"Aram" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 169.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tecidos que envolven o útero, especialmente os que están situados nos lados do colo deste órgano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda ou crónica do parametrio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de parametrizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer unha descrición paramétrica dun obxecto matemático, como unha curva ou unha superficie, xeralmente para facer máis simple o seu tratamento.
-
-
-
Constante arbitraria que pode presentar diferentes valores que caracterizan un membro particular dun sistema de expresións, funcións, curvas ou superficies.
-
Variable que permite expresar outras variables en función dela.
-
-
Cada unha das lonxitudes dos segmentos que unha cara dun cristal determina sobre os tres eixes cristalográficos. Cando se coñecen os valores dos parámetros dunha cara, esta queda totalmente determinada no espazo. Represéntanse por oa, ob e oc, que non se expresan normalmente en valor absoluto, senón en valor relativo, tomando o parámetro ob como unidade. Para abreviar, as relacións oa, ob e oc exprésanse coas letras a, b, c.
-
Coeficiente, aproximadamente constante, que caracteriza o funcionamento dun elemento ou dun dispositivo determinados e que intervén nas súas ecuacións características. Así, por exemplo, nun tubo electrónico considéranse tres parámetros: a resistencia interna, a transcondutancia e o factor de amplificación.
-
ariable que ten un valor fixo dentro dun sistema ou proceso completo, pero alterable fóra del. OBS: Tamén se denomina argumento fiticio.
-
Elemento variable a partir do que se determinan as características de calquera fenómeno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que, sen ser militar, ten estrutura ou disciplina militar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión mímica discordante, non adaptada á situación, que é frecuente nos estados esquizofrénicos.
-
-
Contracción muscular rápida e brusca.
-
Doenza hereditaria que comeza na infancia ou mocidade debido á esclerose dos cordóns laterais e dorsais da medula.
-
-
-
Perturbación da memoria, especialmente a que fai que non se poida recordar o sentido propio das palabras.
-
Trastorno da percepción que se caracteriza polo sentimento de ter vivido xa un estado de consciencia global que en realidade é novo.
-
-
-
Tipo de vexetación propia dos altiplanos dos Andes setentrionais, entre os 3.000 e os 4.500 m de altitude, por riba do piso do bosque. Caracterízase pola ausencia de árbores e pola abundancia de poáceas e de matas.
-
Superficie estruturada ou de erosión, elevada e de solo pedregoso con escasa vexetación. Na Península Ibérica atópase este relevo tabular no sector oriental de La Meseta a uns 900-1.000 m de altitude.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un carballo de sinople coas pólas sinistras suxeitando unha alcandora en que se pousa un falcón que leva pendurada nas garras unha manopla. Outra variante leva, en campo de goles, un cabaleiro armado de prata que empuña na man destra unha espada tamén de prata, e xinete nun cabalo branco; bordo de prata cargado de catro castelos de azul, que alternan con catro leóns rampantes de goles, partindo dun león no cantón destro do xefe. Outra variante leva, en campo de prata, un carballo de sinople; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro. Outra variante leva, en campo de sinople, cinco cunchas de vieira de prata, colocadas en dúas faixas de tres e dúas. Outra variante leva, en campo de sinople, un león rampante da súa cor, acompañado de tres panelas de ouro, unha no centro do xefe e unha en cada flanco.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado na Cordilleira Cantábrica, preto do pantano de Las Rozas (1.664 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría, nas minas de carbón, nas canteiras de xeso e na central hidroeléctrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Urólogo. Ocupou diversos cargos en distintos organismos, como no Instituto Nacional de la Seguridad Social e no Instituto Social de la Marina, e foi xefe do equipo de uroloxía do Hospital Universitario San Carlos. Da súa produción destacan Pronóstico y tratamiento de las enfermedades urológicas, Patología quística renal e Hiliosinuquistosis renal, una nueva entidad nosológica? Ingresou na Orden Civil de Alfonso X el Sabio (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro e político. Foi decano do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (1988-1996 e desde 2000) e presidente da Autoridade Portuaria da Coruña (1982 e 1996-1999). Presidiu o Partido Demócrata Liberal en Galicia e foi membro do comité executivo nacional (1982-1989). Foi deputado no Parlamento de Galicia por Coalición Popular (1985-1989) e conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños (1986-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi cóengo, coa dignidade de cardeal, da catedral de Santiago de Compostela, onde tamén exerceu como fabriqueiro, capelán maior e xuíz privativo eclesiástico do Hospital Real e reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago de Compostela e das escolas de Artes e Oficios e Debuxo (1784) e restaurou o antigo Colexio de Fonseca. Carlos III presentouno para o bispado de Lugo en 1785, aínda que morreu antes de tomar posesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Sarria, situado na provincia de Lugo no centro-L da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Lugo. A súa posición xeográfica é de 42° 49’ 30” latitude N e 7° 30’ 40” lonxitude O. Limita ao N co concello do Corgo e co de Guntín (comarca de Lugo), ao L cos de Láncara e Sarria (comarca de Sarria), ao S co de Paradela (Sarria) e ao O cos de Portomarín e Guntín (Lugo). Abrangue unha superficie de 75,7 km2, en que acolle unha poboación de 1.770 h (2007) distribuídos nas parroquias de Adai, Friolfe, Gondrame, Grallás, Moscán, Neira, Piñeiro, Reascos, Ribas de Miño, A Ribeira, Sa, San Vicente de Gondrame, Santo André da Ribeira, A Torre, Vilafiz, Vilarmosteiro, Vilasante e Vileiriz. A capital está no lugar de Trebolle, parroquia da Torre, localizada a 119 km de Santiago de Compostela e a 18 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Sarria.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A simplicidade é a nota característica... -
SERRAS
Sistema montañoso que forma o límite natural entre os concellos do Páramo, Sarria e Paradela. A súa máxima altitude está no monte O Páramo de 876 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que está formado polos concellos do Páramo e Paradela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao paramorfismo.