"Erdi" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 124.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Coñecido como Ferdinand von Richthofen, organizou unha asociación de xeografía e fundou un instituto oceanográfico. Está considerado como un dos creadores da xeomorfoloxía. Foi o primeiro científico que individualizou as rías como un tipo singular de costa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Actor, produtor e realizador cinematográfico. Xefe da produtora Pathé (1905), tras a guerra retomou en Francia a dirección da Pathé Baby. Cultivou diferentes campos dentro da realización, como o cómico, con Le chien et la pipe (1903); o fantástico, con Les sept châteaux du Diable (1901); o drama popular, con Historie d’un crime (1901); e temas literarios, como Don Quichotte (1903), e relixiosos, con La passion de Crist (1902-1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor alemán. Conde de Zeppelin, estudou na Academia Militar de Ludwigsburg e na Universidade de Tubinga. Unha vez que abandonou a carreira militar (1890), interesouse polo voo dos globos aerostáticos, e dedicouse ao deseño e á construción de dirixibles.
VER O DETALLE DO TERMO