"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Acción e efecto de arrestar.

    2. Pena de privación de liberdade dunha persoa durante un período breve de tempo, imposta polas autoridades civís ou militares.

    3. Pena prevista no Código Penal que consiste na privación de liberdade e o internamento en prisión, desde unha a vinte e catro fins de semana consecutivas, cunha duración de trinta e seis horas cada unha. Esta pena substitúe as penas de arresto maior e menor previstas no anterior Código Penal.

    4. Arresto menor que o reo cumpre no propio domicilio.

    5. Sanción administrativa, diferente da detención, que podía decretar o gobernador civil, o director xeral de seguridade ou o ministro da Gobernación en substitución do pagamento das multas. A Constitución Española, que non admite máis forma de privación da liberdade que a imposta polos xuíces ou polos tribunais, aboliu esa figura penal.

    6. Pena de reclusión aplicable á comisión de determinados delitos que pode durar dende un mes e un día ata seis meses. Esta pena prescribía aos cinco anos e xa non existe na actual lexislación penal española.

    7. Pena de carácter leve aplicable á comisión de determinadas faltas que pode durar dende un ata trinta días. O tribunal pode autorizar que o reo a cumpra no propio domicilio. Esta pena prescribía aos seis meses e xa non existe na actual lexislación penal española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xesuíta interesado pola música e a estética en xeral. Foi autor, entre outras obras, de Le rivoluzioni del teatro musicale, dalla sua origine fino al presente (A revolución do teatro musical, dende a súa orixe ata o presente, 1783), obra de fonda repercusión en Europa, na que exalta o drama musical metastasiano contrapoñéndoo ao melodrama vixente na época. Outra obra súa foi Investigaciones filosóficas sobre la belleza ideal considerada como objeto de todas las artes de imitación (1789), na que defende que a arte imita á natureza, pero non a copia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación artístico-musical creada na Estrada en 1932 que tivo continuidade ata a Guerra Civil Española. Entre os seus compoñentes estaban Antonio Fraguas y Fraguas, o musicólogo Antonio Pazo Álvarez, Avelino Durán Barros (presidente fundador) e Alfonso Isla Rubiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma ou a estrutura do asbesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer resistente ao lume, como o asbesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao asbesto ou da natureza do asbesto.

    2. Que non pode arder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de amianto, de fibras finas e paralelas, de brillo sedoso e cores tornasoladas. Fórmase á esquerda da serpentina coas fibras perpendiculares á fenda. Explótase en Quebec, Transvaal e Cimbabue, e emprégase na industria e na construción polas súas calidades de resistencia aos ácidos e á calor. A súa manipulación pode producir asbestose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose producida pola inhalación prolongada de partículas de amianto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quen asesta.

    2. No tiro, placa de madeira ou doutro material, dedicada a asestar os tiros para exercitar ou apreciar a puntería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dirixir o tiro dunha arma cara a un obxectivo.

    2. Descargar un disparo, un golpe contra alguén ou contra algún obxecto.

    3. Causar un golpe ou unha ferida a algunha cousa ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dunha planta silvestre que procede da semente dunha planta cultivada.

    2. Aplícase ao animal doméstico que fuxiu e se volveu salvaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional que ten como obxectivos impulsar o progreso económico, social e cultural dos países do SL de Asia e constituír un foro onde se discuta sobre a paz e a estabilidade da rexión. Creada en Bangkok (8.8.1967), os seus membros fundadores son Brunei, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur e Tailandia. Vietnam ingresou no 1995 e, no 1997, fixérono Laos e Myanmar. Camboxa e Papúa-Nova Guinea asisten ás xuntanzas da organización en calidade de observadores e Corea do Sur posúe un estatuto especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización moi activa nos derradeiros anos do s XIX que agrupaba un gran número de mestres da provincia de Pontevedra. En xuño de 1894 publicou Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, un xornal profesional de dez números que lle deu cobertura e apoio á Asamblea Pedagógica e á Exposición Escolar dese mesmo ano. Nesta publicación pódese observar o desenvolvemento das distintas intervencións que se produciron nestes actos. A Asociación prestou especial interese por temas relacionados cos problemas das escolas mixtas e co ensino da época en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización dos mestres de Santiago de Compostela oficialmente constituída en xaneiro de 1893 en Santiago de Compostela, aínda que a prensa xa anunciaba a súa fundación o 6 de febreiro de 1887. Pertencía ao grupo de asociacións de carácter mutualista e de socorros mutuos, é decir, de axuda benéfica e de coñecementos. Entre os seus obxectivos máis inmediatos estaban conseguir a fraternidade entre todos os ensinantes e o socorro mutuo científico e material entre os seus afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de restauradores galegos, espallados por toda España, que naceu en 1986, pola iniciativa dun grupo de propietarios de restaurantes, encabezados por Indalecio Pascual, coa idea de aunar esforzos a prol da defensa e promoción colectiva dos valores culturais e gastronómicos da cociña galega. Ata 1996 estivo presidida por José Limeres Guillé e, dende entón, ocupa a presidencia Elicio Magallanes Rodríguez. Esta asociación, que ten representantes nas catro provincias galegas e tamén en Madrid, Barcelona, Badajoz e Huelva, colabora habitualmente coa administración galega en proxectos divulgativos da gastronomía de Galicia e, dende os seus comezos, edita anualmente a revista Lareira, de contidos gastronómicos-turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creouse en Pontevedra en 1886 co obxectivo de discutir problemas profesionais e pedagóxicos. Foi a precursora do Congreso Regional de 1887 en Pontevedra, feito que marcou o inicio dunha longa serie de congresos e asembleas que se celebraron en Galicia ata o comezo da Guerra Civil. Tamén foi a iniciadora dun primeiro intento de organizar unha Colonia Escolar en Pontevedra (17 de agosto de 1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociacións que se crearon nas catro provincias galegas a finais do s XIX. Organizaron congresos, certames e exposicións para debater a situación e mellora do ensino en Galicia de principios do s XX. Participaron na Exposición Rexional Galega de 1909.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica de Pantón que pertencía a unha fundación monástica bieita e que agora é unha igrexa parroquial. Tipo de construción de nave e presbiterio únicos na que o máis salientable son as portadas e os beirados, cun traslado pouco usual dos canzorros do muro sur da nave á casa reitoral anexa. A porta norte ten o arco, lixeiramente apuntado, en bocel, sobre o que se dispoñen cinco arquiños que non abranguen toda a rosca. Os capiteis que sosteñen a arquivolta son góticos. O seu repertorio iconográfico e decorativo semellan relacionala co obradoiro xurdido en San Xoán de Portomarín, que difundiu as súas solucións pola comarca. A data de construción desta igrexa sitúase ao redor do 1225. Este monumento foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de atestar.

    VER O DETALLE DO TERMO