"Aïr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
-
-
Moverse unha cousa cunha traxectoria de arriba a abaixo a causa do seu propio peso.
-
Ir bater unha persoa ou cousa no chan ou noutra superficie que o deteña a causa dunha perda de equilibrio. OBS: A construción sintáctica formada polo verbo caer mais a preposición de mais un substantivo referido a unha parte do corpo (fociños, costas, cu, etc) significa ‘bater esa parte que se nomea contra unha superficie firme’.
-
Separarse algunha cousa daquilo ao que estaba adherida ou suxeita.
-
Ceder á acción da gravidade un obxecto suspendido sen desprenderse nin chegar ao chan.
-
-
-
Coincidir un acontecemento cun período de tempo.
-
Coincidir un día do mes cun día da semana. OBS: Con este significado sempre vai seguido da preposición en.
-
-
Ter algunha cousa un resultado ou unha consecuencia dunha forma determinada. OBS: Emprégase frecuentemente cos adverbios ben e mal.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corda feita co cairo utilizada en varias artes de pesca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben certos dípteros de femias hematófagas.
-
-
-
Fita colgante que se utiliza como adorno das prendas de vestir.
-
Fita de coiro cosida ao redor da abertura dun zapato.
-
-
Listón de madeira situado no exterior da borda dunha embarcación pesqueira e que forma a parte máis alta do costado.
-
Festón colgante, ás veces calado, usado como motivo ornamental en arquitectura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás aves que teñen poucas plumas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Túmulo funerario megalítico irlandés de forma preferentemente circular que pode ter distintas dimensións. Os mellores exemplos apareceron no val de Boyne. Tres son os monumentos que destacan pola súa grandiosidade. O máis espectacular é o cairn de Newgrange, un túmulo de 90 m de diámetro e case 13 m de altura construído cara ao 2500 a C. Está rodeado por un círculo de menhires e cuberto por grandes lousas colocadas horizontalmente. O segundo cairn en importancia é o túmulo de Dowth, que consta de tres dolmens orientados cara ao oeste. O principal dolmen de galería é de planta cruciforme con dúas cámaras laterais. O teito está formado por grandes lousas. A súa datación é similar á do anterior. Por último, o cairn de Knowth está formado por varios dolmens de corredor con grandes lousas decoradas. Precisamente é a decoración destes monumentos o que máis chama a atención, xa que presentan deseños con forma espiral, moi semellantes aos dos petroglifos galegos, formando...
-
PERSOEIRO
Economista. Seguidor das doutrinas económicas de David Ricardo, está considerado como o derradeiro economista clásico. Atacou a formulación marxinalista de W. Stanley Jevons e enfrontouse ao pensamento de John Stuart Mill e Nassau William Senior. Foi autor, entre outras obras, de The Character and Logical Method of Political Economy (O carácter e método lóxico da economía política, 1857) e Some Leading Principles of Political Economy (Algúns principios rectores de economía política, 1874), onde pretendeu reformar a teoría do fondo de salario.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada un dos dentes, catro en total, situados entre o último incisivo e o primeiro molar que na maior parte dos mamíferos rematan en punta.
-
Dente que sobresae do resto por ser de maior tamaño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de chuvia con vento de pouca duración que se repite con frecuencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filamento forte, obtido da cortiza do coco, co que se fai a caira, cordas, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á galiña ou ao polo que ten poucas plumas ou pouca cola.
-
PERSOEIRO
Escultor e retratista. Na súa obra segue modelos clásicos gregos e renacentistas, especialmente a Donatello e Michelangelo Buonarroti. Entre as súas obras destacan Alegoría e o monumento a Pep Ventura (1971-1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cidade e capital de Exipto. Forma unha mu ḥ afā ẓ a propia (214 km2; 6.789.479 h [1996]). É a cidade máis grande de África. Está situada ao S do delta do Nilo, ao pé dos montes Al-Muqa ṭṭ an. Divídese en tres partes, O Cairo propiamente dito, formado polos barrios máis europeos, o Vello Cairo, coa illa de Roda e o arrabal de Būlāq. Destacan os portos fluviais utilizados para o comercio de Raw ḋ -al-Fara ǧ , Būlāq e A ṭṭ ār al-Nabī. É o núcleo industrial máis importante do país (siderurxia, téxtil, manufacturas, tabaco, cacao, químicas e industrias alimentarias). Desenvolveuse sobre as antigas canles e estendeusese cara ao N e O. O Cairo é un centro de comunicacións ferroviarias entre o Delta e o Alto Exipto. A cidade fundouna en 969 o xeneral fatimita Al- Ǧ awhar. Coa chegada do califa Al-Mu´izz estableceuse aquí a capital e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vello’.
-
-
Relativo ou pertencente ao Cairo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Cairo.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Escola Nacional de Belas-Artes de Lisboa. Conservador dos palacios e monumentos nacionais, foi elixido presidente da Academia Nacional de Belas-Artes en 1980. Entre as súas obras destacan Serra da Estrela (1938) e Gente do Mar (1940). Publicou, entre outros libros: A escultura em Mafra (1950), Novas revelações para a história do Barroco em Portugal (1965) e A basílica da Estrela (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro centro galego creado en América que se fundou o 27 de abril de 1879, presidido polo xornalista Manuel Vázquez Castro, os seus estatutos foron redactados por César Cisneros Luces, propietario do xornal El Gallego e presidente da directiva provincial. Tiña como obxectivo agrupar os galegos residentes en Bos Aires e mellorar as súas condicións de vida; entre os seus propósitos iniciais estaba a creación dunha caixa de aforros, bibliotecas e escolas, e a potenciación do desenvolvemento de actividades culturais. Desaparecido en 1892, volveu reabrirse o 2 de maio de 1907 coa presidencia de Antonio Varela Gómez. Converteuse no centro de referencia para outras institucións e asociacións nacidas en América, como A Terra (1917), a Irmandade Nazionalista Galega (1923), a Sociedade Nazionalista Galega Pondal (1925), a Institución Cultura Galega (1930) e a Organización Nacionalista Republicana Galega (ORGA). Despois da Guerra Civil converteuse nun lugar de refuxio dos políticos e intelectuais...
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi deputado na Asemblea Nacional Francesa. Influído polo surrealismo, publicou a partir do 1941 diversos poemas na revista Tropique, que el mesmo dirixía, e que se recolleron en Cahier d’un retour au pays natal (Caderno dun retorno ao país natal, 1943) e en Les armes miraculeuses (As armas milagrosas, 1946). En pezas teatrais como La tragédie du roi Christophe (A traxedia do rei Cristovo, 1963), incorporou elementos de raíz shakespeariana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Terreo practicamente sen desniveis e dunha certa extensión.
-
Coitela empregada polos zapateiros e zoqueiros para cortar o coiro e a sola dos zapatos.
-
ariña de aceiro cilíndrica usada para afiar ferramentas, especialmente coitelas.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘terra’.
-
-
MONTES
Monte da serra de San Mamede que serve de límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio), Gabín (concello de Montederramo) e Castro de Laza (concello de Laza). Situado no eixe axial da serra, o seu cumio acada os 1.507 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO