"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que se emprega na nomenclatura química inorgánica para indicar as proporcións relativas dos elementos ou grupos constituíntes dunha substancia. Consiste no uso de cifras romanas, referidas ao estado de oxidación dos elementos, situadas entre parénteses a continuación dos nomes destes, como, por exemplo: FeCl2 (cloruro de ferro (II)).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos automóbiles de serie provistos de diversos dispositivos de seguridade que se utilizan en competicións deportivas de velocidade en pista, en que se permite toda clase de estrataxemas (mesmo colisións) entre vehículos.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Orientouse cara ao serialismo e posteriormente cara á música electrónica. Das súas obras destacan a serie das Klavierstücke (I-XI) (1952-1956), Kontakte (1959-1960), para piano, percusión e música electrónica, Mantra (1970), para dous pianos e música electrónica, e Harlekin (1975), para clarinete.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de Manchester, Inglaterra, Reino Unido, situada preto do Mersey e a 8 km de Manchester (284.528 h [2001]). Pertence á zona industrial de Lancashire.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade e porto do estado de California, EE UU, situada ao fondo do esteiro do río San Joaquin, ao S de Sacramento (243.771 h [2000]). A súa industria baséase na transformación dos produtos do campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (204 km2; 178.408 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Khêt de Camboxa (11.092 km2 ; 81.074 [1998]). A súa capital é Stŏeng Trêng (3.431 h [1962]).
-
PERSOEIRO
Político serbio. Deputado e fundador da Unión Radical, foi ministro de Finanzas (1922-1926 e 1934) e primeiro ministro de Iugoslavia (1935-1938). Practicou unha política de aproximación aos países do Eixe e asinou tratados con Italia (1937) e Alemaña (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político búlgaro. Evolucionou desde o simbolismo, con obras como Mec i Slovo (A espada e a palabra, 1917), Sv’ataja sv’atykh (Sancta Sanctorum, 1922), ao realismo, despois da Revolución de Outubro, en Miloserdije Marsa (A misericordia de Marta, 1923) e ao pacifismo en Bič božij (O azoute de Deus, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, (93 km2; 240.636 h [2001])
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Bram Stoker, foi crítico teatral e representante do actor Henry Irving, co que dirixiu o Lyceum Theatre de Londres. A súa produción narrativa, na tradición da novela gótica, é moi abundante, aínda que a súa obra máis coñecida é Dracula (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abraham Stoker.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade fundamental de viscosidade cinemática do sistema CGS, que equivale a 1 cm2 /s.
-
PERSOEIRO
Matemático e físico irlandés. Como físico estudou a dinámica dos fluídos e investigou a fluorescencia e a difracción da luz, e estableceu a primeira e segunda lei de Stokes. Como matemático formulou un teorema sobre as integrais de superficie (1849) e estudou a converxencia das series.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei sobre os fluídos viscosos, enunciada por Stokes en 1845, que afirma que cando unha esfera de raio r se atopa en movemento relativo de velocidade v no seo dun fluído de viscosidade dinámica ç, aparece sobre ela unha forza que se opón ao movemento, que vale G = 6·ð·ç·r·v (fórmula de Stokes). OBS: Tamén se denomina ecuación de Stokes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei sobre a emisión da luz das substancias fluorescentes, enunciada por Stokes en 1853, que di que a frecuencia da radiación emitida por unha substancia fluorescente é igual ou menor que a que a excita. É unha consecuencia do principio de conservación da enerxía.
-
ENTRADA LARGA
Teorema segundo o que, dada unha rexión R, con fronteira C e superficie S, en que se dan certas condicións de regularidade, se verifica que
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO
onde F é un campo vectorial sobre R. -
PERSOEIRO
Médico. Fixo numerosas investigacións anatómicas sobre o uso do opio ou do estetoscopio e describiu diversas enfermidades, como a que investigou con Robert Adams, denominada síndrome de Stokes-Adams. Escribiu The Diseases of the Heart and the Aorta (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síncope cardíaca de causa eléctrica, de carácter transitorio ou definitivo, que provoca unha perda súbita de consciencia, que pode cursar con convulsións e, ás veces, con afectación cerebral grave. Foi descrita polos médicos irlandeses William Stokes e Robert Adams. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Adams-Stokes.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra. Formado en Londres e en Oxford, naturalizouse estadounidense. Dirixiu a orquestra de Philadelphia (1912-1936), a NBC Symphony Orchestra (1941-1944), a Orquestra Filharmónica de Nova York (1949-1950) e compuxo numerosas bandas sonoras.
VER O DETALLE DO TERMO