"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
GALICIA
Profesor mercantil e empresario. Foi director de relacións públicas de Cetycar coas Casas Regionales, delegado xeral de Carta de España e correspondente de La Región Internacional. Publicou máis de 200 poesías e gravou diversos casetes coa Orquestra Compostela, amais dunha novela que titulou Amar es tiempo perdido.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e narrador. Realizou estudios de Maxisterio na Escola Normal de Compostela e exerceu como mestre do Pósito de Pescadores da súa localidade natal. Malia non chegar a publicar ningún libro, deu a coñecer algúns poemas na prensa da época da man de Faustino Rey Romero, quen incluíu unha escolma da súa poesía na revista bonaerense Lar (1952). En África cofundou xunto con Rafael Dieste e Xesús Romero Suárez a revista Charamuscas (Abril, 1923), onde deron a coñecer poemas e narracións da súa autoría. Publicou os relatos “Recordos da campaña” e “Sanctus!”, amais do poema “Rianxo”, en El Ideal Gallego (14.11.1920). No volume Poesía e Prosa (1984) recóllense, entre outros, os poemarios Arumes de Beiramar, Caraveleira das horas sentidas: libro da cantiga descoñecida e Responsos líricos no día e na noite.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fundado en 1961 en Nova York por Peter Schumann. Desde os seus inicios o grupo adoptou unha posición fondamente crítica fronte a unha sociedade dominada pola guerra, o consumismo e a perda de identidade. Os seus espectáculos, realizados en rúas e parques, construíanse a partir de grandes monecos que lembraban a iconografía relixiosa, coa capacidade suxestiva das imaxes que estes provocaban e coa renuncia á narratividade. Entre as súas propostas, sempre provocadoras e heterodoxas, hai que sinalar A Man Says Goodbye to his Mother (Un home di adeus a súa nai, 1968), The Cry of the People for Meat (O berro da xente pola carne, 1969) ou The Domestic Resurrection Circus (O circo da resurreción doméstica, 1970). A principios da década dos setenta o grupo disolveuse inda que parte dos seus integrantes volveron reunirse para realizar funcións ou propostas concretas como a Anti-Bicentennial (1975), espectáculo presentado na Universidade de California que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
de brear.
-
-
-
Coche de luxo de catro rodas, co buque alongado e aberto, pescante moi elevado e nove asentos dispostos transversalmente en ringleiras de tres; a posterior está a un nivel superior có resto. Polo xeral, eran seis ou oito cabalos gobernados por dúas ou catro rendas os que tiraban del.
-
Calquera carruaxe alongada de catro rodas destinada ao transporte dun gran número de pasaxeiros.
-
-
-
Orde que dá o árbitro para separar os boxeadores cando se agarran cos brazos nun corpo a corpo.
-
No deporte do tenis, feito de gañar un xogador o xogo en disputa cando o servicio (ou saque) lle corresponde ao xogador ou parella contraria.
-
-
No jazz, intervención dun solista que interrompe momentaneamente a liña melódica ou rítmica principal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baile que triunfou na década dos oitenta, caracterizado por movementos robóticos e ximnásticos, e por empregar unha vestimenta deportiva e con cores rechamantes. Está intimamente ligado á cultura das rúas e á técnica dos graffiti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción norteamericana realizada en 1961 e dirixida por Blake Edwards. Adaptación da novela de Truman Capote, estivo interpretada por Audrey Hepburn, George Peppard, Mickey Rooney e Patricia Neal. En Nova York coñécense dúas persoas infelices e insatisfeitas coa súa existencia: unha fráxil rapaza que vive dos homes, mentres agarda un futuro mellor, e un escritor fracasado, mantido pola súa madura amante. Xuntos tentan atopar un pouco de felicidade que os redima da sordidez que os rodea.
-
PERSOEIRO
Lingüista francés. Introduciu o comparatismo en Francia mesturando a tradución e o ensino da gramática de Franz Boop. Entre as súas publicacións destaca Essai de sémantique (Ensaio de semántica, 1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia do concello de Pontedeume baixo a advocaión de san Miguel. En 1991 foi integrada na parroquia de Vilar (concello de Pontedeume).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicouse en Pontedeume dende 1914 ata 1916. Segundo se podía ler na portada do número 57, con data do 27 de xuño de 1915, ano segundo, levaba o subtítulo de “Semanario independiente. Defensor de los intereses generales de Puentedeume y su comarca”. Frutos Fernández Illá foi o director deste semanario.
-
GALICIA
Parroquia do concello de Pontedeume. baixo a advocación de San miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Pontedeume. Pertenceu a un mosteiro agostiño que aparece documentado no tombo de Caaveiro nun escrito do 1169. O templo conserva na fachada unha inscrición do 1187. De estilo románico, ten planta de cruz latina cunha nave e tres ábsidas. A nave principal cóbrese cunha bóveda apuntada e a do cruceiro con bóveda de aresta, o cruce entrambas as dúas vai cuberto cunha bóveda de crucería. A fachada principal remata nun pequeno frontón culminado por unha cruz. Conserva rosetóns na fachada principal e na nave N do cruceiro. No seu interior garda unha talla románica de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dar golpes unha persoa noutra.
-
PERSOEIRO
Exiptólogo norteamericano. Estudiou en Berlín, onde colaborou con outros especialistas na elaboración do Wörterbuch der ägypstischen Sprache (1923-1926). Foi o fundador e director do Oriental Institute de Chicago e profesor na Universidade de Chicago. Como investigador traballou no campo histórico A History of Egypt (Unha historia de Exipto, 1905) e relixioso Development of Religion and Thought in Ancient Egypt (Desenvolmento da relixión e do pensamento no antigo Exipto, 1912), ocupándose tamén da edición de textos como Ancient Records of Egypt (Recordos antigos de Exipto, 1906-1907). Está considerado o pai da exiptoloxía norteamericana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Contracción espasmódica dun músculo, acompañada de dor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño de corpo ovado de ata 60 cm de lonxitude, perfil cefálico inclinado, fociño alongado e boca pequena. É de cor rosa intensa, coa mucosa bucal negra e os opérculos cunha franxa vermella. Vive en zonas de fango ou formacións coralinas onde se alimenta principalmente de peixes. Ten unha carne moi saborosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chuvia miúda con néboa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Berrar fortemente a vaca, especialmente de dor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chover pouco e miúdo.
-
-
(Ausburgo, Suabia 1898 - Berlín 1956) Poeta, novelista, autor e director de escena alemán relacionado co expresionismo. Iniciou a súa traxectoria producindo espectáculos de ton grotesco e nihilista como Baal (1918) ou Tambores na noite (1922), que orixinarían fortes polémicas dando mostra da capacidade creadora e da vontade provocadora dun dos máis importantes artistas escénicos do século XX. Traballou como dramaturgo do teatro Kammerspiele de Múnic (1923) e do Deutches Theater (1924). Entre 1924, ano en que se traslada a Berlín, onde colabora con Max Reinhardt e Erwin Piscator, e febreiro de 1933, data en que abandona Alemaña coa súa muller Helene Weigel, Brecht desenvolve unha intensa actividade e formula os principios do que se vai coñecer como teatro épico. Publicou os poemarios Taschenpostille (Sermonario de peto, 1927) e Hauspostille (Sermonario doméstico, 1927). En 1928 estreou Dreigroschenoper (A ópera de a patacón), baseada...
-
-
Abertura irregular nalgunha superficie plana.
-
Abertura que fai a artillería na muralla dunha fortificación.
-
-
Ferida grande e profunda, especialmente na cabeza.
-
Ruptura pola que algunha cousa sofre unha perda de unidade e firmeza. OBS: Xeralmente se utiliza co verbo abrir.
-
-
Paso estreito entre montañas.
-
FRAS: Estar/seguir na brecha. Estar sempre loitando e esforzándose por algunha idea ou por algún asunto.
Rocha constituída por seixos unidos por un cemento natural. As brechas sedimentarias adoitan ter un cemento calcario ou silicio. Segundo o carácter dos seixos, distínguense brechas calcarias, silíceas ou polixenéticas. As brechas tectónicas, de fricción e miloníticas fórmanse en zonas de trituración a causa dos dobramentos ou fracturas. As brechas glaciais ou tillitas formáronse por consolidación cun cemento arxiloso de antigas moreas. As brechas volcánicas están constituídas por bloques de lavas relativamente antigas, aglomeradas por lavas de erupcións máis recentes.
-
-