"BUN" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 128.

      1. Primitivo representante de cada unha das tres tribos da Antiga Roma.

      2. Oficial ou funcionario romano, principalmente do tribuno militar (tribunus militium) que, baixo a República e xuntamente cos outros cinco, tiña o mando dunha lexión. De 444 a 367 a C foron nomeados tribunos militares con poder consular que, en número de seis, substituíron os cónsules e recibiron os seus mesmos poderes (agás o triunfo). Outro funcionario importante era o tribuno da plebe (tribunus plebis) instituído no inicio do s V a C para facer valer a vontade da plebe ante o patriciado. Baixo o Imperio, o poder do tribunado quedou suprimido cando o Senado lle concedeu a Augusto (23 a C) e aos seus sucesores o poder tribunicio, estendido por todo o Imperio.

      3. Membro dunha maxistratura romana creada tras a revolta de Cola di Rienzo (1344) e legalizada polo papa (1347). Os tribunos eran denominados rectores urbis et distritus.

      4. Membro do tribunado establecido na Francia napoleónica.

    1. Orador político, especialmente popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade secreta prusiana, fundada en Köninsberg, actual Kalinigrado, por nacionalistas que se opuñan á dominación napoleónica e querían a rexeneración de Prusia. Colaborou na reacción prusiana de 1815. Federico Guillerme III disolveuna (1815).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de vagabundear.

    2. Conxunto de vagabundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer vida de vagabundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non ten unha vivenda nin un traballo fixo e pasa a vida indo dun lugar a outro.

    2. Que é propio de quen leva ese modo de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e sociólogo. Principal representante do institucionalismo, considerou que a ciencia económica debía estudar descritivamente a orixe e a evolución das institucións dotadas de autoridade pola tradición e interferir constantemente nos intereses dos individuos. Publicou The Theory of Business Enterprise (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estilo musical húngaro que floreceu ao inicio do s XIX, esencialmente instrumental e moi ornado, que explora as posibilidades do violín. Preséntase como unha serie de dúas ou tres pezas en que se inclúen elementos musicais orientais e occidentais, así como antigos, modernos, cultos e populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deutscher Werkbund.

    VER O DETALLE DO TERMO