"Als" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • bálsamo de Tolú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • bálsamo de Opodeldoch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na costa de Baix Empordà (2.046 h [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de hortalizas, árbores froiteiras, cereais, millo, forraxe e viña. O turismo, de tipo residencial, favoreceu a industrialización, especialmente con empresas de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • peristaltismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Polonia (81.032 h [2000]). Foi sede (1577) do Tribunal Supremo de Polonia, de onde lle vén o nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (5.287 h [2001]). O terreo é chairo, dedicado á agricultura de regadío. O sector occidental está dominado pola laranxeira, mentres que a horta tradicional se dedica ao cultivo de hortalizas. Os servizos, en especial o turismo, ocupan unha gran parte da poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Foi director económico de The Economist (1967-1969) e alto funcionario do Fondo Monetario Internacional (1969-1973). Con Centristas de Catalunya-UCD, foi conseller d’Economia i Finances da Generalitat de Catalunya (1980), deputado no Parlament de Catalunya e ministro de Relacións coas Comunidades Europeas (1980-1981). Foi elixido deputado ás Cortes como independente en Convergència i Unió (1982-1983) e parlamentario europeo polo Centro Democrático y Social (1987-1994). Profesor no Institut Químic de Sarrià da Universitat Ramon Llull, especializouse en temas de impacto das novas tecnoloxías. Director do programa de TVE Redes, escribiu La salida de la crisis (1980), España sociedad cerrada, sociedad abierta (1982), La España impertinente (1986), Manual para sobrevivir en el siglo XXI (2000) e Cara a cara con la vida, la mente y el universo (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista. Nas súas instalacións amosou escenarios irrecoñecibles e suxestivos. No campo da fotografía ofreceu unha visión poética da súa cidade natal a partir de obras froito da exposición prolongada das súas cámaras manuais. Recibiu o III Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas coa fotografía Os teus lunares na miña cara e o I Concurso Anual de Fotografía Purificación García coa obra Sen Título, 2002 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e psicólogo inglés. Publicou The Todas (1906), History of Melanesian Society (1914) e Social Organization (1924), baseadas no seu traballo de campo. Tamén construíu unha teoría sobre o parentesco (Kinship an Social Organization, 1914) e interesouse pola psicanálise (Instinct and the Unconscious, 1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (8.489 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente no regadío, con cultivo de hortalizas e cítricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de diversos ingredientes e de consistencia líquida ou pastosa que adoita conter especias, herbas e outros condimentos, e que se emprega para acompañar un alimento ou como base para cociñalo.

      2. salsa rosa

        Salsa que se fai con maionesa e tomate fritido.

      3. salsa verde

        Salsa que se fai sobre todo con perexil e que se usa para acompañar especialmente peixes.

    1. Zume que bota a comida cociñada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Música de baile aparecida nas Antillas, nalgúns países de América Central e en determinadas colonias de inmigrantes destas rexións en EE UU. Está constituída pola fusión da samba, a rumba, o mambo e outras modalidades de música propias de América latina.

    2. Baile que se danza ao son desta música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente para servir a salsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Auga en forma de escuma ou de pingas moi finas que se produce ao bater as ondas do mar contra algo.

    2. Auga en pingas miúdas que levanta o vento da superficie do mar producindo unha néboa espesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao baile ou á música salsa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Sicilia, o máis longo da illa, que nace nos montes Madonie e tras un percorrido de 111 km, desemboca no mar de Sicilia, no S da illa, ao L de Licata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pequenos arbustos, da familia das quenopodiáceas, de follas filiformes ou semicilíndricas rematadas nunha espiña, flores hermafroditas con brácteas, periantio con 5 pezas, 5 estames, ovario súpero con 3 estigmas e froito en aquenio. En Galicia está presente a especie S. kali en zonas do litoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña, situada no Mar Báltico e fronte á illa de Rügen (73.100 h [1990]). Centro comercial e cultural, ten estaleiros, industrias alimentarias, conserveiras e mecánicas. Formou parte da Liga Hanseática. Cedida a Suecia en 1648, integrouse en Prusia en 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Colaborador da revista Dorna, publicou Historias da cidade do deserto (1988) e Paradise lost (1996), así como diversos relatos curtos en obras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista italiano. Foi discípulo de Malpighi, publicou importantes traballos sobre a anatomía do oído, coma De aure humana tractatus (1704), e sobre os vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO