"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Pertencente ou propio do campo.

    2. Sen cultivar, con desniveis ou vexetación abondosa que dificulta o paso.

    3. Que nace e medra de xeito espontáneo.

    4. Que vive en liberdade na natureza e sen someterse a normas sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formar(se) unha greta ou degresa nunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Páramo, concello de Castroverde (784 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á agricultura.

    2. Que se dedica á agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor flamenco. En Francia e Italia estivo ao servizo de varios personaxes, entre eles, o arquiduque Filipe de Austria, con que se trasladou a Castela. É autor de misas e de cancións profanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome latinizado do médico e minerólogo alemán Georg Bauer, coñecido como o pai da mineraloxía. Exerceu de médico en Joachimsthal (Jáchymov), Bohemia (1527-1533) e en Chemnitz, Saxonia (1534-1555). A súa obra máis importante é De re metallica (Sobre a materia metalúrxica, 1546), que é unha descrición exhaustiva dos coñecementos xeolóxicos, mineiros e metalúrxicos do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Foi tribuno da plebe (66), pretor (68), legado de Vespasiano (74-76) e pontífice (77). Enviado por Vespasiano (77) a Britannia, baixo o imperio de Domiciano conquistou Escocia (84). A tradición di que o mandou encarcerar o propio Domiciano porque envexaba a súa fama. Morreu envelenado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o teólogo alemán Johann Schnitter. Foi un dos representantes dos luteranos no interim de Augsburgo (1548).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, teórico e organista alemán. Foi discípulo de J. S. Bach e de Johann Joachim Quantz e director da capela real de Federico II de Prusia. Escribiu óperas, oratorios, cantatas e tratados teóricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o teórico e compositor alemán Martin Sore. Foi mestre de capela en Magdeburgo. Inventou un novo sistema de anotación de laúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo, escritor e gramático finés. Discípulo de Lutero e partidario da Reforma, foi Bispo e encargouse de converter os lapóns ao Cristianismo. Fixo unha tradución do Novo Testamento (1548), que deveu en clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o humanista frisón Roelof Huysman. Introdutor das ideas renacentistas en Alemaña, a súa actividade desenvolveuse no campo da teoloxía, a poesía, a música e a pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quen cultiva ou traballa a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual de tendencia conservadora nado en 1906 na localidade de Riotorto (Lugo). Desaparecerá en 1916. Fundado por Elías Santomé, o seu director, Saturnino Santomé, Manuel Mª García Castro, Venancio Gabín e Adolfo Rivas, estaba subtitulado como “Órgano de la Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto”. Foi impulsor e pioneiro do agrarismo na provincia, amais de órgano opositor ao alcalde do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal saído en xaneiro de 1917 en Vigo como “Órgano de la Federación Agrícola del partido judicial de Vigo”. A súa tendencia era agrarista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira cooperativa constituída para o cultivo, elaboración e comercialización de viño Albariño, situada en Sisán, concello de Ribadumia (Pontevedra). Foi fundada en 1975 por Daniel Casalderrey. A súa única e primeira etiqueta é Don Bardo, viño clásico da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva Albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. A agricultura consiste na produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural -a través da selección de vexetais que melloren a produción ou resistan a factores climáticos adversos, da escolla das especies máis aptas para o consumo humano ou da mellora ou creación de solos óptimos para o emprego agrícola- cunha clara finalidade de alimentar. Neste sentido, a definición de agricultura debe incluír, tamén, os desenvolvementos científicos e técnicos que o ser humano utiliza para obter produtos vexetais e animais da máxima calidade e do máximo rendemento posibles. Así mesmo, as operacións de mercado, os estudios sociais e a fabricación das máquinas e obtención dos materiais empregados nos campos, tamén son incluídos neste concepto. Os factores que condicionaron historicamente a agricultura foron diversos. Os condicionantes naturais ou ecolóxicos (clima, relevo, substrato rochoso, tipo de solo, etc) afectan tanto ás especies seleccionadas como ás técnicas...

    2. Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a principal actividade económica en canto a ingresos. A explotación agraria encóntrase preto da vivenda familiar, adoitando ser a muller e os fillos, os que lle dedican a maior parte do tempo. Como agricultura intensiva desenvolvida en reducidas explotacións, a ATP ten unha crecente importancia en boa parte dos países da Unión Europea. É unha actividade que permite aumentar os ingresos familiares debido a que supón un aforro, resultado de non mercar os produtos que se cultivan, significando isto ingresos directos resultantes da venda dos produtos que non consumen; non obstante, élle difícil a competencia coas producións obtidas nas explotacións especializadas das economías de grande escala. A ATP é un resultado máis do proceso de urbanización e cambio económico de Galicia, sendo crecente o seu desenvolvemento, sobre todo en espacios periurbanos. Un tipo de ATP é a denominada agricultura de ocio ou...

    3. Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese; non é contraria a outras técnicas de cultivo como o traballo mecanizado da terra, a fertilización orgánica (compost e fertilizantes ecolóxicos), a rotación de cultivos e explotación axeitada do solo. Persigue o equilibrio de nutrientes no solo co obxectivo aumentar a resistencia dos cultivos a enfermidades e pragas, así como para evitar dispendio de nutrientes minerais achegados artificialmente; pretendéndose así a obtención de producións agrícolas de maior calidade e elevado valor nutritivo e unha explotación máis racional dos recursos, evitando procesos de contaminación de auga e solo, mellorando a súa fertilidade e posibilitando un aforro considerable de enerxía. A súa aparición é consecuencia da alarma social perante o deterioro ambiental debido ao uso xeneralizado de herbicidas, insecticidas, funxicidas, etc; nun segundo momento, dende mediados da década de 1970, estivo fundamentalmente...

    4. Agricultura de alta produtividade e elevada capitalización caracterizada fundamentalmente por destinar case a totalidade da súa produción á comercialización. Trátase dunha agricultura moi mecanizada, e por conseguinte con baixas inversións de traballo. Tanto o tamaño das parcelas como o seu explotamento intensivo ou extensivo, vai depender do cultivo e do subtipo de agricultura comercial da que se trate. Así no Xapón, Formosa e Malasia predomina a agricultura industrial especializada; agriculturas altamente intensivas a pequena escala son, entre outras, a de regadío do Xapón e Formosa e as plantacións frutícolas e hortícolas de Europa e de Iberoamérica; a agricultura practicada na Europa occidental e nos Dairy e Corn Belts dos EE UU caracterízase polo seu carácter mixto; as grandes explotacións hortícolas dos EE UU, Iberoamérica e Australia, as extensas terras de regadío dos EE UU ou as modernas plantacións de Iberoamérica, África, Asia meridional e Oceanía practican unha agricultura intensiva...

    5. Asociación para a explotación agrícola constituída por unha serie de persoas que se reparten decisións e responsabilidades, ao mesmo tempo que achegan, total ou parcialmente, os elementos de produción (capital) á nacente comunidade. A agricultura cooperativa é unha posible vía de superación de estruturas tradicionais en zonas de pequena e mediana explotación, xa que abre camiños a unidades máis amplas, equipadas convenientemente e, polo tanto, altamente produtivas.

    6. Tipo de agricultura a tempo parcial practicada en pequenas parcelas anexas ás vivendas, fundamentalmente nas periferias urbanas. Formula o traballo como distracción e lecer en momentos de ocio cidadán.

    7. Sistema de agricultura extensiva que a pesar dunhas escasas precipitacións non precisa achega de auga por medios artificiais. Co obxectivo de manter a humidade do solo adóitanse frecuentes barbeitos, cultivo e tratamento da terra reiterado despois das chuvias e roturación en cruz.

    8. Práctica agrícola que ten como finalidade non agredir o medio ambiente. Baséase no cultivo de variedades adaptadas ás condicións climáticas da zona, reducindo o uso de fertilizantes e de produtos fitosanitarios.

    9. Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital. A agricultura é a parte máis importante da economía de subsistencia, que tamén inclúe a gandería. A agricultura de subsistencia é unha variedade do sistema agrario tradicional na que a meirande parte da produción sedestina ao autoconsumo, sendo nulo ou moi reducido o dedicado a intercambio comercial. Asociado polo xeral a pobos subdesenvolvidos, a súa produtividade é moi baixa debido ao atraso técnico e o pouco optimizado uso da forza de traballo.

    10. Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo. Os investimentos de traballo son moi reducidos, polo que a produción depende máis da capacidade do solo que da do home, tendendo a obter un beneficio económico derivado máis do baixo prezo do custo de explotación do que dun rendemento elevado. Os baixos inputs de traballo, a reducida mecanización e a escasa fertilización son determinantes na obtención dunha produtividade reducida, do que deriva a necesidade de explotacións de gran tamaño para se achegaren os seus rendementos aos dos sistemas intensivos. Este sistema de cultivo adoita desenvolverse en territorios con baixas densidades de poboación, nos que é pouca a presión demográfica sobre o solo, sendo propia de zonas de secaño e de grandes extensións de terreo, que admiten un elevado grao de mecanización. Presenta formas de agricultura completa ou incompleta, segundo sexan explotados ou non ao máximo os recursos e as forzas...

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en marzo de 1900 en Lugo e subtitulado “Órgano de la Cámara Agrícola de Lugo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De sabor combinado agrio e doce.

    VER O DETALLE DO TERMO