"CY" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 139.

  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. De formación eclesiástica, dedicouse ao estudo da literatura inglesa antiga. Da súa obra destacan Five Pieces of Runic Poetry (1763) e Reliques of Ancient English Poetry (1765), recompilación de romances que tirou do manuscrito Percy Folio e doutras fontes populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido galés fundado en 1925, de ideoloxía nacionalista, moderado e socialista comunitario. Entre os seus fundadores figuran os escritores Saunders Lewis e Kate Roberts. Foi un pequeno grupo ata despois da Segunda Guerra Mundial e en 1966 entrou a formar parte do Parliament.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles cinodontes fósiles, da orde dos teráspidos, co corpo alongado, de ata 60 cm, patas curtas, cabeza pequena e cola longa, que era moi flexible. Viviron durante finais do Pérmico, no S de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde dos agaricais, coa cutícula lisa, de cor branca amarelada ou avermellada, e coa marxe non estriada. As láminas son ascendentes, pretas, pardas ou algo grises coa marxe branca. O pé é moi delgado, duro, sen bulbo nin cortina, da mesma cor ca o sombreiro. O trazo máis distintivo deste xénero é unha pequena mamila no centro do sombreiro, de forma moi acampanada. En Galicia localízase a especie P. semilanceata durante o outono en lugares herbáceos con excrementos. Ten propiedades psicodélicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, arqueólogo e crítico da arte. Encargouse da renovación iconográfica da igrexa de Sainte-Geneviève que a transformou no Panthéon. Escribiu Ditionnaire de l’architecture (1792-1825) e Essai sur l’idéal (1805).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Gales, Reino Unido, situado ao NO de Cardiff (424 km2; 231.946 h [2001]). A súa economía baséase na extracción de hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras francés. En 1212 foille encargada a reconstrución da catedral de Reims, da que se lle atribuíu o cruceiro. O seu fillo Roberto de Coucy (? - Reims 1311) comezou a construción das torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da Antártida que constitúe unha dependencia de Nova Zelanda desde 1923. Esténdese entre os meridianos 160° L e o 150° O, ao S do paralelo 60° S nunha superficie de 414.400 km2 e 330.000 km2 de xeo permanente. Comprende o mar de Ross, parte de Terra Vitoria e o sector próximo ao polo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo británico. Viaxou sobre todo por China sobre a que escribiu bastantes traballos xeográficos. Interesouse tamén pola teoría da rexión natural e pola cuestión da síntese xeográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola militar francesa fundada por Napoleón I Bonaparte en Fontainebleau en 1803 e trasladada, en 1808, a Saint-Cyr, localidade próxima a Versailles (actual Saint-Cyr-l’École), nuns edificios onde se aloxara a escola para mozos nobres empobrecidos creada por Madame de Maincenon en 1686. Formáronse numerosas promocións de oficiais de infantaría, cabalaría e blindados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo francés. De nome Jean Duvergier de Hauranne, ordenouse sacerdote en 1618, foi abade comendatario de Saint-Cyran (1620) e asumiu a dirección espiritual de Port-Royal (1633). Seguidor de Baius e de Jansen, a súa personalidade e a súa doctrina influíu, entre outros, en san Vicente de Paúl. Das súas obras destacan Apologie pour la Rocheposay (1625) e Lettres chrétiennes et spirituelles (1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes condritios, da orde dos carcariniformes, que miden de medio a un metro, coa cabeza aplastada e o corpo delgado, de cor gris rosada con manchas circulares escuras de diámetro variable segundo a especie. Os peixes deste xénero reciben o nome de melgachos ou roxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e pensador, esposo de Mary Shelley. As súas primeiras obras (Zastrozzi, 1810) evidencian a influencia da novela gótica, aínda que axiña sobresaíu en poesía. Destacan Original Poetry by Victor and Cazire (1810), Queen Mab (1813), Alastor (1816) e The Revolt of Islam (1817), onde expuxo a súa concepción do amor e da sociedade. Tras instalarse en Italia escribiu a obra teatral The Cenci (1819), Prometheus Unbound (1821) e Adonais (1821), elexía á morte de Keats, con influencia de Platón, Dante e Calderón de la Barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Considerado un dos autores máis importantes do seu tempo, radicalizou o seu pensamento ata extremos de loucura antisoviética e de relixiosidade medieval, actitude que influíu sobre a calidade literaria das súas últimas obras, inferiores ás primeiras. Destacan Matrenin dvor (A casa de Matriona, 1963), Rakovyj korpus (Pavillón de cancerosos, 1969) Arkhip’elag Gulag (Arquipélago Gulag, 1973). En 1970 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Adoitaba encarnar un tipo de personaxe franco, honesto e cheo de humanidade. Da súa extensa filmografía destaca Captains Courageous (1937, Oscar ao mellor actor), Boy’s Town (1938, Oscar ao mellor actor), Edison, the man (1940), The Old Man and the Sea (1958), Judgment at Nuremberg (1961) e Guess Who’s Coming to Dinner (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Herdeiro directo do expresionismo abstracto, a súa obra está rexida polo xestualismo e a liberdade compositiva. Destacan as súas series Poems to the Sea (1959), Bacchanalia (1977) e Gatea Sets (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que reúne a todas as federacións nacionais de ciclismo. Fundada en París o 14 de abril de 1900 polos representantes de Bélxica, Italia, Francia, EE UU e Suíza, ten a súa sede en Xenebra e, desde 1900, está recoñecida polo Comité Olímpico Internacional como único organismo mundial dirixente do ciclismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos carnívoros, da familia dos cánidos, semellante ao raposo, pero de corpo máis estilizado, gadoupas máis longas, orellas máis curtas, cola moi desenvolvida e pelaxe moi densa, gris no lombo e rubia clara ou terrosa nas patas e nas partes ventrais. Habita en zonas áridas e rochosas, con árbores ou arbustos do continente americano.

    VER O DETALLE DO TERMO