"Nava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 149.

  • PERSOEIRO

    Filólogo, escritor e tradutor. Doutor en Filoloxía Galega e profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. As súas principais investigacións filolóxicas céntranse no estudo da onomástica e da toponimia. Colaborador do Instituto Geográfico Nacional para a revisión da toponimia na cartografía de Ourense e Pontevedra (1984) e asesor de toponimia na Enciclopedia Galega Universal (EGU), pertence á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia e á Asociación Galega de Onomástica. Ademais, foi codirector do proxecto Toponimia de Galicia e coordinador da área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia. Colaborou coas revistas Vagalume e Dorna, elaborou a edición crítica de Longa Noite de Pedra (1990), de Celso Emilio Ferreiro, e realizou traducións de obras de Jack London, A chamada da selva (1982); Georges Perec, Robert Graves ou Conan Doyle; a versión ao galego da obra deste último autor O can dos Baskerville (1988) valeulle a concesión do Premio Ramón Cabanillas de Tradución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e auditor. Foi socio de Deloitte&Touche, socio-director para Galicia de Ernst&Young e profesor asociado da Universidade de Vigo. Exerceu como decano e presidente do Ilustre Colexio de Economistas de Pontevedra, tesoureiro do Consejo General de Colegios de Economistas de España e vicesecretario da Unión Profesional de Galicia. Membro do Registro Oficial de Auditores de Cuentas, escribiu colaboracións para revistas especializadas como El Informe del auditor y la continuidad en la empresa (1998) e Riesgo y auditores (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Redactor de opinión de El Correo Gallego, foi xefe de prensa da Xunta de Galicia, presidente da Asociación da Prensa de Santiago, director da revista Abesana e cofundador de Teima. Foi tamén creador e impulsor dos programas Saber e xogar e Romarías e Etcétera (1989) da TVG, e da publicación Xornal Diario (1991). Participou na publicación de Cultura y medios de comunicación en sociedades dependientes (1982) e escribiu Disparos (1989), El Correo Gallego: Doce décadas de periodismo en Galicia (1991) e Sumud. Conversa con Palestina (2003). Recibiu o premio extraordinario Galicia de Xornalismo (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Locutora e condutora de programas de TVE en Galicia, foi membro do Consello de Administración da RTVG, locutora da Cadena SER ata 1980 (Hora 25, Matinal Cadena SER e correspondente da SER en Galicia), ademais de colaborar en La Voz de Galicia e pertencer á redacción da revista Andaina. Participou na elaboración de Cultura e medios de comunicación nas sociedades dependentes (1982) e Rosalía de Castro: unha obra non asumida (1985). Recibiu o Premio Nacional de Radio polo seu traballo na SER.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no val de Retortillo e regado por diversos afluentes do Carrión (2.342 h [2001]). É un mercado comarcal con agricultura e gandaría. Posúe industria alimentaria e téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadadora. Foi campioa de España no estilo de bolboreta en 100 m (1992, 1997 e 2003), 200 m (1997 e 2003) e 500 m (1997). Conseguiu a medalla de ouro en 200 m bolboreta nos Campionatos de Europa de Sevilla (1997) e en 100 m bolboreta na Copa do Mundo de Moscova (1997). Tamén gañou a medalla de prata en 200 m bolboreta na Copa do Mundo de Moscova (1997), nos Campionatos de Europa de Istambul (1999) e na Copa do Mundo de París (2001). Olímpica en Barcelona (1992), Atlanta (1996), Sydney (2000) e Atenas (2004), recibiu a medalla de prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1828-1861). Sucedeu ao seu home Radama I de Madagascar (1828) e perseguiu os cristiáns e os europeos a instancias dos aristócratas malgaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1868-1883), muller de Radama II de Madagascar. Sucedeu a Raíña Rasoherina (1868). Convertida ao protestantismo, asinou diversos tratados de cooperación con Francia e Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Madagascar (1883-1897). Sucedeu a súa curmá Ranavalona II de Madagascar. Polo tratado de 1885 cedeu a Francia a dirección exterior do reino e en 1895 aceptou o protectorado francés. Acusada de conspiración, foi destronada e deportada a Alxer en 1897.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña e, pensionado pola Deputación da Coruña, na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Especial de Paisaxe do I Concurso Provincial de Pintura da Deputación da Coruña   en 1962, con Vista de Betanzos, e a terceira medalla en 1963 con Ciudad de las grúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (1000-1035) e conde de Aragón (Sancho II; 1000-1035), de Ribagorza (Sancho I; 1017-1035) e de Castela (Sancho II; 1029-1035), fillo e sucesor de García III. Casou con Munia, chamada tamén Maior, herdeira dos condados de Castela e Ribagorza. Aproveitou a morte do conde Guillerme II de Ribagorza (1017) para apoderarse de Sobrarbe, a parte central de Ribagorza (1017-1018) e do resto do condado (1025?). Cando Sancho I de Castela foi asasinado polos Vela en León (1029), fixo valer os dereitos da súa muller e ocupou Castela. Reivindicando as terras situadas entre os ríos Pisuerga e Cea, loitou contra o novo rei leonés Vermudo III e ocupou León (1034), Zamora e Astorga. Introduciu a regra beneditina nos mosteiros das súas terras e a teoría sobre a orixe divina da potestade real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1054-1076), fillo e sucesor de García V e de Estevaíña de Bigorra. Proclamado rei despois da Batalla de Atapuerca, tivo que xurar vasalaxe a Fernando I de León e Castela. Coa axuda de Sancho I de Aragón, loitou contra Sancho II de Castela na chamada Guerra dos Tres Sanchos (1067). Ao someter a al-Muqtadir de Zaragoza, provocou a intervención de Afonso VI de Castela, aliado do zaragozano, que invadiu La Rioja (1074). Vítima dunha conxura dirixida polos seus irmáns Ramón e Ermesinda, morreu asasinado, e Sancho I de Aragón converteuse en rei de Navarra (Sancho V).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sancho I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1150-1194, fillo e sucesor de García VI e de Margarida. Os seus conflitos con Aragón e Castela iniciáronse a raíz do Tratado de Tudellén (1151), no cal Ramón Berenguer IV e Afonso VII de Castela acordaron repartirse o reino navarro. Xestionou o matrimonio da súa irmá Branca co infante castelán Sancho (futuro Sancho III) e asinou a paz con Castela (Soria 1153), pero os conflitos fronteirizos continuaron e os casteláns obtiveron La Rioja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1194-1234), fillo de Sancho VI e de Sancha, filla de Afonso VII de Castela. Pactou cos leoneses e os almohades contra Castela e tivo que facer fronte á alianza de Castela e Aragón contra Navarra (Calatayud, 1198). Reconciliado cos dous reinos, participou na cruzada contra os almohades que culminou na Batalla de Las Navas de Tolosa (1212).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor. Estudou con D. Alard en París e actuou por Europa e América. Das súas obras destacan Aires bohemios (1863), Danzas españolas (1878), Muiñeira op.13 (1885), Jota de San Fermín (1894) e Zortzico (1898). Recibiu o primeiro premio do Conservatoire de París (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1908 dedicada á construción naval. Coñecida como La Naval, as súas orixes están nunha normativa para a reconstrución e modernización da armada española do 7 de xaneiro de 1908 pola que o goberno lle adxudicou o concurso para realizar o Plan de Escuadra Ferrándiz. A sociedade estaba formada maioritariamente por capital español, pero cunha importante presenza británica que representaba o 40% do capital. En xuño de 1909 produciuse o arrendo dos arsenais e estaleiros de Ferrol e Cartagena á empresa construtora. Durante o primeiro terzo do s XX monopolizou a construción naval en España, inspirada en buques da Royal Navy. Despois dun período de expansión e prosperidade, a Primeira Guerra Mundial supuxo un colapso na construción naval, que se recuperou na década de 1920 ata a crise de 1929. Na Segunda República atravesou dificultades económicas. Despois da Guerra Civil, en 1947 creouse, a partir dela, a Empresa Nacional Bazán de Construciones Navales Militares SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela escrita por Antonio López Ferreiro e publicada por entregas en 1894 no xornal El Pensamiento Gallego. O autor introduciu no seu inicio un “Aviso ao bondadoso lector”, onde reflexiona sobre cuestións lingüísticas e o obxectivo do libro. A historia transcorre en Santiago de Compostela entre 1543 e 1546, e narra un enfrontamento entre os poderes civil e eclesiástico, atmosfera na que ten lugar unha historia de amor entre a filla dunha tecedeira, un criado e un escribán. O autor pretendeu transmitir a idea de que os problemas de Galicia viñan do centralismo da administración castelá. Escrita en galego na época do Rexurdimento, contribuíu á modernización da novela na literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1234-1253) e conde palatino de Champagne (Teobaldo IV; 1021-1253) e de Brie, fillo póstumo do conde Teobaldo III de Champagne e de Branca de Navarra. Á morte de Sancho VII de Navarra foi nomeado rei de Navarra pola nobreza navarra. Iniciouse así a dinastía francesa de Champagne. Ordenou a elaboración dun Cartulario Magno e, probablemente, iniciou o Foro Xeral de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO