"Oín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Recibiu o Prix de Rome (1764-1768). Foi un grande anatomista, feito que reflectiu entre outras obras en L’Écorché (1766) e Diane (1781) e nos retratos que fixo da burocracia intelectual. Foi autor, entre outros, dos bustos de Diderot (1771), Sophie Arnould (1775), Franklin (1778) e Voltaire (1788). En 1785 realizou unha estatua de George Washington para o Capitolio de Virginia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de anticorpos con antíxenos doutros individuos da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de dúas ou máis sociedades para realizar un negocio común, compartindo riscos e beneficios segundo as porcentaxes acordadas. Referido normalmente a un acordo internacional de cooperación, é un importante instrumento de colaboración interempresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Santa Catarina, Brasil (397.951 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista francés. Pertencente a unha ilustre familia de Champagne, foi senescal de Teobaldo IV de Blois e logo confidente e conselleiro do Rei Luís IX de Francia, a quen acompañou na Sétima Cruzada (1248-1254). Apresados polos mamelucos (1250), obtivo dos templarios o préstamo necesario para o rescate dos seus efectivos. Negouse a participar na Oitava Cruzada, que fracasaría ante Tunes (1270). Redactou (1304-1309), baixo petición da Raíña Xoana I de Navarra, as súas Mémoires du sire de Joinville (ou Histoire de Saint Louis), para a instrución de Luís X. A obra é un testemuño de gran valor histórico sobre a Francia feudal, a Sétima Cruzada, e, fundamentalmente, sobre o rei morto nela, de quen ofrece unha imaxe positiva, aínda que ás veces se mostre crítico. Escrita en estilo sinxelo e con ocasionais toques de humor, non descoida o detalle psicolóxico. Foi un dos primeiros memorialistas en integrar o diálogo no relato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Creou un método para clasificar as plantas que completaba e melloraba o de Linné.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Serra Leona, na provincia Setentrional (12.121 km2; 183.286 h [1985]). A súa capital é Kabala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo que serve para designar a lingua grega que, baseada no dialecto ático, se falou no Mediterráneo a partir da época de Alexandre o Grande.

    2. Lingua común, xeral e, en oposición a dialecto, de carácter uniforme que se presenta en todo o territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Secretario e preceptor de moitos membros da alta nobreza, escribiu numerosas obras didácticas e unha divertida novela de costumes, Histoire du petit Jehan de Saintré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Desenvolveu a teoría correcta da combustión, desterrou a vella idea do floxisto e fixo nacer a química moderna baixo o principio da conservación da materia. Perfeccionou os experimentos de Cavendish e de Priestley, obtendo o “aire inflamable” e o “aire vital”, que denominou hidróxeno e osíxeno, respectivamente. Sinalou que son os dous compoñentes da auga, que descompuxo e despois sintetizou no laboratorio en colaboración con Meusnier en 1785. Tamén demostrou que o aire atmosférico non é un corpo simple, senón unha mestura de osíxeno e nitróxeno, e interpretou correctamente a natureza composta dos ácidos sulfúrico, fosfórico e outros. Finalmente, aplicou os seus coñecementos químicos na fisioloxía, feito que permitiu esclarecer o mecanismo da respiración e da combustión interna dos seres vivos. Entre as súas obras destacan a obra colectiva Méthode de nomenclature chimique (1787), onde contribuíu decididamente a poñer as bases da nomenclatura química actual,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor francés. Coñecido como Frédérick Lemaître, comezou a súa carreira nos teatros de variedades, onde participaba nos máis diversos espectáculos. Despois de tres anos no Odéon, onde representou papeis menores, en 1924 participou na posta en escena do melodarama L’Auberge des Adrets no Théâtre de l’ Ambigu. Coa chegada do drama romántico realizou diversos espectáculos nos teatros Odéon, Porte-Saint-Martín, Ambigu, Folies Dramatiques e Varietés, particularmente con obras de Victor Hugo e Dumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fracción que se obtén da destilación do petróleo, formada sobre todo por heptanos e octanos. OBS: Tamén se denomina nafta de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudiou os movementos vibratorios e introduciu as coñecidas curvas de Lissajous. Débeselle un dispositivo óptico que foi adaptado posteriormente por Helmholtz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secuencia de instrucións que pode ser definida polo usuario e executada cunha única orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘cheminea’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á nai e ao fillo.

    2. Hospital especializado na atención ás mulleres embarazadas e aos nenos pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indoeuropeísta francés. Discípulo de Michel Bréal e Ferdinand de Saussure, escribiu obras sobre o grego e o latín, ademais doutras de divulgación, pero destaca, sobre todo, pola súa contribución ás linguas eslavas e ao armenio. Aplicou amplamente o concepto saussuriano da sincronía (Grammaire de la langue polonaise, 1921) e insistiu no carácter social do feito linguístico. Da súa produción destacan Altarmenisches elementarbuch (1913), Les langues dans l Europe nouvelle (1918) e Le slave commun (1924)..

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Coñecido como Merlin de Thionville, foi deputado da Asemblea Lexislativa (1791) e da Convención e decretou a confiscación dos bens dos emigrantes monárquicos e a deportación dos clérigos refractarios. Contribuíu á caída de Robespierre e foi membro do Consello dos Cincocentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés, conde de Douai. Coñecido como Merlin de Douai, foi deputado nos Estados Xerais (1789) e conseguiu a abolición do dereito de primoxenitura. Membro xacobino da Convención Nacional e do Comité de Salvación Pública, foi ministro de Xustiza (1795-1797) e formou parte do Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO