"COE" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 127.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade da moscovita en que unha gran parte do Al2O3 foi substituída por V2O3. Ten unha cor entre verde oliva escura e beixe verdosa.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e capela rectangular. Destaca o arco triunfal con triplo arco abucinado, pero só o intermedio descansa sobre columnas, que teñen bases áticas e capiteis historiados. No capitel esquerdo atópanse tres figuras barbadas, con túnicas e aureolas arredor da cabeza; a do medio sostén un libro aberto diante do seu peito, agarrándoo coas dúas mans; e no dereito aparecen catro figuras humanas de características semellantes, pero unha está sentada e coas mans apoiadas sobre os xeonllos. Os cimacios están decorados con elementos fitomorfos moi estilizados. A porta principal ten dobre arquivolta de medio punto moldurada por medio de boceis e medias canas e rodeadas por unha chambrana de tacos. Están sostidas por catro columnas acobadadas que presentan capiteis de decoración vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en Flandres con Antonio Moro e foi pintor de cámara de Filipe II (1560). Os seus retratos áulicos seguen o esquema compositivo do seu mestre e mostran unha gran cromática e unha pincelada solta. Cultivou tamén a pintura relixiosa. Destacan Isabel de Valois, El príncipe don Carlos, Ana de Austria e Los desposorios místicos de santa Catalina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Alonso Sanches, en 1540 viaxou a Portugal, onde o seu avó servía ao Rei Xoán III. Este enviouno a Flandres recomendado ao pintor Mor van Dashorst. Ao seu regreso traballou como pintor de cámara en Valladolid, Toledo e Madrid. Destacaron os seus retratos (Príncipe Carlos, Isabel de Valois, Emperador Rodolfo II, Duque de Alba), inscritos no contexto manierista de aspecto aristocratizante. Cultivou tamén o xénero relixioso (Martirio de San Sebastián e Desposorios místicos de santa Catalina).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Ordenouse sacerdote en 1940. Doutor en Sagrada Teoloxía pola Pontificia Universitá Gregoriana de Roma, foi bispo de Almería (1966-1969) e Málaga (1969-1973) e arcebispo de Santiago de Compostela (1973-1983) e Madrid (1983-1994). En 1985 foi elevado ao cardealado. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1987-1993). Desde 1994 é cardeal arcebispo emérito de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor cutáneo de natureza epitelial que se orixina nos folículos pilosos.