Tempo e o Vento (1943-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Hungría, situada ao O de Budapest, onde en 1963 foi descuberto un xacemento arqueolóxico correspondente á glaciación Mindel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Os seus estudos centráronse na iatroquímica e na anatomía, e realizou descubrimentos morfolóxicos, como a válvula de Vieussens. En 1685 publicou Neurologia Universalis

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (7.904 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (17.369 h [2001]). Destaca a floricultura, e os cultivos de hortalizas e patacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ecumenista holandés. Primeiro secretario do Consello Ecuménico das Igrexas (1948-1966) e membro da comisión de Fe e Constitución, publicou diversas obras sobre ecumenismo e teoloxía calvinista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e decorador, Formouse en Venecia no obradoiro de Il Sansovino. Traballou con Palladio e con Il Veronese en obras de ornamentación como en Villa Barbaro en Maser (1565). De estilo manierista elegante e refinado, das súas obras destaca San Girolamo, en Santa Maria dei Frari en Venecia (1569).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Investigou no campo da electricidade e inventou o electróforo (1775). Entre 1776 e 1778 dedicouse á química e descubriu e illou o metano. En 1800, a partir das observacións de Galvani sobre a electricidade animal, construíu a primeira pila eléctrica (pila voltaica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e tradutor alemán. Da súa produción destacan os poemas idílicos, sobre todo Luise (1795), e as traducións de autores clásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO