"Arga" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 283.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo montañoso do SL de Italia, entre o Tavoliere di Puglia e a costa adriática, chamado esporón de Italia. Os terreos son calcarios, con frecuentes formas cársticas. Os cumes máis altos son o Monte Calvo (1.056 m) e o Monte Nero (1.011 m). A actividade máis estendida é a agrícola: viñas, oliveiras, froiteiras e horta nos lugares máis regados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moraña baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Moraña, nun descampado dun pequeno bosque, que presenta dificultades á hora de ser interpretada como resto prehistórico debido á ausencia de restos arqueolóxicos na zona onde se asenta. Cunhas dimensións de 1,90 m de altura, 0,44 m de ancho e un grosor de 0,25 m, presenta na súa superficie granítica varios gravados e máis dunha vintena de coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Moraña. Da primitiva construción románica só conserva o muro S e a ábsida, pois a nave sufriu moitas transformacións. A ábsida únese á nave cun cóbado a xeito de contraforte. Consta dun tramo recto e doutro semicircular dividido en cinco panos por catro columnas entregadas erixidas sobre un podio. No pano central consérvase un rosetón con chambrana de cinco fileiras de tacos, arquivolta lobulada, lóbulos en arco de ferradura e celosía perforada. Nos panos contiguos hai ventás semicirculares con celosías perforadas. O arco triunfal é de medio punto apoiado en columnas entregadas con capiteis vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘cantar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar fino e curto que queda cinguido ao pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante, pai de Pantagruel, na novela homónima de Rabelais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manter un líquido na gorxa sen tragalo e axitándoo en todas as direccións mentres o aire expira polos pulmóns, xeralmente con fins curativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gargarexar.

    2. Irritación da gorxa que se elimina tusindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gargarexar.

    2. Líquido medicinal para gargarizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora coral. Estudiou no Conservatorio Superior de Música de Madrid e exerceu a docencia. Fundadora e directora do coro de cámara Ars Musicae (1977), dirixiu tamén o Coro Universitario de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica do Liceo Marítimo de Vilagarcía, e foi vicepresidenta da Federación Coral Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Karnātaka, India, ao O de Hyderābād (303.139 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Alcarrache, afluente do Guadiana (2.118 h [2001]). A súa economía baséase nas actividades agropecuarias, especialmente no cultivo da oliveira e na gandería ovina e porcina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnitude física dos barións, igual á suma do número bariónico e a estrañeza: Y=B+S. É unha carga que se conserva, exclusivamente, nas interaccións fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina inglesa. Coñecida como Dame Margot Fonteyn, en 1934 debutou por primeira vez e converteuse na principal bailarina do Sadler’s Wells e do Royal Ballet. Foi presidenta da Real Academy of Dancing desde 1954. Está considerada como unha das mellores bailarinas do s XX e en 1979 outorgáronlle o título de primeira bailarina absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliotecario e arquiveiro. Participou na Guerra Civil Española xunto aos republicanos e, trala derrota, marchou a Suecia e despois a México. Profesor no Colexio de México (1940), traballou tamén nas universidades de California, Illinois e Wisconsin (1941-1948). Publicou, entre outras obras, Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade simétrica situada en ambos costados entre as costelas e os cadrís. Na tradición oral recóllense ditos como: “Carga larga e man na illarga, ao cabo do ano nin besta nin carga.”

    VER O DETALLE DO TERMO