"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buque de guerra empregado para combater e atacar os torpedeiros grazas á súa superior velocidade e armamento. Apareceu por vez primeira no s XIX. Posteriormente, denominouse destrutor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade Económica dos Estados de África do Oeste.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cetaria.
-
PRAIAS
Praia do fondo da ría de Cedeira, no litoral da parroquia e concello de Cedeira, entre as desembocaduras dos ríos Condomiñas, ao N, e da Veiga, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María do Mar, que dá nome ao concello de Cedeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ferrol, situado na provincia da Coruña no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e ao O co Océano Atlántico, ao S cos concellos de Cerdido (comarca de Ortegal) e Valdoviño, e ao L cos de Cariño e Ortigueira (ambos os dous da comarca de Ortegal). Abrangue unha superficie de 85,4 km2nos que acolle unha poboación de 7.482 h (2007) distribuídos nas parroquias de Cedeira, Cervo, Esteiro, Montoxo, Piñeiro, Régoa, San Román de Montoxo e Teixido. A capital municipal é a vila de Cedeira, situada a 43° 39’ 20’’ de latitude N e 8° 3’ de lonxitude O, 22 km ao NL de Ferrol e 127 km aoó NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ortigueira e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Cedeira está baixo o dominio climático oceánico húmido. Dentro dos subtipos galegos pertence ao do litoral atlántico do NO, caracterizado pola suavidade térmica e as abundantes precipitacións. Non obstante... -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe no topónimo homónimo. Este nome de lugar procede do latín cetaria ‘lugar onde abundan as baleas’. Como apelido documéntase no s XV: “Ferrnãdo de Çedeyra notario” (doc ano 1472 en P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 594).
-
FAMILIAS
Familia de prateiros de orixe portuguesa, asentada en Santiago de Compostela e activa nos ss XVI e XVII. O iniciador da estirpe, Jorge Cedeira o Vello, oriúndo de Guimarães, traballou en Santiago de Compostela dende 1542. Para a capela de Santa Catarina da catedral compostelá realizou un cáliz de prata dourado coas armas dos Ulloa (1542) e para a capela das Reliquias o busto-relicario de santa Paulina en 1553. Entre as numerosas cruces de prata e ouro que realizou destacan as da igrexa parroquial de Vilanova de Arousa (1552), Santiago de Viveiro (1554), Redondela (1555), Santa Baia de Camba (1561) e a capela da Corticela (1608). En 1562 participou no descubrimento e explotación de minas de ouro, prata, estaño e outros metais na zona de Corcubión e Carballo. Os seus fillos Jorge, Duarte e Luís foron tamén prateiros. Jorge Cedeira o Novo, instalado en Santiago de Compostela, realizou numerosas cruces procesionais,...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial de Cedeira construída na primeira metade do s XV. É unha mostra do gótico mariñeiro. Posúe unha única nave, con cuberta de madeira sostida por arcos apuntados levantados sobre pilastras apoiadas nos muros. A ábsida é rectangular e está cuberta por unha bóveda de crucería. A mediados do s XVI engadíronse cinco capelas laterais abertas á nave por medio de arcos de medio punto con doelas de diferentes cores. En 1666 construíuse unha nova capela lateral e engadíronse dous corpos á cabeceira (1896-1898), ao tempo que se derrubaban tres das capelas e a sancristía. Posúe planta de cruz latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ría do litoral setentrional da Comunidade Autónoma de Galicia. Ábrese entre as puntas Falcoeira, ao L, e Chirlateira, ao O. Orixinada pola acción dos ríos Donelle, do Cabo, de San Miguel, Gumil, da Veiga e Condomiñas, sobre unha litoloxía na que se alternan gneises e anfibolitas, a ría segue unha dirección xeral tectónica NO-SL, aínda que os seus fondos se ateigaron de sedimentos aluviais cuaternarios que modificaron o perfil da liña de costa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo da Concepción.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Redondela e realizada por Fernando Casas, quen contratou o proxecto no ano 1743 para reedificar un templo tardogótico do s XVI. A planta presenta unha nave rectangular de dous tramos, cuberta con bóveda de crucería e precedida dun coro alto amodo de nártice ou vestíbulo. Na cabeceira están o cruceiro, pouco desenvolvido e cuberto cunha bóveda nervada, e o presbiterio de grandes dimensións. No interior conserva o retablo maior e os laterais de estilo barroco. A fachada presenta un corpo prismático enmarcado entre dúas pilastras, no que se tentou destacar o eixe central rematado en espadana, o que aumenta a sensación de verticalidade. Está decorada con motivos xeométricos. Entre 1880 e 1884 realizáronse obras de restauración.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Cedeira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cedeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen cede.
-
-
Dar ou deixar unha cousa ou un dereito a alguén de forma voluntaria.
-
Diminuír a intensidade de algo.
-
Deixar de presentar resistencia en algo para chegar a un entendemento.
-
Afrouxar ou diminuír a resistencia de algo que estaba sometido a unha forza excesiva.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro, arquitecto e militar. Foi capitán xeneral do Reino de Galicia. Antes de chegar á Coruña, realizou algúns proxectos arquitectónicos e urbanísticos en Catalunya, como os planos da igrexa de Sant Miquel del Port, na Barceloneta (1753), e os da catedral nova de Lleida (1760). Entre 1776 e 1778 completou a urbanización da Rambla de Barcelona. En 1799 proxectou as Casas de Paredes na Coruña, onde tamén realizou o edificio do Consulado, que despois foi sede do Museo de Belas Artes. Foi membro de mérito en arquitectura da Real Academia de San Fernando de Cádiz (1768), consiliario da mesma institución (1770) e membro da Academia de Arquitectura (1774).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Formación herbácea mesta e de baixa altura que cobre unha extensión de terreo.
-
Terreo de xogo, especialmente no fútbol.
-