"NOT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 284.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos calvinistas franceses, e máis concretamente aos do movemento político-relixioso francés de inspiración calvinista configurado a partir de 1547. A adhesión ao calvinismo de persoeiros como Antonio de Borbón, rei titular de Navarra, o príncipe de Condé e o almirante de Coligny, entre outros, proporcionoulle ao calvinismo unha poderosa influencia política. A rexencia de Catarina de Medici acentuou a dimensión política do calvinismo na pugna cos Guise, abandeirados do catolicismo. Así principiaron as Guerras de Relixión. A Conxura de Amboise (1560), contra os Guise, provocou os primeiros derramamentos de sangue, acougados co coloquio de Poissy. Novas matanzas no ano seguinte, principiadas polos Guise, provocaron a reanudación da guerra, que se prolongou ata 1598, cando o Edito de Nantes lle concedeu aos hugonotes liberdade de culto (agás en París), así como o recoñecemento de todos os dereitos civís dos que gozaban os católicos. A reacción antiabsolutista nos primeiros...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é descoñecido, especialmente unha terra.
-
-
Tratamento preventivo de determinadas enfermidades mediante a aplicación de soros específicos que conteñen anticorpos.
-
Tratamento realizado co propósito de alterar o sistema inmunitario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao que posúe inotropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facultade de influír na capacidade contráctil das fibras musculares, sobre todo das cardíacas. Cando se favorece a contractilidade fálase de inotropismo positivo, e cando se debilita, de inotropismo negativo.
-
-
Método terapéutico que consiste na introdución de ións de sales solubles nos tecidos orgánicos mediante corrente eléctrica.
-
Tratamento mediante raios ultravioletas.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (9.755 km2; 257.933 h [1995]). A súa capital é Jinotega (30.824 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. Coñeceu a Napoleón I Bonaparte no Sitio de Toulon e distinguiuse nas campañas de Italia e Exipto, onde acadou o grao de xeneral (1798). Gobernador de París (1804) e embaixador en Lisboa (1805), dirixiu o exército que ocupou Portugal (1807), polo que recibiu o título de duque de Abrantes e foi nomeado gobernador do país. Vencido por Arthur Wellesley en Vimeiro (1808), tivo que capitular en Sintra e abandonar Portugal. Malia que xa manifestaba síntomas de demencia, Napoleón confioulle o goberno das Provincias Ilirias (1813) e suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tubo electrónico de baleiro empregado xeralmente para a rectificación de correntes alternas de feble intensidade e de alta tensión.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e xardineiro. Creou o tipo de xardín francés e utilizou os efectos de auga no deseño de xardíns, sempre de perspectiva aberta. Traballou nas Tulleries (1637), en Vaux-le-Vicomte (1655-1661) e Versailles (1661-1700), entre outros palacios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manual notarial.
-
-
Arte de compor con linotipo.
-
Composición feita con linotipo.
-
Obradoiro onde está o linotipo.
-
linotipo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á linotipia ou ao linotipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai a composición tipográfica cun linotipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina de composición tipográfica que funde ao momento o metal en pezas que conteñen todas as letras dunha mesma liña. Foi inventada en 1886 polo alemán Ottmar Mergenthaler e contituíu unha revolución no mundo tipográfico. Consta dun teclado de 90 pezas onde se aliñan as matrices. Comprimindo as teclas libéranse as matrices correspondentes que caen ao compoñedor; de aí van ao primeiro elevador, que as recúa e as pon diante do molde, momento en que os espaciadores xustifican a liña. Posteriormente inxéctase o metal derretido (unha aliaxe de chumbo, estaño e antimonio) para formar unha liña-lingote.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relicario con forma de caixa ou arqueta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbario de liques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica da iluminación, con luz artificial, de espacios abertos e pechados e con fins funcionais ou artísticos. Fundaméntase na fotometría, na estética e nos principios fisiolóxicos e hixiénicos da visión. A luminotecnia emprega diversas magnitudes fotométricas, como a cantidade de luz, o fluxo luminoso, a intensidade luminosa, a iluminación, a luminancia e o rendemento luminoso. Tamén emprega conceptos, como o plano de traballo, o factor de utilización, o de uniformidade ou o índice do local. A luz artificial pode ser producida termicamente (por incandescencia, arco, combustión de gases) ou sen produción de calor (por fluorescencia, descarga gasosa) e para obtela empréganse as lámpadas. Para estudar e proxectar unha instalación luminotécnica cómpre analizar diversos aspectos, como a reflexión da luz, ao pasar dun corpo ou medio a outro; a absorción de luz por parte dos diferentes materiais, e a difusión ou reflexión irregular, en diversas direccións. O reparto...
-
-
Relativo ou pertencente á luminotecnia.
-
Persoa especialista en luminotécnia.
-
-
PERSOEIRO
Lexislador, filósofo e moralista francés. Escribiu De la législation ou principes des lois (1776), obra na que propugnou o establecemento dun tipo de sociedade próxima á ideal e Entretiens de Phocion sur le rapport de la morale et la politique (1768), onde denunciou a distribución inxusta dos bens.
VER O DETALLE DO TERMO