"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen exercita, especialmente aplicado a quen fai exercicios espirituais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou o que exfolia. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ordenación xurídica dos Estados Pontificios coñecidas tamén co nome de Liber Constitutionum sanctae Matris Ecclesiaem que foron promulgadas no Parlamento Xeral de Fano, nas Marcas, polo cardeal Gil Álvarez de Albornoz entre abril e maio de 1357. Formadas por seis libros, conteñen un código penal e civil. Permaneceron en vigor nos Estados Pontificios ata 1816.
-
FILOSOFOS
Filósofo escolástico. Coñecido como Exidio Colonna e Gil de Roma, foi membro da orde dos eremitas de santo Agostiño. Alumno de san Tomé de Aquino en París (1269-1272), foi profesor na Universidade da Sorbonne (1285-1295). Foi preceptor de Filipe IV de Francia e vigairo xeral dos agostiños (1292-1259) antes do seu nomeamento como bispo de Bourges en 1296. Seguidor das ideas tomistas, distanciouse do seu mestre ao afirmar que a existencia de Deus é evidente por si mesma e a separación entre esencia e existencia. Das súas obras destacan De ecclesiastica potestate, De regimine principum e Egidii Romani in libros de physico auditu Aristotelis commentaria accuratissime emendata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de exorbitante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que sobrepasa os límites do permitido ou razoable, especialmente referido a cousas físicas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Facer que algo, especialmente un fluído, aumente de volume ou se dilate.
-
Facer que algo se estenda e ocupe máis espacio.
-
Facer que algo chegue a máis xente ou a máis lugares.
-
Aumentar de volume algo, especialmente un fluído.
-
Ir a máis ou ocupar algo máis espacio.
-
Chegar algo a máis xente ou a máis lugares.
-
Desafogarse alguén expresando sentimentos ou pensamentos íntimos.
-
Gozar de distraccións e divertimentos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de expansible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode expandir.
-
-
-
Aumento do volume que experimenta un fluído ao diminuír a presión que soporta. A expansión é reversible se se produce mediante variacións infinitesimais de presión; entón o sistema pasa por todos os estados de equilibrio sucesivos.
-
Aumento de volume que acompaña a combustión, no terceiro tempo do ciclo dun motor de combustión interna. A forza de expansión dos gases producidos na combustión é o que obriga os pistóns a moverse efectuando o traballo útil do motor.
-
expansión do Universo
Hipótese dunha expansión evolutiva do Universo, que deriva do modelo do Big Bang e que está sustentada pola observación da recesión das galaxias. Foi proposta por E. Hubble en 1929. A confirmación de que o Universo experimenta esta expansión depende da medida da densidade de materia e se o Universo é aberto ou pechado.
-
expansión dos fondos oceánicos
Aumento da superficie dos fondos oceánicos pola saída de materiais magmáticos profundos a través das dorsais oceánicas, que se incorpora á codia oceánica. A achega de novos materiais provoca que os continentes se separen. Como o diámetro da Terra non aumenta, a formación de codia oceánica compénsase por unha destrución de litosfera nas zonas de subdución.
-
-
Manifestación ou exteriorización dalgún sentimento ou pensamento íntimo.
-
Actividade de recreo ou distracción.
-
-
Fase do ciclo económico caracterizada pola tendencia alcista dos prezos, investimentos, emprego, renda e consumo.
-
expansión comercial
Crecemento da actividade económica dunha empresa grazas a unha maior diversificación da gama de produtos e dos servicios que ofrece.
-
-
...
-
-
DIARIOS
Diario económico fundado en Madrid en maio de 1986 polo Grupo Recoletos. Editado por Jesús Martínez Vázquez e dirixido por Miguel Ángel Belloso Blázquez, inclúe información relativa ás empresas, ás finanzas e aos mercados. Ofrece datos de actualidade da industria nacional e internacional, e formula proxectos de investimentos. Na fin de semana inclúe o suplemento Expansión y Empleo, onde se analiza o mundo laboral, ademais doutra separata con seccións de ocio e cultura. Publica tamén unha revista económica mensual titulada Fuera de Serie. En febreiro de 2001 puxo en marcha unha edición especial dedicada a Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia dun Estado á expansión política, económica ou territorial, en detrimento doutros estados ou pobos, que permanecen submisos, ou polo menos, influenciados por aquel.
-
-
Relativo ou pertencente ao expansionismo.
-
Que ou quen é partidario do expansionismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á expansión.
-
Que ou quen tende á expansión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto electrónico que, contrariamente ao compresor, aumenta a dinámica dun sinal. Aumenta, por tanto, os niveis altos e diminúe os niveis baixos; utilízase para compensar o efecto do compresor.
-
-
Que espera con atención, tensión ou curiosidade.
-
Que implica ou denota expectación.
-
Dito do feito, da cousa, da obriga ou do dereito de que se ten coñecemento como futuro, con certeza ou non.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a cada unha das substancias medicamentosas que provocan un aumento da expectoración por licuefación da secreción bronquial (secretolíticos) ou por estimulación dos fenómenos de transporte da mucosa bronquial (secretomotóricos).
-
VER O DETALLE DO TERMO
iaxe dun príncipe xermánico a Roma para ser coroado rei dos romanos. Xeralmente, e debido aos continuos enfrontamentos entre a curia romana e os príncipes do Sacro Imperio Xermánico, ía acompañado dunha demostración de carácter militar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que expira.
-
-
Acción e efecto de explanar.
-
Acción de poñer plano un terreo por medios mecánicos, eliminando as súas irregularidades. Se se moven grandes cantidades de terra moi dura ou se o terreo é moi rochoso, empréganse explosivos e máquinas perforadoras; para o movemento e a preparación do terreo procédese á escavación, nivelación e escarificación. O acabado da superficie conséguese mediante máquinas aplanadoras e apisoadoras.
-