"Mur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

    1. Facer perder a frescura e a louzanía a unha planta, cereal, hortaliza ou a un órgano vexetal, a causa da deterioración do sistema radical, provocado, principalmente, polo ataque de fungos parasitos, pero tamén, noutros casos, por insectos ou ácaros. Maniféstase externamente pola descoloración das follas e pode provocar a morte da planta.

    2. Facer perder a alguén o bo aspecto físico debilitando as súas forzas e o ánimo.

    3. Perder, unha planta ou un órgano vexetal, a turxescencia por falta de auga ou por outras causas fisiolóxicas.

    4. Perder unha persoa o bo aspecto físico e a súa vitalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kabalega Falls.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo escocés. Presidente da Geological Society of London e director do Servizo Xeolóxico da Gran Bretaña, foi coñecido sobre todo polo feito de establecer a subdivisión do Silúrico. Escribiu The Silurian System (1839) e The Geology of Russia in Europe and the Ural Mountains (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que perdeu a frescura e o brillo.

    2. Que perdeu a enerxía, o ánimo ou o vigor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Comunidad Autónoma de la Región de Murcia (370.745 h [2001]). De orixe musulmá e situada orixinariamente á esquerda do río Segura, conservou o seu carácter medieval ata mediados do s XIX, cando iniciou a súa expansión urbana coa formación do novo barrio do Carmen. O seu crecemento foi impulsado, en gran parte, pola construción do ferrocarril, que deu saída aos produtos da horta. Grazas a isto, o municipio de Murcia rexistrou un crecemento demográfico notable, de 111.539 h que tiña en 1900, pasou a 158.724 h en 1930, e a 249.738 h trinta anos despois. Nos primeiros anos do s XXI, a cidade continuou a medrar cara ao N e ao L. O núcleo antigo céntrase nas rúas de Platería e Trapería, onde están os monumentos artísticos principais. Durante os reinos de taifas pasou sucesivamente a diversas dinastías, en 1078 caeu baixo o dominio da Taifa de Sevilla, e máis tarde baixo os imperios almorábide e almohade, ata que en 1244 pasou a Castela polo Tratado de Almirra (1244), ratificado pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade autónoma de España, constituída pola provincia homónima (11.317 km2; 1.197.646 h [2001]). Limita ao N coas provincias de Albacete e Alacant, ao S co Mar Mediterráneo, ao L coa provincia de Alacant e o Mar Mediterráneo e ao O coas provincias de Almería, Granada e Albacete. A súa capital é Murcia.
    Xeografía física
    O relevo é variado e complexo. Todas as montañas son de idade alpina e forman parte do extremo nororiental das cordilleiras Béticas. As principais cadeas, as serras de Espuña e Quípar, están formadas por materiais secundarios, terciarios e cuaternarios. A Penibética remata no cabo de Palos e abrangue as serras litorais de Almenara, Mazarrón e Cartagena. No interior atópanse as serras Subbéticas, e as serras de Carrascoy, Espuña e Taibilla. A principal conca interior é a do val Sangonera-Segura, que provén da provincia de Almería, atravesa Murcia e finaliza en Oriola (Alacant). Outras depresións importantes son as de Yecla,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino musulmán anexado á Coroa de Castela durante a Reconquista. Tras a conquista musulmá da Península Ibérica, unha parte do seu territorio quedou incorporada ao reino de Tudmir, coa cidade de Murcia como capital (despois de Orihuela). Co desmembramento do Califato de Córdoba, Murcia foi sede da Taifa do mesmo nome, incorporada ás veces á Taifa de Almería ou á de València. Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad ibn ‘Ā’iša incorporouna ao Imperio Almorábide; á caída deste entronizouse ’ibn Mardaniš (1147-1172), quen, coa alianza de Afonso VII, freou a ofensiva almohade. Aínda así, logo de diversos golpes de estado e intentos de supervivencia, o Reino de Murcia caeu (1266) baixo Xaime I de Aragón, quen o entregou, segundo establecía o Tratado de Almirra, ao seu xenro Afonso X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de fandango propia das terras de Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Murcia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Murcia.

    3. ariedade lingüística do castelán propia  de Murcia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Musicólogo, crítico da arte e crítico literario, cultivou a poesía, a novela curta, o conto e a tradución de poetas anglosaxóns como M. Wilson e R. Eberhart. Da súa extensa obra destacan os libros de poesía Un día más o menos (1963, Premio Ciutat de Barcelona), Este claro silencio (1970, Premio Nacional de Poesía), Del tiempo y soledad (1978, Premio Francisco de Quevedo) e La bufanda amarilla (1985), a novela curta Cartas a Tobby (1972) e o libro de contos El mar sigue esperando (1982, Premio Nacional de Literatura Infantil). É membro correspondente da Academia Venezolana de la Lengua (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela o 19 de decembro de 1885. Subtitulado “Avechucho semanal, republicano, casi-serio y nocturno”, o seu ton foi satírico e mordaz. Manifestou o seu apoio ao xefe do partido democrático-progresista, Manuel Ruíz Zorrilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que perdeu a frescura e o brillo.

    2. Capa de fungos que se cría na materia orgánica en descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. De carácter perfeccionista, iniciou a súa carreira co traballo crítico Sartre, Romantic Rationalist (1953). Como novelista destacan as súas obras Under the Net (1954), The Flight from the Enchanter (1956), The Unicorn (1963), The Black Prince (1973), The Sea, The Sea (1978), The Good Apprentice (1985), The Message to the Planet (1989) e Jackson’s Dilemma (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario da comunicación australiano. Naturalizado estadounidense, formouse en economía, historia e filosofía na Oxford University. Propietario do grupo News Corporation, controla diversas empresas de comunicación en varios países do mundo, como os xornais The Times e The Sun, e o semanario News of the World. En 1985 adquiriu a 20th Century Fox e posteriormente desenvolveu a televisión dixital en Europa a través de Newco. Ademais, creou a Phoenix Satellite Television para a emisión por cable en China e a canle Fox News Channel para EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo estadounidense. Fundador da revista Ethnology, realizou estudos comparativos da cultura de diversos pobos e sociedades. Expuxo as súas achegas en On Social Struture (1949), Outline of World Cultures (1954) e, a súa obra principal, Ethnographic Atlas (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecánico escocés. Despois de observar que os gases producidos pola combustión incompleta do carbón mineral ao arder daban moita luz, fixo a primeira instalación de luz de gas na súa casa, mediante unha caldeira e un cano de chumbo que chegaba a todos os cuartos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘traballar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Macromolécula formada por cadeas de glícidos nitroxenados e oligopéptidos que é exclusiva das eubacterias, en que se atopa formando parte esencial da parede celular. Dálle a forma á célula bacteriana e faina resistente á presión osmótica. OBS: Tamén se denomina glicopéptido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trampa para pillar ratos.

    2. Buraco onde se agochan os ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estratega romano. Gobernador de Asia, provocou a segunda guerra contra Mitridates VI do Ponto (83-81 a C) e, logo de recibir a axuda de Lucio Cornelio Sula, conseguiu o triunfo. O seu fillo Lucio Licinio Murena deulle o nome á Lex Licinia Iula sobre a notificación das propostas de lei.

    VER O DETALLE DO TERMO