"Tm" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 131.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación coa que tamén son coñecidos os faraóns de nome Tuthmosis.
-
SIGLAS
Sigla de Universal Transversal Mercator, nome inglés da proxección Universal Transversal de Mercator.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (6.302 km2; 261.005 h [2004]). A súa capital é Västerås.
-
PERSOEIRO
Físico holandés. Profesor na Universidade de Utrecht, en 1999 recibiu, xunto con Gerardus’t Hooft, o Premio Nobel de Física polo descubrimento da estrutura cuántica das interaccións electrodébiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade inglesa de Middlesex que constitúe un barrio central de Londres. Arredor da antiga abadía de Westminster reúnense os edificios máis importantes da cidade como o Parliament, Buckingham Palace, Saint James’ Palace, Law Courts, Whitehall ou a National Gallery. Os edificios da abadía (ss XI-XIII) foron iniciados en 1050 por Eduardo III de Wessex. Panteón real, nela coróanse tradicionalmente os reis ingleses. O Parliament é unha reconstrución do s XIX en estilo gótico Tudor. O palacio, a abadía e a igrexa de Saint Margaret’s foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que instituíu a Commonwealth of Nations. Preparada pola conferencia imperial de 1927, foi aprobada polo Parliament británico o 11 de decembro de 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza entre Inglaterra e Prusia, asinada en Westminster o 16 de xaneiro de 1756. Ao provocar, como reacción, a alianza entre Francia e Austria (Tratado de Versailles, 1756), implicou a inversión de alianzas que levou á Guerra dos Sete Anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (807 km2; 137.700 h [estim 1999]). A súa capital é Savanna-la-Mar (16.600 h [1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en Inglaterra, en 1397, a Ralph Neville (?-1425), cuarto lord Neville of Raby e mariscal de Inglaterra, cuñado do futuro Rei Enrique IV. En 1624 foi concedido a sir Francis Fane (?-1629), barón de Burghersh e lord Despense. O título continúa na familia Fane.
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi editor do diario Brooklyn Eagle (1846-1948). Escribiu o poemario Leaves of Grass (1855), que ampliou en sucesivas edicións ata a súa morte, e no que conseguiu unha renovación drástica da poesía estadounidense pola súa dicción distinta, os seus ritmos irregulares e o tema autobiográfico, o que o converteu no cantor dun país novo, cunha gran fe no poder da democracia e na iniciativa privada. En prosa escribiu Specimen Days (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (685-711), fillo de Constantino IV Pogonato. Vencido nunha revolta provocada pola súa política antiaristocrática, exiliouse pero volveu coa axuda dos búlgaros (705) e comezou unha dura vinganza, que causou unha nova rebelión.
VER O DETALLE DO TERMO