"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. Exerceu a crítica en Acento Cultural e Ínsula. Destacou polos seus estudios sobre teatro contemporáneo, como El teatro hoy (1966) e El teatro de Buero Vallejo (1973). A súa narrativa iniciouse no realismo social para evolucionar cara a unha literatura fantástica e imaxinativa, como en La rebelión humana (1968), Tiempos (1980) e La pirámide de Kheops (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Militou no partido republicano e publicou El obrero político e Idea práctica de la federación española (1870).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, financeiro e avogado. Foi elixido deputado (1841) e ministro de Gobernación no goberno progresista de Olozaga (1843). Malia a súa filiación política, aceptou a carteira de Finanzas no goberno moderado de José Luis Sartorius.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou o retrato, o tema relixioso e sobre todo a paisaxe. Cromaticamente, caracterizouse pola combinación dos dourados verdosos cos violáceos vermellos que se chamaron acord Domenge. Realizou tamén beléns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Domenico Zamperi.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Boccador, foi discípulo de Giuliano San Gallo. Ao servizo de Carlos VIII de Francia, realizou o palacio de Amboise e por encargo de Francisco I, o castelo de Chambord. Construíu tamén o antigo Hôtel de Ville de París (1532).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Domenico di Bartolommeo.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Cultivou o retrato feminino e a pintura decorativa. Foi conservador do Museé Jacquermart-André (1956) e membro da Académie des Beaux-Arts. En 1913 recibiu o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Verea. Trátase dun templo de planta rectangular coa nave articulada con pilastras, que se traducen no exterior en contrafortes, e co altar maior destacado en altura e resaltado por pináculos nos ángulos. No interior, cómpre salientar o retablo barroco de san Ramón, formado por un corpo e tres rúas, e dividido por columnas corintias e estípites nos extremos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación catastral feita en Inglaterra por orde de Guillerme o Conquistador (1027-1089) no 1086. Contiña unha descrición detallada da distribución e do valor das propiedades. Empregouse para fixar os dereitos fiscais do rei e achegou importante información para estudar a historia agraria da Inglaterra medieval.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode domesticar.
-
-
Acción e efecto de domesticar.
-
Paso do estado salvaxe ao estado doméstico dalgúns animais pola acción do home. Este proceso veu dado polos intereses humanos de obter especies domésticas para alimento, servicio, compañía, vestimenta, etc, e comezou polo menos hai once mil anos. As diferentes razas dunha especie doméstica proveñen sempre dunha ou de varias especies salvaxes.
-
-
-
Facer un animal apto para convivir co home.
-
Facer tratable a alguén ao lle moderar a aspereza do seu carácter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de doméstico.
-
-
Relativo ou pertencente á casa ou ao fogar.
-
Aplícase ao animal que se cría a carón do home.
-
Criado que serve nunha casa.
-
Membro dun equipo ciclista que, nas carreiras de fondo en estrada, ten a misión de auxiliar os compoñentes máis destacados do seu grupo para incrementar as súas posibilidades de vitoria.
-
Eclesiástico ao servizo persoal do papa ou que recibe este nome como título honorífico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do latín Domitianus, de orixe discutida. Unha hipótese faino derivar de domus e dunha divindade que protexía a presenza da muller na casa do seu home. Tamén hai quen pensa que podería vir da voz domitus ‘rendido’, forma derivada do verbo domare ‘domar’. Con este nome figuran no santoral san Domiciano de Huy (s VI), bispo de Langres, e san Domiciano de Mitelene (s VII), bispo desta cidade de Capadocia. A súa festividade celébrase o 9 de agosto.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de domiciliar ou domiciliarse.
-
-
Asignar un domicilio a algo ou a alguén.
-
Designar unha conta nunha entidade bancaria para os pagos ou cobros de documentos de cambio.
-
Establecerse alguén ou algunha entidade nun determinado domicilio.
-