"Didó" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 133.

  • GALICIA

    Médico e político. Senador de UCD pola provincia de Lugo (1977), foi cofundador de Coalición Galega (CG) e deputado no Parlamento galego (1985-1993). Presidiu CG en 1990. Publicou diversos traballos de investigación sanitaria como Necesidades de personal médico en Galicia (1972) e Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego (1972). É académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Jorge de Sena, foi catedrático de Literatura Portuguesa e Española na University of California. A súa poesía recolleuse nos tres volumes de Poesia (1977-1978). Publicou libros de contos, como Andanças do Demónio (1960), Novas Andanças do Demónio (1966) ou Os Grão-Capitães (1976), e as novelas O Físico Prodigioso (1977) e a inacabada Sinais de Fogo (1979). Como crítico literario, destacan os ensaios A Estrutura de “Os Lusíadas” e Outros Estudos Camoneanos e de Poesia Peninsular do Século XVI (1970) e Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Realizou, para a igrexa de Santa María da Guarda, o Retablo do Bon Suceso (1886) e o Santo Cristo da Saúde (1876). Da súa produción tamén destacan o Santo Cristo Xacente e as imaxes de Nosa Señora do Rosario e Nosa Señora das Angustias, da igrexa de San Miguel de Tabagón (O Rosal).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta aspecto sucio ou desagradable.

    2. Que é mesquiño e ruín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de suceder ou sucederse.

    2. Aquilo que aconteceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tricládidos.

    2. Platihelminto da orde dos tricládidos.

    3. Orde de platihelmintos, da clase dos turbelarios, que se caracteriza por ter a boca situada ventralmente preto da metade do corpo, dispor de dous ocelos ou máis e estar provistos de órganos táctiles ou quimiorreceptores. A orde ten especies mariñas, que habitan en mares tropicais ou subtropicais, de auga doce de zonas temperadas, e terrícolas, que habitan en solos húmidos, especialmente nas zonas tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos trombíbidos.

    2. Arácnido da familia dos trombídidos.

    3. Familia de arácnidos, da orde dos ácaros, con quelíceros modificados para perforar, cuxos palpos son órganos prénsiles ou sensoriais. Comprende ácaros terrestres, produtores de erinose, eritemas ou outras perturbacións cutáneas, e ácaros acuáticos, de lagos ou mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos túrdidos.

    2. Ave da familia dos túrdidos.

    3. Familia de aves da orde dos paseriformes, coas patas robustas e adaptadas a saltar, a plumaxe escura e o peteiro e as ás longas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. urda.

    2. Serie de fíos que na roupa tecida van de lado a lado da peza e paralelamente aos bordos na roupa tecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debandoira na que se preparan os fíos para o urdido que consiste en coller os nobelos, que poden ser ata doce. Despois pásase o costal de cada un deles por un buraco da espalladoira, e átanse en dúas series, seis enriba e seis abaixo. Finalmente crúzanse dous fíos para formar unha cruz nos dous tornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen urde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de vender ou venderse.

    2. Que ou quen traizoou algo ou a alguén por diñeiro ou proveito material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Da súa obra destacan Caminando al sol de Galicia (1946-1947, premiado polo Centro Galego de Bos Aires), Río Lérez (1950), Gracia e ingenio de Pontevedra (1954), Hombres y cosas de ayer y de hoy (1967), Presencia y gozo del humorismo gallego (1968), En Galicia, una vez (1969) e Xoias e coitas da terra orballada (1972). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO