"ELAS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 159.
-
-
Relativo ou pertencente aos pelasgos.
-
Aplícase aos muros de tipo poligonal que se localizan en Grecia, no Oriente helenístico ou en Italia, e que, en realidade, son obra de épocas diferentes (desde o período micénico ata os ss IV-III a C). O nome procede dos muros antigos da Acrópole de Atenas, atribuídos pola tradición antiga aos pelasgos.
-
-
MONTES
Monte situado no O da parroquia dos Vilares (Guitiriz). O seu cumio acada os 622 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Aparece nos Livros de Linhagens co nome de Pero Fernandes d’Ornelas, fillo de Fernan Fernandez Anes de Dornelas e neto de Johan Fernandez o Franco, e como posuidor da quinta de Outeiro, en São Salvador de Dornelas. Desenvolveu o seu labor poético na segunda metade do s XIII e principios do s XIV. Consérvanse unha cantiga de amor, “Nostro Senhor, e ora que será”, en que emprega a figura retórica da interrogatio, e outra de amigo, “Avedes vós, amiga, guisado”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, sexto conde de Benavente. Foi amigo persoal do Emperador Carlos V e padriño e titor do Rei Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa Eulalia que dá nome ao concello de Ponte Caldelas, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Pontevedra, situado ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Pontevedra. A súa posición xeográfica é 42° 23’ 10” de latitude N e 8° 30’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cotobade (comarca de Pontevedra), ao L co da Lama (comarca de Pontevedra), ao S co de Fornelos de Montes (comarca de Vigo), e ao O co S de Pontevedra e Soutomaior (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 87 km 2 , en que acolle unha poboación de 6.487 h (2007), distribuída nas parroquias de Anceu, Caritel, Castro Barbudo, Forzáns, A Insua, Ponte Caldelas, Taboadelo, Tourón e Xustáns. A capital está no lugar de Ponte Caldelas, na parroquia do mesmo nome, localizada a 76 km de Santiago de Compostela e a 17 km de Pontevedra. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo é complexo debido á fracturación do territorio que flanquea polo L a Depresión Meridiana. Está formado... -
VER O DETALLE DO TERMO
Cos pés e coas mans no chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘sol’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cimóxeno segregado polo páncreas que se converte no enzima elastase no intestino delgado mediante a acción da tripsina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘paraugas’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Carballo (Taboada). Realizada en cachotaría e cantaría de granito, a maior parte do conxunto data do s XVIII, aínda que está documentada a súa existencia xa no s XV. Ten planta rectangular con varias dependencias acaroadas. Na fachada principal destaca a solaina, que se abre a un patio exterior, e un escudo coas armas dos Camba, Ulloa e Taboada. Rodeada dun muro, no terreo sitúanse diversas dependencias adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría celebrada anualmente en Castro Caldelas na honra á Virxe do Remedios. Comeza coa ornamentación da vila o 6 de setembro e ao día seguinte celébrase a Noite das Bandeiras. Ao redor do santuario, construído en 1840, ten lugar o día 8 a procesión e a misa solemne. Como elementos máis característicos do folclore destaca o Irrio Peliqueiro, a máscara que vai por diante na procesión. Antigamente tamén se facía unha danza de arcos e sacabanse á rúa xigantóns e cabezudos.
-
PERSOEIRO
Pintor. Traballou en Valladolid en círculos cortesáns e en 1603 recibiu as ordes maiores e trasladouse a Olivares. En 1614 pasou a ser capelán da corte, pero volveu a Olivares como cóengo da colexiata cara a 1621. Foi un gran colorista de gusto veneciano. Da súa produción destacan as pinturas do retablo da igrexa dos Xesuítas, o Santiago Matamoros da catedral, o Martirio de San Andrés e o Tránsito de San Isidro, todas elas en Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Vigo, situado no S da provincia de Pontevedra, no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Ponteareas (comarca do Condado), ao S con Tui (comarca do Baixo Miño), ao L con Salvaterra de Miño (comarca do Condado) e ao O co Porriño (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 35,9 km 2 cunha poboación de 7.686 h (2007), distribuída nas parroquias de Entenza, Parderrubias, A Picoña, San Xurxo de Salceda, Santa María de Salceda, Santo Estevo de Budiño e Soutelo. A súa capital é a vila da Esfarrapada, situada a 42° 06’ 06’’ de latitude N e 8° 33’ 23’’ de lonxitude O, que dista 45 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial do Porriño.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo de Salceda de Caselas non presenta demasiados contrastes, agás o extremo setentrional onde se sitúan as maiores alturas, no límite co concello do Porriño. As unidades de relevo posúen unha dirección xeral N-S paralelas á... -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comarca situada no NL da provincia de Ourense e no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas da Terra de Lemos (concellos de Sober, Monforte de Lemos) e Quiroga (concello de Ribas de Sil), ao S coas da Limia (concello de Vilar de Barrio) e Verín (concello de Laza), ao L coa da Terra de Trives (concellos de San Xoán de Río e Chandrexa de Queixa) e ao O coas de Ourense (concello de Nogueira de Ramuín) e Allariz-Maceda (concellos de Xunqueira de Espadanedo e Maceda). Abrangue unha superficie de 313,2 km2 en que acolle unha poboación de 4.448 h (2001), distribuída entre os concellos de Castro Caldelas (87,6 km2; 1.834 h [2001]), Montederramo (135,6 km2; 1.206 h [2001]), Parada de Sil (62,4 km2; 841 h [2001]) e A Teixeira (27,6 km2; 567 h [2001]). A evolución socioeconómica e a mellora das comunicacións fixeron que a vila de Castro Caldelas constituíse un pequeno centro ao que se vinculan o resto dos concellos. A debilidade...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lantaño (Portas). Ten planta en forma de L cunha torre con ameas de orixe medieval no ángulo. Na fachada conserva unha escaleira exterior e un patín cuberto.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Madrid (2.334 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Fornelos de Montes baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método que se basea nunha gravación gráfica automática que permite recoller os cambios de forza elástica do sangue durante o proceso da coagulación.