"Arón" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 124.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, situado na rexión de Midi-Pyrénées (3.718 km2; 206.034 h [1999]). A súa capital é Montauban.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eixe central do arado de ferro ou do muíño.

    2. Barra dourada que está na parte dianteira da cociña de ferro.

    3. Corpo do rizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Foz baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romano. Estudou en Cremonium (Cremona), Mediolanum (Milán) e Roma (54 a C). Presentouse dentro dos ambientes máis ilustres como un campesiño fiel ás súas orixes, amigo da sinxeleza e da soidade, modesto e de espírito sensible, con certo pesimismo e simpatía que estendeu a toda a natureza. Parece ser que non sentía interese pola oratoria, pois prefería a compañía dos filósofos, como Platón, Pitágoras ou os epicúreos, e dos poetas. Pódese percibir a súa precocidade como poeta nalgunha peza da compilación coñecida como Appendix Vergiliana (título dado no s XVI ao conxunto das súas obras menores). Cara ao ano 48 a C trasladouse a Nápoles, preto do filósofo epicúreo Sirón. Ao morrer este, Virxilio volveu ao seu país nativo (44 a C), onde se relacionou con G. Asinio Polión. Tras a confiscación de terras decretada en favor dos veteranos de Octavio (43 e 40 a C), quedou sen as súas terras, abandonou a súa provincia e instalouse en Roma, onde xa se introducira no círculo de Mecenas...

    VER O DETALLE DO TERMO