"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • Sarcoma no que a proliferación celular deriva dos elementos conxuntivos dos vasos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aparcamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aparcar.

    2. Lugar destinado a estacionar vehículos, pode ser subterráneo ou ao aire libre.

    3. Proceso automático polo que as cabezas de lectura e escritura dun disco duro son situadas sobre a superficie do mesmo de xeito que non a danen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar colocado transitoriamente un vehículo nun lugar destinado a este fin.

    2. Deixar algo de lado ou apartado para ocuparse del noutro momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Home de negocios, funcionario real e xeógrafo. Serviu a Carlos II (1688-1700) como axudante do tesoureiro e ocupouse da organización e abastecemento do exército. Foi cuarto conselleiro de Barcelona (1699), serviu logo á causa da dinastía borbónica e interveu no donativo das Cortes ao Principado (1701 e 1706). Propugnou a mellora da organización financeira de Catalunya, a creación dun porto franco en Barcelona e a industrialización do país catalán. Tras viaxar por toda Catalunya elaborou un mapa que dedicou a Filipe V (1720) no que se describían xa as fronteiras dos correxementos sobre as demarcacións das veguerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto consciente de recoñecer o obxecto percibido. A distinción entre apercepción e percepción foi establecida por Leibniz, quen afirmou que existen percepcións vagas que non eran obxecto de reflexión; recollendo esta diferencia, introduciu a denominación apercepción para designar as percepcións acompañadas de consciencia.

    2. Proceso polo que son actualizadas as lembranzas desencadeadas por unha percepción, completándoa e mesmo deformándoa. A esaxeración patolóxica da apercepción toma o nome de alucinación aperceptiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á apercepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apercibir.

    2. Facultade de apercibir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Informar a alguén sobre algo que debe ter en conta.

    2. Censurar ou amoestar a alguén por algo incorrecto ou mal feito, poñéndolle unha sanción ou informándoo sobre as consecuencias que derivan do seu comportamento ou acción.

    3. Darse de conta de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrimar terra ao talo das plantas.

    2. Enterrar unha póla dunha árbore coa intención de que bote raíces e conforme unha nova planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e deseñador gráfico. Licenciado en Filoloxía Hispánica. Logo de traballar no ensino e como redactor de varios xornais e publicacións (Orense Diario, La Región, Gente de Mundo, Horentur), comezou a desenvolverse no mundo do deseño gráfico, pintura e ilustración. Participou na exposición colectiva de pintura Arte Xove Galega (Vigo, 1996), e expuxo individualmente en Ourense (1988 e 1991) e Santiago de Compostela (1990 e 1998). Entre as súas publicacións destacan O rei Kabul (1999), con textos de Max Jacob.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora. Foi profesora de Procedementos e Técnicas na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Barcelona. Da súa andaina profesional cómpre salientar os seguintes títulos: La Bruixa que va perdre un secret (A bruxa que perdeu un segredo, 1994); Un nuvol lila (Unha nube lila, 1995); Una medecina per no plorar (Unha medicina para non chorar, 1995); Silenci que pugen (Silencio que soben, 1996); Qui passa primer? (Que pasa primeiro?, 1997); La Marmota espabilada (A marmota espilida, 1997); Tengo una abuela diferente a las demás (1998) e El Conde Drácula en Australia (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira rectangular con tapadeira, onde se garda a roupa, o gran dos cereais ou calquera produto de consumo doméstico.

    2. Lugar onde se gardan os cartos.

    3. Parte do corpo delimitada polo costeleiro. OBS: Tamén se chama “arca do peito”.

    4. anta.

    5. Nos antigos fornos de vidro, designación xenérica dos fornos accesorios que rodeaban o forno de fusión e que se quentaban coa calor perdida por estes. Conservouse o termo para designar os fornos de recocer, substituídos por túneles nas fabricacións continuas.

      1. arca de Noé

        Segundo a Biblia (libro da Xénese), navío que construíu Noé por mandato divino para poder salvarse do Diluvio Universal coa súa familia e cunha parella (macho e femia) de animais de cada especie.

      2. arca marmórica

        Nome do lugar no que o Breviarium apostolorum (s VI) sitúa o enterramento do Apóstolo Santiago; sen embargo, a Concordia de Antealtares (1077), na que se reconstrúe a descuberta do sepulcro (ocorrida no 820 ou no 830), non fai referencia a ese topónimo. Algúns autores formularon unha posible relación entre Arca Marmarica e Amaia Tamarica, preto de Compostela. Non obstante , outros estudiosos defenden que o topónimo locus arcis marmoricis, que alude a un lugar con arcadas marmóreas (o edículo onde foi descuberto o Apóstolo), é a propia Compostela.

      3. arca da alianza

        Cofre de madeira de acacia revestido de ouro, destinado a conter as Táboas da Lei cos mandamentos de Deus ao pobo de Israel, considerado como a proba da presenza de Deus entre o seu pobo. Segundo a Biblia, foi construída por Moisés ao pé do monte Sinaí e logo colocouse no sancta sanctorum do templo de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Monte, no concello de Toques, de 733 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada no litoral da parroquia e concello de Burela, situada entre o Portiño das Pombas ao L e a punta de Ancares ao O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira, situada entre a de Covasa ao O e a praia de Celeiráns ao L, na marxe N da ría de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos lamelibranquios da familia dos árcidos. Na fase adulta viven fixados ás rochas mediante un biso en augas mariñas, especialmente tropicais. Coñécense fósiles deste xénero dende o Silúrico inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, escritor e director do museo estradense Manuel Reimóndez Portela. Escribiu as pezas teatrais Os reis de Panchito (1973), Pedriño (1992), O entroido no Ulla (1995), Waldo Álvarez Ínsua (1997), Canteiros de Cuntis (1998) e Emigrantes sobranceiros (1998), entre outros títulos. Recibiu diversos premios de teatro escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO