"Alonso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 177.
-
GALICIA
Actor, iluminador e director de escena. Iniciou a súa actividade profesional como actor en diversos grupos afeccionados de Vigo, onde tamén participou na creación de Esperpento, Teatro Joven, co que comezou a súa andaina como director e desde o que se promoveu a realización das Jornadas de Teatro. Entre 1974 e 1978 estivo en Madrid, onde participou na creación do grupo La Picota, co que dirixiu o espectáculo El señor Galíndez. En 1984 participou na posta en marcha do Centro Dramático Galego, e dirixiu o primeiro espectáculo da compañía, Woyzeck, para a que tamén realizou A noite vai como un río e A fiestra valdeira, actuando igualmente en traballos como Rosalía, A burla do galo e Daquel abrente. Desde 1995 a súa traxectoria profesional vinculouse á compañía Teatro do Atlántico, coa que dirixiu e actuou na maioría das producións, aínda que tamén colaborou como director noutras compañías, como Talía Teatro e Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, realizando espectáculos con textos de distintos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Iniciador do conceptismo, a súa obra, de fondo relixioso, manipula equívocos. Entre as súas publicacións destacan Conceptos espirituales (1600), Los juegos de la Noche Buena en cien enigmas (1611) e Epigramas e hieroglíficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Antropólogo e escritor. Coñecido como Florentino López Cuevillas, foi membro da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos. Formouse no Instituto de Ourense, onde recibiu as influencias do catedrático de Retórica e Poética Marcelo Macías. Ao rematar o bacharelato marchou a Santiago de Compostela, onde estudiou farmacia, e a Madrid. Na capital do Estado iniciou a carreira de Filosofía e Letras, unha licenciatura que non chegou a rematar, e comezou o seu labor profesional como funcionario do Ministerio da Gobernación. De regreso a Ourense compaxinou o seu labor político e investigador cun emprego na delegación de Facenda da súa vila natal. Os seus primeiros escritos políticos e literarios apareceron no periódico El Miño e posteriormente en La Centuria, con traballos de temática sociopolítica. 1920 é a data da fundación da revista Nós, na que participou moi directamente xunto con Vicente Risco, R. Otero Pedrayo e Castelao, entre outros. Alí editou o seu primeiro e máis destacado artigo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Lugo (1612-1624), desde onde impulsou as obras do seminario, fundado por L. Asensio Atedui. Para isto, adquiriu un xuro perpetuo sobre alcabalas reais e estivo rematado para acoller os seminaristas en 1624. Posteriormente foi bispo de Valladolid (1624-1627).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Iniciouse na música de xeito autodidacta, e compuxo a súa primeira obra Poema de réquiem (1979) con texto de Celso Emilio Ferreiro. Participou nos estudios de música electroacústica da Radio Finlandesa (1981) e da Academia de Música de Cracovia (1982). Dos premios que recibiu destacan o da Tribuna Internacional Gaudeamus (1981) por Polifonías I (1980-1981), o Cristóbal Halffter de Composición para Órgano (1983), por Afónica (1983), o da Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March por Souvenir nº I (1982), en 1983, e en 1984 por Adieux (1983), e o do Concurso de Composición da Joven Orquesta Nacional de España, (1984) por Nachtmusik III (1983). Taméndestacan as obras Viaje de Invierno (1980-1986) e Lubilaeum (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. De orixe galega, profesou no convento compostelán de San Domingos de Bonaval para despois ser electo como colexial no colexio de San Gregorio de Valladolid, do que tamén foi reitor (1522). Foi prior dos conventos de Palacios de Valduerna e Zamora, e predicador xeral da súa orde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deportista. Foi campioa de España de natación desde 1986 ata 1993 en 200 metros costas. Foi cuarta na Copa de Europa (Sabadell, 1989), participou no campionato do mundo en Perth (1991) e obtivo a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Acadou o grao de tenente xeneral e tomou parte no Pronunciamento do xeneral Sanjurjo (1932). Dirixiu a rebelión da Coruña e participou na campaña de Asturias, Teruel e na fronte de València, durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Foi xefe da Casa Militar do xeneral Franco, director xeral da Guardia Civil (1955-1957) e ministro do Exército (1962-1964) e do Aire (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alonso Marínez de Montánchez.
-
PERSOEIRO
Escultor barroco. A súa obra caracterizouse pola evolución desde o clasicismo cara ao realismo e o naturalismo. Realizou diversas imaxes da Inmaculada Concepción, das que destaca a que coroa o monumento Triunfo de la Inmaculada Concepción, en Granada, e o Cristo del Desamparo (1635) e o Santiago ecuestre (1640), para o retablo maior da catedral de Granada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Monroy, foi un dos fundadores do movemento artístico Atlántica (1980). Licenciado en Ciencias Económicas, iniciouse no mundo das artes de maneira autodidacta. Clasificado como expresionista puro, destacou polo emprego dun intenso cromatismo, cunha lixeira tendencia ao barroquismo e o trazo groso, rápido e nervioso, co que tendía a insinuar as formas. Nas súas pinturas advírtense as influencias da obra de Matisse e De Kooning, que coñeceu durante as súas viaxes a París (1974) e Nova York (1980). Destacan os lenzos Dous homes con peto (1981), Ventá (1982) e a serie Escribas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Coñecido como Alonso Martínez, foi mestre de Francisco de Moure. Desenvolveu a súa actividade en Ourense, onde se estableceu na última década do s XVI. Caracterizouse como un manierista pleno. As súas imaxes manifestaban o interese pola tridimensionalidade, pola representación real do vulto. Marcou as liñas e estableceu ritmos contrapostos, que deran sensación dun pregado en movemento. Identificouse como o autor do cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Montederramo, así como dos taboleiros decorativos do mesmo nos que se representaban imaxes do Antigo e do Novo Testamento. Foi o continuador do retablo de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior, que deixara sen rematar Juan de Angés o Mozo, e realizou gran parte das esculturas que rematan as reixas da catedral de Ourense. Destaca a imaxe da Virxe da Esperanza, que realizou para a catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. A súa obra Tres libros de música en cifra para vihuela (1546) comprende fantasías, pavanas, tientos, motetes, vilancicos, salmos, cancións e sonetos, escritos orixinariamente para viola ou transcritos de obras italianas, flamencas ou hispánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante. Participou nas viaxes colombinas e, xunto con Cristóbal Guerra, organizou unha expedición (1499) que percorreu a costa venezolana, a illa Margarita e Cumaná, onde intercambiou ouro e perlas cos indios, feito que converteu a súa expedición na máis frutífera da época. En 1500, ao volver á Península Ibérica, foi acusado de fraude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante e explorador. Participou na segunda expedición de Cristovo Colón como capitán dunha nave e destacou polos seus coñecementos militares e náuticos. En 1499 organizou unha viaxe para explorar as costas venezolanas e o N de Brasil. En 1502 fixo unha segunda expedición ao istmo de Panamá, pero fracasou e foi encarcerado temporalmente e, en 1505, volveu fallar, feito que non impediu que fose nomeado gobernador de Nueva Andalucía (Darién Oriental).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e místico. Monxe agostiño (1522), foi considerado o iniciador da literatura ascético--mística castelá. Destacan as súas obras Regla de vida cristiana (1542), Vergel de oración y monte de contemplación (1544), Memorial de amor santo (1545), Desposorio espiritual (1551), Las siete palabras que la Virgen Santísima Nuestra Señora habló (1556) e Historia de la suavidad de Dios y epistolario cristiano para todos los estados (1567).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e pintor. Despois de formarse en diversas cidades europeas, instalouse en Madrid onde, xunto con Reimundo Patiño, fundou o taller de gravado Redor e formou parte do grupo Estampa Popular Galega. Especializouse en varias técnicas, como a augaforte e as litografías. Na súa obra destaca a temática social e o interese por reflectir a natureza humana. Fundou tamén o Obradoiro da Sé (Monforte de Lemos, 1975). Da súa obra destaca A Emigración Galega (1964), Resistencia (1992), Rivus (1993), Castenatum (1998) e A ferida do amanecer (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista castelán. Foi o introdutor da obra de A. Smith e doutros clásicos, basicamente como tradutor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi catedrático de Teoloxía e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Despois trasladouse a Quito, onde o nomearon bispo, capitán xeneral e presidente da Audiencia de Quito. Durante o seu bispado creou numerosas fundacións e escribiu Itinerario para párrocos de Indias en que se tratan las materias más particulares tocantes a ellos para su buena administración (1596-1668).
VER O DETALLE DO TERMO