"Rafael" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 122.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Xeneral (1973) e comandante en xefe do exército (1975), en 1976 dirixiu un golpe de estado que derrocou a María Estela Martínez de Perón e asumiu a presidencia do país. Instaurou unha ditadura. ; As actividades represoras e as tensións entre os diversos grupos das forzas armadas provocou que fose afastado do cargo (1981), e condenado pola Corte Suprema de Justicia (1986) á inhabilitación perpetua e a destitución do grao militar. Foi indultado en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Traballou no servizo de normalización lingüística da universidade compostelá e como asesor lingüístico da TVG. Colaborou no poemario Ao mar de adentro (1998) e escribiu os relatos “Realmente Inês...” (1990) ou “A busca ou a burla” (Premio Curuxa de Humor Literario, 1991). Publicou Liques da memoria (1993, Premio de Poesía Fermín Bouza Brey 1992), O devalo do mar (1994), A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou sombra (1997, Premio Cómaros Verdes) e Días de Sherezade (1999).
VER O DETALLE DO TERMO