"Muni" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 199.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político xurdido en 1966 dunha escisión obreirista de ETA (ETA berri), que en 1969 se transformou en Movimiento Comunista Vasco (Komunistak), e en 1972 converteuse no Movimiento Comunista de España (MCE). Adscrito ao marxismo-leninismo, propugnou a loita revolucionaria para acadar unha república popular e democrática, que recoñecese o dereito de autodeterminación das nacionalidades e reivindicase a independencia de Euskadi. Minoritaria dentro de CC OO, ten unha destacada presenza nas loitas sectoriais, das que destaca a defensa do feminismo, o pacifismo, os barrios, os homosexuais ou o ensino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movimiento Comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
río Mbini.
-
PERSOEIRO
Escultor. Realizou, con Isaac de Juni, os asentos do capítulo, que non se conservan, no mosteiro de Santa María de Montederramo entre 1595 e 1596, e tamén traballou no mosteiro de San Vicente do Pino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrado, conde de Peñaflorida. Dirixiu a Sociedad Económica Bascongada de Amigos del País, centro de pensamento ilustrado. Publicou Los aldeanos críticos (1758) e Ensayo de la Sociedad bascongada de amigos del país (1766).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do land de Baviera, Alemaña (1.194.560 h [estim 2001]). Está situada sobre unha das terrazas da ribeira esquerda do Isar, que domina unha ampla chaira sedimentaria. En 1885 Múnic tiña máis de 250.000 h, 500.000 en 1900 e en 1956 alcanzou xa o millón de habitantes. Destruída nun 40% polos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, durante os anos de posguerra tivo un período marcado pola reconstrución e por unha nova e rápida expansión. En 1972 foi sede dos Xogos Olímpicos, circunstancia que favoreceu un novo embelecemento da cidade e a construción do metro. Múnic é un gran centro industrial, cultural e de comunicacións. É o maior produtor de cervexa de Alemaña e destacan as industrias de electrónica, maquinaria, automóbiles (BMW) e editoriais. Turisticamente destacan as festas arredor da cervexa, especialmente o Oktoberfest. A cidade fundouna cara a 1158 Enrique XII de Baviera o León, duque de Baviera, no lugar dunha antiga colonia xurdida arredor dun mosteiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto subscrito na noite do 29 ao 30 de setembro de 1938 polos xefes de goberno de Alemaña (Hitler), Italia (Mussolini), Francia (Daladier) e Reino Unido (Chamberlain) sen intervención do goberno de Praga, que prevía a cesión de Sudety ao Terceiro Reich despois dun plebiscito. Antes de que este se puidese celebrar, o exército alemán ocupou o territorio o 1 de outubro de 1938.
-
-
Conxunto de equipos e provisións necesarias para un exército ou unha praza, entre outros, en tempos de guerra.
-
Carga de todo tipo de armas de fogo, calquera que sexa a súa finalidade, abater o inimigo, facer sinais, iluminar ou expandir substancias químicas ou radioactivas.
-
Grans de chumbo ou perdigóns con que se cargan as escopetas de caza menor, e que poden ser de diferente calibre, numerado do 0 ao 18.
-
-
-
Acción de municionar.
-
Servizo, xeralmente a cargo da artillaría, encargado do almacenamento, a revisión e a distribución das armas, das municións e dos explosivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prover de munición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao municipio.
-
-
Calidade de municipal.
-
Circunscrición administrativa rexida por un municipio.
-
Organismo rexedor do municipio.
-
-
-
Sistema político que pretende a maior autonomía posible para os municipios.
-
Descentralización da administración pública en favor dos municipios.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao municipalismo.
-
Partidario do municipalismo.
-
-
-
Acción e efecto de municipalizar.
-
Procedemento previo para a xestión directa de servizos de carácter económico, mercantil ou industrial por parte dos municipios. Pode establecerse en réxime de monopolio ou de libre competencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asignar un servizo público, que estaba en mans privadas, ao municipio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición de segunda orde de Portugal. Defínese como agrupación das freguesías e goza dun réxime xurídico baseado na institución municipal romana. A Constitución portuguesa de 1976 substituíu a denominación de concelho pola de município.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Vilagarcía de Arousa a partir de 1889. Subtitulouse “Periódico de intereses morales y materiales” e saíu publicado todos os xoves. Redactado en castelán, incluíu poemas en galego.